O Dumbría abre a campaña das Ligas Autonómicas base


Esta fin de semana debutaban na casa os equipos de cadete e infantís do Dumbría. Moia espectación está atraendo o equipo da División de Honra Cadete, e máis con este espectacular comezo, xa no máis alto da táboa, empatado co Celta e o Porriño.
Mentres, os infantís comezan con máis atrancos e empezaron esa Liga Galega Infantil con dúas derrotas seguidas. A do sábado, nada menos que por 1-7 ante o potente Bertamiráns.

Dumbria - Val Miñor (2-1)

- DUMBRÍA: Gabriel, Tomás, Miguel (Senlle, min.82), Pablo, Kanario, Jose, Samuel, Mauro, Juan de Doura (Dani, min.75), Luís (Isma, min.33) e Rachón (Gonzalo, min.46).
- Goles: 1-0, min.20: Juan de Dora; 2-0, min.67: Juan de Dora; 2-1, min.88.
Empezaba o primeiro partido deste novo Dumbría cadete na máxima competición desta categoría no Conco, abría así a División de Honor en casa, fronte á súa afección. Daba comezo o choque ás 16h da tarde, unha calor fóra do normal para estes meses de setembro e cun incendio que se divisaba desde o campo onde o fume chegaba ata o terreo de xogo, os helicópteros dun lado para outro marcaban o inicio do estreo cadete en casa.
O Dumbría empezaba dominando o encontro e a posesión do balón era dos homes de Juan Porrúa. As embestidas cara á portería eran continuas e a presión dos seus dianteiros facía que a defensa do Val Miñor non estivese cómoda á hora de sacar os balóns xogados desde atrás e que os rifaran cara a adiante sen chegar a un destino claro.
O dianteiro do Dumbría Juan de Dora era un auténtico pesadelo para a defensa, a súa potencia e a súa poderío físico facía que o adestrador rival dese indicacións aos seus defensas para que estivesen máis encima del, pero nin isto facía que este dianteiro cesase nas súas ganas de introducir o balón na portería contraria, e sería no min.20 da primeira parte cando unha sutileza do dianteiro levantando o balón por encima do porteiro adiantaba ao equipo Dumbriés. Logo deste gol o dianteiro tivo algunha ocasión máis que non foi capaz de finalizar como na primeira ocasión, pero isto non faría que o dianteiro cesase no intento de seguir marcando e de levarse ao equipo ás súas costas. Sería no min.67 do encontro cando unha grandisima cabalgada do dianteiro facía que o balón acabase ao fondo das mallas e poñer así un 2-0 para intentar tranquilizar ao equipo.
A partir deste segundo gol o Val Miñor non quería irse sen carga do Conco e empezaron a esmagar un pouco aos Dumbrieses, pero unha defensa moi segura non deixaba que se achegasen á portería. No min.88 tras unha xogada un tanto estraña, o árbitro pita un libre indirecto dentro da área e Edo faría o 2-1. Resultado co que se acabaría o encontro e os homes de Porrúa faríanse cos 3 puntos e lévaos a seguir no máis alto da clasificación de División de Honor. Un partido cun grandísimo ambiente nas gradas e un despregue de poderío no campo.
Agora a pensar no próximo partido en Arosa.

Crónicas da semana
- 2ª Autonómica: Outes e Porteño aproveitan a calor.
- 1ª Autonómica: O Malpica marca o ritmo tralo primeiro derbi do ano.
- Preferente: O Soneira amarga unha positiva fin de semana.
- Crónica e os 55 resultados da última fin de semana do verán.
O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información
- Altas e Baixas no #FútboldaCosta.
- Facebook Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
- Calendario e resultados da I Copa da Costa Cadete.
Artigos relacionados
- #Regateegol: Vídeoentrevista de Anxo Garrido con Dieguito.
- Entrevista de David Castro con Juan Chans: “Volvín ao Corme porque xogan os amigos de toda a vida”.
Fonte
- Redacción de QPC Deportes (deportes@quepasanacosta.gal).
- Crónica de Jorge Parri.