1001/2009
Isto das casualidades é ben curioso. Quere o destino ou quen se encargue de ordenar os astros e as cousas do mundo por aló enriba que o proceso 1001 volte gozar de relevancia 40 anos despois tamén coma signo dos tempos nos que vivimos, igual que entón cando este numero se asociou por primeira vez co xudicial e coa xustiza.
O proceso 1001/73 do Tribunal de Orden Publico dou en concluír condenando a cadea a toda a cúpula do sindicato, entón ilegal, Comisións Obreiras (CCOO).
O 24 de Xuño do 1972, a dirección de Comisións Obreiras, sindicato ilegal e principal opositor a ditadura no ámbito obreiro, foi detida no convento das Oblatos en Pozuelo de Alarcón (Madrid), onde se atopaban reunidos.
Permaneceron encarcerados ata a celebración do xuízo, mais dun ano despois. Este tivo finalmente lugar os días 20 (xornada que coincidiu co asasinato do presidente do Goberno, Luís Carrero Blanco, e que provocou a suspensión durante varias horas do xuízo), 21 e 22 de Decembro do 73.
Os acusados enfrontábanse a acusación de ser dirixentes de Comisiones Obreiras, pertencendo, polo tanto, a unha organización ilegal.
O día 30 anunciáronse as condenas, que coincidiron cas peticións da fiscalía e que foron dunha severidade extrema.
Os dez membros da dirección, que serían coñecidos como os dez de Carabanchel, foron condenados a prisión. Marcelino Camacho, secretario xeral, 20 anos de cadea; Nicolás Sartorius, 19; Miguel Ángel Zamora Antón, 12; Pedro Santiesteban, 12; Eduardo Saborido, 20; Francisco García Salve (sacerdote obreiro), 19; Luis Fernández, 12; Francisco Acosta, 12; Juan Muñiz Zapico “Juanín”, 18 e Fernando Soto Martín, 17.
Estas penas serían logo conmutadas dentro dos movementos da transición pero resulta curioso de mais que o proceso 1001, que marcaba a inflexión da loita obreira contra a ditadura coincida co proceso 1001 que investiga a maior labazada de corrupción política na Costa da Morte, a mais que coñecida Operación Orquestra.
O xuíz que será pronto elevado a Maxistrado en Compostela vaise deixando rematada e a disposición da Audiencia Provincial, por Proceso abreviado, a instrución da mais grande e profunda investigación sobre o que pasaba “de portas adentro” dos nosos concellos. O resultado é devastador. Catro alcaldes imputados, tres que aínda o son (Corcubión, Fisterra e Mazaricos) e un que xa non o é pero que mantén 5 das 6 imputacións primeiras contra da sua xestión, Ramón Vigo.
O xuíz cre probado no seu caso que o ex-rexedor é susceptible de ser condenado por Trafico de influencias, Prevaricación, Cohecho (suborno), Malversación de caudais públicos e falsidade en documento público.
No caso dos rexedores en Fisterra, Corcubión e Mazaricos, Lago Louro considera claras as presuntas implicacións en delitos de prevaricación, Cohecho e trafico de influencias, dentro dun xeito de facer adoptado como norma de xestión polos catro alcaldes en favor da empresa Construcións Ogando.
E así tamén para outras 21 persoas entre os que hai concelleiros, secretarios, administrativos, policías locais (un), empresarios da construción e arquitectos. Todos embaratados nunha sorte de sistema paralelo de contratación que ignoraba adrede as mais mínimas normas do concurso publico negociado e sen publicidade, un sistema ben opaco de contratación de obras publicas consistente en que o concello contratante “convida” a varias empresas co fin de que concursen pola realización dunha obra.
Aquí, nin concurso nin hostias (perdoando). Aquí unha única empresa, coa conivencia de todos os demais actores, elaboraba as propostas de todos os que se presentaban amañando ser a adxudicataria final, a cambio, iso si, de pagar unha sorte de “mordida” ao alcalde de turno, sempre segundo a opinión do xuíz, despregada nos 42 folios do seu auto final.
Ademais, para redondear a cousa, Lago Louro atopa tamén, dentro dos rexistros realizados nas casa do concello de Cee, Fisterra e Mazaricos, dende multas de trafico onde se falsificaría a identidade do condutor para evitar a retirada de puntos (así atopou o expediente dunha multa ao ex-alcalde de Cee a policía nos caixóns do despacho da alcaldía) ata listados de doantes a Festa da Fervenza onde Construcións Ogando aparece doando a friolera de 300 euros...moi lonxe dos auténticos 5000 que Daniel Ogando sacou dunha conta para entregarllos a un funcionario do concello como pago pola obtención, considera o xuíz, de varias obras na Picota.
E así, sen fin, apuntando ao mais baixo dun xeito de facer as cousas que non leva a ningunha parte. Cre Lago Louro que en Cee se constituíu unha sorte de contabilidade paralela para conseguir carto en negro co que financiar parte das festas da Xunqueira en 2010. Digo parte porque di o xuíz que hai cifras que non coinciden. Ler é entender e aprender moitas veces. Paxina 13 do auto do xuíz Lago Louro, de remisión a Audiencia das investigacions dentro da Instrución do Proceso 1001/2009. Lede si sabedes…
“Igualmente se alude por Jorge López Lago a un tercer pago de 30.000 euros a favor del Alcalde de Cee. Al mismo respecto están las conversaciones del día 14/05/2010 a las 13:10 horas, entre Daniel y Jorge, comentándole el primero que tiene que hablar que hay novedades, negándose a hablar por teléfono, y el día 18/05/2010 a las 10:41 horas, le comenta el interés del Alcalde de dejar apartado a Jorge, que todo lo trate con él en persona y que se olvide de David y de Candiño, matizando Jorge que puede pretender quedárselo todo el propio Ramón, aspecto este que no es negado por Daniel.
Ler ten que ser abrir os ollos, entender e en caso contrario preguntar.
O que aquí pasou supera o admisible e non condenalo, na miña modestísima opinión, perpetua o caciquismo e afonda no analfabetismo electoral patolóxico no que vive sumida esta esquina do mundo dende sempre.
Non, non está ben conseguir un traballo na empresa publica por enchufe.
Non, non está ben que un concello, parte da administración, xere cartos “en B”, porque debe ser protector e garante da lei e non o contrario.
Non, non está ben actuar coma califa na vez de coma alcalde. Un alcalde é un servidor, un servidor publico, non un xestor privado de caudais públicos.
E por ultimo, non, non está ben xustificar os cartos que un concello dedica a unha festa cunha factura falsa, así recoñecida a facenda polo propio emisor da factura. Operación Chourizos a chamaría eu. Queda mais acaído.
Hai 40 anos o 1001 ía de liberdade sindical nun pais oprimido pola dictadura. Hoxe o 1001 dirime si seguimos gobernados por politicos corruptos e sistemas de roubo endémico na administración.
Cada cousa no seu tempo. Agardemos o que pase. Non falta tanto.
- José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.gal).
Novas relacionadas
Verdades
- Corrupción.
- Quita.
- Paciencia?.
- Aldeas.
- RAF.
- Quita.
- Kafka.
- Opcións.
- Agora que todo comeza.
- A fuxida.
- Debates Bizantinos.
- Cheiro a fuel.
- Unidades.
- Glass-Steagall.
- Nós.
- Cortalumes.
- A Débeda.
- A maioría silenciosa.
- 21O.
- Persoas.
- Estado policial.
- Cans.
- Liderado.
- O Mal Goberno.
- 25 anos despois.
- BCE.
- Dez cousas que non teñen xeito.
- As liñas vermellas.
- Grandes Penalidades.
- Sete centímetros.
- E agora que?.
- Mediocres.
- Dimisión.
- Eufemismos.
- Os que mandan.
- Non chegarán.
- Agustín acredita nos Mayas e outras historias.
- Fauna.
- Zozobra.
- Folga.
- Fe.
- 99 non é 100.
- Calma chicha.
- Ánimo Ramón.
- A Fuxida.
- A nosa maior prioridade.
- Imputados, témolos a eito.
- Fraga. A Costa é miña.
As Verdades como puños de José Luís Louzán
- Talibanismo.
- Totalitarismo.
- Apatía.
- Constitución. Solutions.
- Pesimismo Vs Optimismo.
- PPSOE.
- Agora que sabemos a verdade.
- Mercenarios.
- JMJ.
- Spitzer.
- Deberes.
- O Dilema.
- Pérez.
- AA.
- Mouseland.
- First Lady.
- Feitos.
- Cálculo Mezquino.
- Saqueo Vikingo.
- Medidas cautelares.
- A memoria.
- Neutral.
- Falso.
- Cómplices Silenciosos.
- Tufillo.
- Podre.
- Dinosaurios.
- Pese a quen pese.
- Nestes días tan terribles.
- Indiferenza.
- A estafa.
- Fascismo.
- Municipais
- Marbella.
- Cuestión de tempo .
- Falsas aparencias.
- Despilfarro.
- Envexa.
- Shackleton.
- A fin da sociedade civil.
- A Resposanbilidade.
- Tabaquismo.
- Por que?.
- Solutions. Medio ambiente e enerxía.
- Liberais Contra conservadores.
- Solutions. Economía.
- Entelequia.
- Liderazgo.
- A Patronal.
- Fuxir da poliarquía.
- Intrigado.
- Lobos e ovellas.
- Límites xeográficos.
- Volver.
- 110 veces despois.
- Vacacións.
- Errores de bulto.
- Iluso.
- É nosa.
- Máximo de Hubbert.
- Sentenciados.
- Euforia.
- Sociedades Inflamables.
- Servil e ignorante.
- Colapso.
- Nos mundos de Yupi.
- “Agallas”.
- O Circo das Pulgas.
- A fin dos moderados.
- Ilusión de movemento.
- “Aínda que pareza mentira…”.
- A Ignorancia.
- Síntoma.
- Porque lle chaman lei cando queren decir cachondeo.
- Ruanda.
- Naves de Marte.
- Realismo Vs Optimismo irracional.
- Nunca Xamáis.
- A débeda.
- Clamor.
- Debates estériles.
- Irresoluble Problema.
- SERGAS S.A..
- Tópicos e presuposicións.
- A Praza que nos separa.
- Alzheimer público.
- Falando o valeiro.
- Desistencia de autoridade.
- Conspiranoia.
- Piratas a bordo.
- Esquizofrenia política.
- Conciencia.
- Papel mollado.
- O vaso medio cheo….
- Patrimonio do Estado?.
- Perversión.
- Unicamente naquel lugar.
- “Nenu, Que mala es la Dronga”.
- Un modo distinto de gobernar.
- Postais.
- O Complexo de inferioridade.
- Summer in the city.
- Todo necio confunde valor con precio.
- Os “Salvapatrias” .
- Infamia.
- Amigos.
- Baixo a tiranía da ignorancia.
- Dereitos.
- Event Horizont.
- Non me gusta a túa musica.
- Falsas apariencias.
- Evidencias que nos matan.
- Cidade sen lei.
- O dia de.
- A noite do cazador .
- O asombroso caso da urbanización pantasma.
- A venda nos ollos.
- A utopía Democrática do mundo de nada .
- A delgada liña vermella .
- Unha chispa de luz no lugar máis aburrido do mundo .
- Os catro pilares do desastre .
- A triste realidade de cada día .
- Eu non son Anxo Quintana.
- Dúbidas Razoables.
- A mente sobre a materia.
- Todos vivimos na política.
- O progreso.
- Xente corrente:
- A Responsabilidade.
- Terra de miserables.
- Escaso prezo.
- I have a dream.
- A Constitución de todos?.
- Corralito.
- Un país metido nunha fosa.
- Categorías.
- A delgada liña.
- Notoriedade.
- Autoritas.
- Onde vas Alfonso XIII? IIª parte.
- Onde vas Alfonso XIII?.
- O sentido da medida-
- Estamos concentrados.
- A Espeleoloxía é unha ciencia.
- Que verde era o meu val.
- Tórrido verán.
- Carta aberta a D. José Bono Martínez, Presidente del Congreso de los Diputados..
- En realidade todos son iguais.
- Don Cretino e a grande tarta do Rei.
- Cuestión de principios.
- Ás veces dáme moita vergoña ser de Cee.
- Ignorantes Consentidos.
- Punxsutawney Phill.
- Bandeiras dos nosos fillos.
- 200.000 m2.
- A hora das depedidas.
- Longo Abril de chuvascos.
- Leis para nada.
- A fin da Inocencia.
- Chiringuitos.
- “Había una vez, un circo….”.
- Agora vai parecer que esto son as Seychelles.
- Sobre a erótica do poder e de como “aplicarse o conto”.
- Porque os chaman impostos cando queren dicir roubo?.
- Verdades como puños: Unha breve introdución.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).