Venres. 26.04.2024
El tiempo
José Luis Louzán
21:17
13/03/09

A venda nos ollos

A venda nos ollos
As verdades como puños de José Luis Louzán

Resulta curioso ver como a sorpresa salta onde todo debería estar xa dito e coñecido. O PSOE ven de anunciar a apertura dun expediente ao alcalde de Vimianzo por pedir o voto para “o PP ou o PSOE, pero nunca para o BNG”, na campaña das pasadas eleccións. O dito, e sorpresa, e o BNG que pide a cabeza do rexedor e a xente votando as mans a cabeza.

Caso curioso este. Parece que son o único (sei que non o son, pero parecer paréceo) que sabia hai moito tempo que o alcalde de Vimianzo era de dereitas. Alejandro Rodríguez leva décadas aplicando unha política populista baseada na cobertura dunhas necesidades primarias a un volume da poboación do seu concello enorme. Primeiro foron pistas e farolas para dar comunicación por estrada e alumeado publico a un concello ancorado a primeiros dos anos 90 no século XVIII. Despois auga corrente, mais instalacións, e postos de traballo a unha pléiade de parentes e veciños moi concretos, asegurándose elección tras elección ata os pasados comicios.

O problema chegou cando as necesidades se sofisticaron, cando se comezou a pedir cultura, ocio, espazos para o esparcemento, cando a xeración mais nova chegou a trintena e pediu mais que pistas e farolas. E cando as luces se apagaron a postura do rexedor foi canto mais a dereita. Acusacións de nepotismo, abuso de poder para nada ocultado, soberbia, ataques o “mensaxeiro”, falta de cimentos democráticos. O caos…

Despois das ultimas eleccións municipais o rexedor rompe o pacto BNG-SOE en Galicia e decide apoiarse para gobernar en acordos puntuais co PP. Non se abriu entón expediente algún, nin cando o BNG demostrou que o alcalde utilizara medios públicos (telefono, correos) para pedir o voto polo SOE os veciños emigrados na Arxentina, nin cando o BNG demostrou saber con semanas de antelación quen ia ser o gañador nun concurso-oposición a unha praza no concello... Non. En ningún deses casos oubo expediente.

Agora Alejandro Rodríguez prepara a súa saída e faino coa connivencia dos socialistas e o apoio dalgún deles de xeito claro e directo. Elimina inimigos do camiño sucesorio (cesamento da edil de cultura Nieves Lema) e afirma que “ eu son o mesmo que hai 20 anos, coas mesmas ideas”. Pois iso... do PP.

  • José Luis Louzán.

Comentarios