Martes. 09.08.2022
El tiempo
José Luis Louzán
20:30
15/04/10

"Aínda que pareza mentira..."

"Aínda que pareza mentira..."
As verdades como puños de José Luis Louzán

Chegou o momento. Rasgamento de vestiduras, rechiar de dentes, “se rompe España coño¡¡”, etc,etc...  

Por moito que mentes sensatas e preparadas, catedráticos de historia, de dereito Constitucional, profesores eméritos de Políticas e estudosos da Guerra Civil e da Transición Española o anunciaron, coma sempre, ninguén quixo facer caso e por fin, trinta e pico anos despois, o debate esta na rúa. Porque, que a transición foi unha chapuza cada dia queda máis claro e que os vencidos, coma sempre, cederon moito máis que os vencedores tamén. Hoxe apetéceme darlle a dúas falacias que estes días inundan con outras mentiras evidentes as tertulias radiofónicas e televisivas e os editoriais na prensa tardofranquista e fascistoide.  

En primeiro lugar; Paracuellos del Jarama non ten nada que ver co sucedido despois. Escúdanse os da dereita máis pura e nostálxica en que cando Garzón tivo diante o caso das supostas mortes en fusilamento sumarísimo e abuso de forza do exercito republicano naquela localidade da periferia madrileña non actuou igual que cando se tratou de xulgar os feitos da ditadura. Obvian os añorantes fillos da ditadura que os actos de guerra, aínda que xulgables ou execrables son iso, actos de guerra. E de xulgar o acontecido en Paracuellos (que tampouco vexo porque non, si exitise materia para elo) tamén deberiamos proceder a xulgar todos cantos actos motivou ou encabezou un xeneral golpista. Así, poderiamos comezar polo bombardeo de Guernica, as batallas en Belchite, Brunete ou no Ebro, e seguir con tódolos actos de pura orxía sangrante en, por exemplo, Cáceres ou Andalucía. Porque en xeral se esquece que quen gañou foi Franco, e dicir, os pais da actual dereita Española mal que lle pese a moitos. Si eles, os vencedores, non repararon, xulgaron ou castigaron (que si o fixeron) algún acontecemento dos acontecidos e protagonizados polo bando perdedor durante a guerra civil eles saberán (ou os seus herdeiros) porque non o repararon. 40 anos, penso, foron máis que suficientes para facelo. 

En segundo lugar. Non son experto en Lei nin en case nada pero sei ler. E oía, canto máis leo peor me poño. Escoito estes días frases do tipo “coa lei na man” ou “si somos estrictos coa lectura da lei”. Vale, sexamos estrictos. Todo o montaxe legal que sustenta a  democracia e falso e carece de fundamento legal. Así, en quente.

Por orde cronolóxico, o 14 de abril do ano 1931 foi elixido un goberno lexitimo en España, que avogou por formar unha república, modificou a bandeira e ditou unha constitución formalmente aprobada en Cortes. Ata aquí a lei, en sentido estrito. O 18 de Xullo do 1936 produciuse un golpe de estado (ilegal) que motivou unha guerra na que venceron os golpistas (delincuentes). Así que, sendo estritos, toooooooodo o lexislado dende o 1 de Abril do 1939 ata hoxe é, pura e duramente, ilegal. Fin. 

Dito todo o anterior, pregunto ¿de onde emana o actual sistema de “monarquía parlamentaria” (Nda: Isto, o de monarquía parlamentaria, e o que se coñece coma Oximoron)?, ¿quen dotou de poder o actual Rey de España?, ¿quen e como elaborou a actual constitución?, ¿cantos cargos dos gobernos existentes ata 1978, ilegais completamente, foron nunca xulgados?, ¿cantos dos actuais habitantes do país refrendaron co seu voto o actual sistema?, ¿cantos detidos/desaparecidos nos anos posteriores o fin oficial da guerra civil seguen sen ser atopados?, ¿porque moitos xa localizados aínda non foron desenterrados? E o máis importante ¿alguén con pasado de familiares vencedores pode facer o favor de saír a palestra publica e dicir cantos dos seus parentes seguen soterrados nunha cuneta?. Eu agradecería que se coñecese a alguén, aínda que me temo que isto será tan difícil coma demostrar, en sentido estrito, que non levamos máis de 30 anos gobernados en base a un  cachondeo normativo loubado coma unha das transicións máis limpas da historia. E tanto....   

  • José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.com).

comentarios