Sábado. 05.10.2024
El tiempo
José Luis Louzán
21:13
15/05/09

Event Horizont

Event Horizont
As verdades como puños de José Luis Louzán

A teoría da relatividade recolle un termino en relación os furados negros que hoxe me da voltas na cabeza como explicación de algunhas cousas que quero compartir con vos. Tratase do denominado Horizonte de Sucesos (Event Horizont en Inglés)

O asunto é que segundo as formulas que fundamentan esta expresión, o Horizonte de Sucesos é en teoría unha zona o redor dos furados negros que, sen verse afectada por estos, marca o límite entre o ben e o mal, é dicir, entre estar dentro ou fora do furado, entre estar afectado pola masiva gravidade e poder de atracción do furado (que se denomina negro, precisamente, porque é capaz de atraer e absorber ata as partículas de luz, os fotóns) e non estalo. Penso nisto e digo ¿cantos viviran a día de hoxe no “horizonte de sucesos” da nosa sociedade?

Na Costa da Morte coma en todas partes hai varios estratos sociais claramente definidos, e que todos podemos clasificar sen esforzo. Están os que, economicamente, carecen de ningún poder e capacidade e se dedican simplemente a transitar pola vida, mellor ou peor, con mais ou menos axuda, pero sen demasiados indicios de progresión e crecemento. Por enriba atopase unha importante capa de persoas, a maioría de clase media que buscan mellorar, mais ou menos, nos seus traballos, dentro das súas comunidades, e que perseguen o mellor para os seus fillos. Estes teñen moitos individuos transitando habitualmente polo “Horizonte de sucesos” pero nesta época de incertidume e dificultades mais. Por enriba deles hai dous grupos tamén claros pero moito menores en individuos. Por un lado están os políticos e membros das administracións (funcionarios) fora da dinámica económica da compravenda, fora da dubida e da incertidume xeral, ven asentados e que teñen moitos peldaños subidos de partida para chegar a un “cénit” real de benestar e tranquilidade.

E por ultimo están os que realmente mandan na bisbarra, unha ducia de persoas na realidade, con capitais inmobiliarios e en efectivo escandalosos, a maioría obtidos ou ilegalmente ou legalmente pero sen ética algunha. Este grupo e o anterior viven mais aló do Horizonte de Sucesos. Moito mais aló. Nada os permea, nada os atravesa, nada fai que abandonen ese lugar, excepto algún caso rarísimo de ruína económica e persoal, dos que se ven un cada século nada mais. Moldean o seu mundo, o noso mundo, a vontade. As súas decisións e caprichos nos afectan directamente e nos fan a vida mais fácil ou mais difícil, sen que a nosa opinión importe o mais mínimo. Eles dirixen o noso mundo, sen máis.

No Horizonte de Sucesos actual, cada vez queda mais lonxano o mundo da paz e o furado negro da catástrofe económica local, se fai mais grande cada vez na fiestra da nosa nave espacial. Loitemos por fuxir. Agarrádevos a carteira dos lideres. Que non escapen sen pelexa.

  • José Luis Louzán.

Comentarios