Venres. 19.04.2024
El tiempo
José Luis Louzán
21:01
31/07/09

Hipóteses

As verdades como puños de José Luis Louzán

Imos deixar as cousas claras. A min me encantaría poder falar aquí, semana tras semana, do fantasticamente ben que se vive na Costa da Morte, da estupenda paisaxe unida as fantásticas condicións de vida, os enormes pronosticos para o futuro e a boa implantación de negocios, industria e comercio na economía, tan boa como o escrupuloso coidado do medio ambiente, sempre en consonancia cunha escrupulosa responsabilidade industrial e comercial e cidadá na súa conservación. Pero, dado que isto non é o pais de Oz, dado que nin Brancaneves nin os sete ananiños residen nun adosado en Fisterra e tampouco se teñen noticias de que o Jety e Elvis teñan aberto casa rural en Dumbría, debo falar da puñetera, lamentable, e descorazonadora realidade de cada día. A desgusto, conste.

Nesa liña, unha recente conversa me puña esta semana diante da mais crúa das realidades económicas, a do noso futuro, que eu din en situar no horizonte dos quince anos, pero que se achega a nos cada vez mais rápido, ata acurtarse, como digo, por unha conversa mantida nestes días, a un prazo non moito mais aló de cinco anos.

No ano 2015 a fabrica de Ferroatlantica en Brens estará pechada... Asustados ¿non?. Ben, deberiades de estalo. Salvo o presidente de Adega, claro, e catro amigos mais, os demais deberían comezar a tomar conciencia de que o que digo non so non é para nada descabellado senón mais ben, axustado por arriba e por abaixo a unha triste realidade. E para os mais epicúreos, para os mais desprendidos deste mundo de capitalismo e cartos, de avaricia desmedida e nulos valores, so quero lembrar unhas poucas cifras.

O día no que a Fábrica en Brens (repito, só esta factoría, non a de Dumbría, aló menos nese prazo) peche as súas portas de xeito definitivo, pérdense de facto case 100 postos de traballo. De súpeto, de un dia para outro, o torrente económico da comarca de Fisterra deixara de recibir, o mes, preto dos 700.000 euros. 115 millóns de pesetas das de antes. O mes. Para quen pense que esta cifra é pequena, e sen cálculos oficias a man, poderíase estimar que significa, seguramente, de un 15 a un 25 por cento do que se manexa mensualmente na comarca, e dicir, dos cartos que empregados públicos e privados perciben, en total, nos seus traballos, xa sexan autónomos ou por conta allea. ¿Un bo bocado é?.

Pero, diredes, ¿en que me baseo eu para dicir tal cousa?. Ben, hai varios condicionantes para esta hipótese, pero basicamente os que motivan que diga isto mentres dende a dirección da factoría se indica o contrario son públicos e coñecidos. O primeiro, que cando se fai mención os resultados positivos das factorías se fala diso, das dúas factorías, sen separar para nada os resultados do fabricado arriba con respecto o fabricado abaixo. Ademais, con motivo do recente ERE temporal da empresa, os fornos parados mentres se mandaba a casa a metade da plantiña das dúas fabricas foron os de Brens, non os de Dumbría, moito mais modernos e rendibles.

Pero existen aínda dous condicionantes mais que, penso eu, poñen a guinda a esta elucubración de verán a que ninguén fará o mais mínimo dos casos. O primeiro, a presión dos defensores do medio ambiente que, con razón ou sen ela, acoden raudos a acusar a factoría de Brens de canta contaminación se produce na ría. As veces, repito, terán razón pero na maioría dos casos, me temo, se trata mais de apuntar cara o mais probable, na vez de cara o seguro culpable. Aínda así, para min, o maior dos problemas é outro, de índole persoal e definitiva. I e que o actual director das factorías, que o é dende hai décadas é un dos principais defensores da existencia de ambas como eixo estratéxico da empresa ten sesenta e un anos. E en catro esta retirado. ¿quen vai avogar entón, quen vai deter o imparable interese da empresa por acabar con esta fabrica protestona que puxo a Villar Mir contra as cordas hai mais dunha década?, ¿quen vai ser o que pare os pes a unha empresa encantada con quedar so con catro empregados nunha serie de embalses que producen o que a fabrica pero con practicamente ningún coflicto laboral?

Isto non é mais que un mal augurio sen base científica, do que seguro se falara como outra das “paridas” do tipo este que escribe no internet os venres. Claro que mellor que así sexa, porque, como teñamos que agardar a que sexan os veciños afectados e dicir todos, os que protesten por un abuso sostido dos recursos públicos sen obtención de beneficio.... estamos aviados ....

  • José Luis Louzán.

Comentarios