Leis para nada
Nestes días a raíz dunha charla cun amigo me saltaban varias dubidas sobre situacións para nos habituais e correntes, pero de todo punto inexplicables nun pais civilizado.
Resulta que nesta pasada semana a Xunta aprobaba sen reservas unha nova lei sobre drogas. No novo texto a máxima autoridade civil en Galicia acorda prohibir que se inxira alcohol na rúa, que se venda nas gasolineiras a mais mínima gota de brevaxe alcohólico algún e deixar nas mans dos concellos que se decreten zonas onde permitir esta inxesta, en aras a fomentar o divertimento dos mais novos de xeito controlado.
E logo de escoitar semellante sarta de tonterias a risa me inundaba e costume un bo cacho parar de rir a vista de varias verdades fundamentais. Vou;
Primeiro; a Xunta aproba unha lei que sabe a ciencia certa que non vai cumprir ninguén. Faino, o decretar esta xeira de bobadas, presionada por asociacións veciñais como a da Coruña, farta xa de tomaduras de pelo que lles impiden durmir polo botellón dende hai décadas. A Xunta, o presidente desta, o seu socio de goberno e calquera persoa que viva no mundo real e non no pais do Mago de Oz sabe que o botellón se seguira a celebrar igualmente.
Segundo; o que fai falla non e leis para incumprir senón man dura que faga que se cumpran. E con esto non defendo nin de lonxe que se propase membro ningún das forzas de seguridade no exercicio das súas funcións. Con que estean presentes doume por contento, porque a lo menos na costa da morte, policía e garda civil pouca e a destempo.
E Terceiro; cando a Xunta “delega” nos concellos o das zonas de botellón o que fai e lavarse as mans coma Pilatos. Porque sabe que non vai existir concello disposto a perder unha cantidade indeterminada de votos a cambio de contentar a unha serie de dóciles cidadáns. E digo dóciles porque queda claro que senón foran dóciles mais dun mozo e non tan mozo tería caído tiroteado por algún veciño farto de décadas de insomnio.
¿E como se arranxa logo a cousa, ti, listo?. Pois non é tan difícil.
Primeiro. Pena de cárcere sen fianza a quen incumpra horarios de peche, e retirada da licencia. Pena de cárcere sen fianza a quen venda alcohol a menores e ademais fora de horario comercial. Eu colocaría a esta persoa a altura de calquera "camello" de coca ou éxtase. E ainos, sen ir mais lonxe, en Cee. E todo o mundo sabe nesa vila de quen falo, así que as autoridades tamén.
Pena de cárcere sen fianza a quen, coñecedor da lei, non fai que se cumpra, nun claro delito de prevaricación. E pena de cárcere sen fianza a aqueles pais que, descoñecedores plenos do que fai o seu fillo as noites da fin de semana defende a este contra a lóxica e o sentido común coa frase “Mi hijo no es de esos. Mi Luisito es muy buen chico”. Cárcere e, si se trata dun menor, retirada de custodia.
¿Fun moi duro?. Tal vez. Mais duro e ver, coma me contaba unha persoa, como a túa filla de tres anos permanece esperta na súa cuna sábado tras sábado sen que ninguén faga nada para facer que se cumpra a ordenanza mais estúpida e intrascendente da costa da morte. A infame ordenanza de ruídos de Cee.
Así que, querida Xunta de Galicia, menos cachondeiño oh, que xa vimos de volta.
- José Luis Louzán.