Venres. 19.04.2024
El tiempo
José Luis Louzán
19:34
06/03/10

Naves de Marte

Naves de Marte
As verdades como puños de José Luis Louzán

Este texto debeu ser emitido hai dúas semanas en Radio Nordés da Cadena SER, dentro dun espazo semanal onde un exerce, coma nesta casa, o seu dereito a libre expresión. Problemas técnicos motivaron, o parecer, a non emisión desta opinión na mesma semana na que un grupo de empresarios pedía a Xunta que convertese en legal a súa ilegalidade a golpe de decreto. Chamádeme desconfiado, pero así son e así morrerei cando me toque, así que, si, desconfío. Para que non quede no olvido, aquí vai o que sobre ese particular dixen. Simplemente unha opinión silenciada pola “técnica”.

“A máis evidente das caras que a falla de personalidade e autoridade dun goberno amosa é a que se reflicte no modo de gobernar de cada un. Un goberno, por exemplo, a golpe de decreto, lexislando en quente, sen meditación nin debate publico en temas estratéxicos e a longo prazo preséntanos a un presidente cagueta e un goberno amilanado.

O peor de todo e cando iso se amosa en alguén con maioría absoluta e sen oposición viable. A Xunta ven de anunciar que a nova lei do solo contempla unha “barra libre” por medio da que legalizar as mais de 100 naves industriais que de xeito totalmente ilegal hai funcionando na nosa bisbarra. E onde algúns, eu incluído, vemos certo alivio para os pobres empregados de aquelas empresas, en permanente perigo de paro, eu, que queren que lles diga, me indigno.

E o fago porque me resulta lamentable pensar na falla de personalidade duns gobernantes que, cando ven perigos electorais en facer prevalecer as mesmas leis que aprobaran non hai tanto, recúan sen miramentos e apandan co que sexa, sempre claro con pequeno empurrón do capital, interesado en facer viables empresas con liñas de financiamento, xuros e empréstitos deses bancos e caixas “amigos”.

E así as leis de urbanismo que tantos disgustos custaron a veciños sen culpa ningunha, ou a comerciantes e autónomos enganados por oportunistas e politiquillos de medio pelo, as leis que obrigaron a esforzos económicos para construír polígonos desertos, as estúpidas leis que a todos parecían sen xeito se revelan así, sen xeito, innecesarias e so sustentadas en campañas en prensa de certo xornal ou en intereses espureos de promotores e construtores.

A nova lei do solo lexitima o ilegal. Estupendo. De aquí en diante si algo non lle parece ben, veciño, simplemente monte un cristo… seguro que llo poñen a medida. Xunta y compañía, Leis a medida, podería dicir o chascarrillo. De risa.”  

Isto pensaba hai quince días e despois dese tempo penso o mesmo. Facer legal o ilegal e unha falla de respecto para a cidadanía e unha deshonra para os administradores. E que non se escoiten voces discordantes un autentico drama…  pero esa é outra historia.

  • José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.com).

Comentarios