Mércores. 17.04.2024
El tiempo
José Luis Louzán
21:50
26/11/19

Non

Imaxe da Autovía Costa da Morte pouco antes de abrirse ao tráfico en 2016

A Pablo Lopez Campos non lle gusta que se gasten cartos na autopista da Costa da Morte. Deixábao ben claro en 2018 neste artículo de El Confidencial. Considera que se están tirando euros nunha rota pola que non pasa un coche mentres o enésimo enlace para facilitar a vida aos residente en Vigo (coma el) leva anos de retraso. E por esta razón polo que non ten problema en manifestar que se trata de “una lujosa autovía en medio de la despoblada Costa da Morte”. Pablo cree, e é moi libre de pensalo, que unha autopista para comunicar un territorio que paga os mesmos impostos que paga el en Vigo pola metade ou menos de servizos e infraestructuras é un luxo.

Así que a min, que son de darlle voltas as cousas, me da por pensar: Por que Pablo pode crer iso e pensar que non está actuando coma un cretino sideral?.
Penso primeiro de nada en si é o único que pensa así e nin moito menos. Xa o opinador da SER en Madrid, Antón Losada (residente en Compostela) manifestou algo parecido hai uns anos, afirmando que esta inversión era perfectamente prescindible. El consideraba que había cousas mais importantes que dar comunicación a un territorio instalado no século XIX en materia de infraestruturas, coma darlle outra rolda a Coruña ou mellorar o tráfico ferroviario na capital galega.

Pablo e Antón comparten polo tanto unha visión, pero tamen comparten mais cousas. Nin Pablo nin Antón viven aquí. Os dous viven en cidades profusamente comunicadas, por estrada, por vía ferrea e mesmo con aeroporto. Nin Antón nin Pablo escriben un artigo criticando, por exemplo, que existan tres aeroportos nunha comunidade coma Galicia e pedindo o peche do que teñen ao carón da casa. Ningún dos dous dedica tempo a manifestar que non é lóxico que un territorio figure coma un dos mais deprimidos económicamente do estado tendo conexión marítima e un corredor que lle pasa por diante con milleiros de millons de euros en mercancía dos que unicamente saca disgustos.

Nin Pablo nin Antón teñen que aumentar un viaxe por estrada a Madrid nunha hora. Calquera viaxe que fagan, en tren, en avión ou coma sexa tería que aumentar a súa duración nunha hora, coma facemos os que aquí vivimos. Unha hora que Antón e Pablo queren que sexa por estrada, non por autovía, porque é un luxo e un despilfarro.

Claro que Pablo e Antón ignoran que eu e calquera dos que aquí viven e traballan paga a mesma cuota de autónomos que eles dous (ou máis, quen sabe). Que temos o mesmo tipo de IRPF, que pagamos o mesmo IVE, a corriente nos custa igual e que, ademais, estamos unha hora de perigo mais lonxe que eles de calquera lugar civilizado.

Incluso para coller un barco temos que ir a Coruña ou Vigo porque temos mar, pero non temos porto... (non, o de Cee non serve para isto, para que enganarnos).

Pablo e Antón non pensan nisto porque non lle vai a vida nelo. O maior informe sobre estado da rede viária en España elaborado pola Asociación Española de la Carretera e SEOPAN a Asociación de Empresas Constructoras e Concesionarias de Infraestruras di que a AC-552, a única vía sen alternativa para desprazarse pola Costa da Morte, é un puro punto negro. Entre o kilometro 2 e o 16, en Arteixo, e entre o 34 e o 88, e dicir, case o resto da vía. E unha grande parte dese último tramo negro, segundo os propios constructores, so se pode facer por estrada.

Pablo fala dos baixos niveis de ocupación da autovía, segundo el, pero esquece que segundo o informe que cito a AC-552 ten tramos que superan nun 80% do percentil de ocupación de tráfico. Menos mal que nin Pablo nin Antón pensaron en que temos un hospital, porque seguro que para eles se trata de un servizo perfectamente prescindible neste tempo en que non se discute si pagamos con motivo ou sen el por servizos e coberturas que non nos chegan.

Non sei si Pablo ou Antón teñen escrito sobre a España Vaciada pero non sei porqué, supoño que non. Imaxino a un Pedro J. Ramirez calquera dicindo que Galicia non merece contar con AVE, Aeroportos ou Autovía desdoblada a partir do Padornelo. Total, para algo menos de 3 millóns de persoas nun territorio tan grande...que son os ratios da A6 comparados coa Autovía de Valencia?... menudo despilfarro. Falemos da Ponte colgante “de luxo” que nos anos 80 construiron en Rande para que Pablo Lopez Campos poda sair de Vigo en dirección a Pontevedra sen dar unha volta de mil puñetas. Ou da flamante estación de autobuses e de tren que levantaron en Compostela para que Antón viaxe mais cómodo... totalmente prescindible. Ou das reformas na USC, da que é profesor titular... para que gastar en infraestruturas educativas?... non? Non

De que estamos falando...

OUTROS ARTIGOS DE JOSÉ LUÍS LOUZÁN

INFORMES SOCIOECONÓMICOS DE JOSÉ LUÍS LOUZÁN

Comentarios