Domingo. 15.12.2019
El tiempo
José Luis Louzán
19:03
18/11/19

De que estamos falando... Cando dicimos "Nacionalista"

De que estamos falando... Cando dicimos "Nacionalista"

Hai ben tempo unha persoa a quen profeso un profundo respeto me dicía que ser nacionalista é unha obriga moral “para todo aquel residente na fin dun mundo calquera”. Para este home, que sufriu coma poucos a guerra e posterior represión franquista, ser nacionalista era unha decisión baseada en feitos. Non en feitos históricos, políticos ou por intereses espúreos ou persoais, non. Para el, ser nacionalista era unha decisión baseada na superviviencia dos máis débiles. Porque ser nacionalista non merece un telediario, nin un “Al rojo vivo” nin horas de manifestacións ou violencia. Ser nacionalista se é. Punto.

Galicia é un lugar singular e ser galego é un feito especifico, fundamentado en séculos de sufrir. Sufrir o tempo meteorolóxico, que non perdoa e que é, ao tempo, unha bendición e un castigo. Sufrir a periferia dun estado baseado na centralidade. Quen decidiu que Madrid fora o centro de todo non pensou en que carecía de auga, de terra fértil, de mar ou de outros bos recursos para a supervivencia dun pobo. Así que, para poder subsistir, decidiron que sería bo contar co sustento que se podía obter dunha periferia leal (ou non) e duns territorios que si tiñan, auga, terra e mar para abastecer aos seus residentes. Así naceu Madrid capital, que xenera un PIB anual de 230.018 millóns de € e que é a segunda comunidade con maior salario bruto por traballador, gastando iso si máis de 29 Tw de electricidade pero sen producir máis que un Tw no seu territorio.

Galicia paga o seguro de coche máis caro de España. En Pontevedra, segundo rastreator.com, un coche, de media, custaba 789,40 € ao ano aseguralo. En Segovia o mesmo seguro custa 489,80€. Por que esta diferencia?. Bueno, para empezar, en Segovia non chove, ademais de que as estradas son basicamente rectas interminables, autopistas e ademais os vehículos circulan menos kilómetros. En Galicia a renda media por fogar é de 27.658 € por familia e ano. Son casi 5.000 euros menos que en Madrid, 4.000 menos que en Cataluña e uns 1.000 menos que a media nacional.

Así que non só sufrimos por causas naturais, tamén o facemos por razóns económicas. E sufrimos porque nos empeñamos en vivir aquí, ainda que cada vez menos. En decembro do 1980 eeramos 2.809.703 de galegos na terriña. En decembro de 2018 2.700.330. 100.000 veciños menos, nada menos que a poboación de Santiago de Compostela. Perdemos unha das nosas cinco grandes cidades enteira en 40 anos.

Pero, pensaredes, todo isto que demonio ten que ver con ser ou non ser nacionalista?. Boa pregunta. Depende do que consideremos nacionalismo e de canto ten mudado esta palabra na nosa mente (que non na expresión do diccionario).

Di a RAE que nacionalismo é:

De nacional e -ismo.
1. m. Sentimento fervoroso de pertenza a unha nación e de identificación coa su realidade e coa su historia.

Sentímonos galegos?... tal vez. Fervorosamente? Bueno, depende da empanada e do marisco, pero pode ser, si. Identificámonos coa súa realidade?... que remedio, eche o que hai. E coa súa historia? Depende, a historia é importante desde o punto de vista de quen debe evitar repetir o malo e aprender do bo, pero en liñas xerais a poucos ou moi pucos lle importa un pemento que pasou hai media hora para cando máis hai tres seculos. Hai que sabelo, de acordo, pero inflúe pouco en que ou quen nos fai a vida máis ou menos difícil hoxe en día.

Pero a clave, para min, pasa pola definición de Nación, a saber: “Conxunto de persoas dunha mesma orixe e que en xeral falan un mesmo idioma e teñen unha tradición común.”

Bingo. Os galegos de Galicia somos galegos. Moito ou pouco, a tempo completo ou por horas, entre semana ou os días pares. Pero queiramos ou non, somos galegos, sufrimos Galicia e padecemos en carne propia a periferia, o deleixo e o esquecemento, a par que a orografía, un clima propio e característico e unha longa lista de cousas tanto boas coma malas pero propias de nós, do noso. E moitas delas, a pesares do que nos parezan.

Porque un pode ser ultrafranquista e falar unicamente castelán de Valladolid pero si vive en Ourense vai pasar a mesma calor e o mesmo frio, a mesma humidade ao carón do mesmo río e comendo as mesmas castañas, o mesmo lacón e disfrutando do mesmo Entroido que o resto de galegos. Por outra banda, tamén terá os mesmos problemas, custaralle o mesmo comunicarse co resto do territorio, percibirá a mesma pensión máis baixa que a media nacional e as mesmas dificultades para encontrar emprego ou para chegar a sanidade pública que calquera outro, mentres paga un seguro do coche msi caro que os seus colegas nazis de Madriz. Porque é, aínda que non o desexe, aínda que o pelexe con todas súas forzas, un puñetero galego de Ourense máis. Outro máis deses 2.700.000 galegos que seguen resistindo agora e sempre ao invasor.

Quere esto dicir que debería militar no BNG, facerse anarquista ou marxista (je, je) e axudar ao PSdeG-PSOE cando o precise? Para nada. O que non entendemos a maioría é que ser nacionalista é parte dun proceso introspectivo que é inexorable e ao que están abocados todos e cada un dos que carecen de algo simplemente por ser dun lugar diferente, periférico e lonxano. Simplemente por ser de aquí ou de ala e non ser parte dun todo megalítico que non admite fisuras. E, ademais, nada disto ten absolutamente nada que ver co independentismo, que é só unha parte dun todo político enormemente mais extenso.

Pola mesma regra de tres, en Madriz non entenden que a súa dependencia de nós e de outros moitos territorios perifericos é tan profunda e está chegando tan ao límite que a xente comeza a facerse preguntas do tipo: Por que non se independiza Madrid dos demais e todo arranxado? Fácil, porque non pode. Sen Galicia, sen Extremadura ou sen Castela e Leon en Madrid non habería electricidade nin para o mechero do coche. Sen nós, en Madrid non habería opción a seguir vivindo, nin man de obra barata, nin comida. Galicia exportou a Madrid 34.000 toneladas de alimentos en medio ano. Por resumir, eles nos deben moito máis que nós a eles, é un feito constatable, máis aló das frías cifras da balanza fiscal que afirman que coma aquí hai moito xubilado xeramos moi pouco PIB e damos pouco a “caixa común”. Coma se fora culpa nosa non ter industria e vivir do sector primario. Coma se fora culpa nosa ser un dos principais produtores de enerxía do pais pagando a luz maismáiscara de España, e un dos maiores produtores de comida sá, boa e de calidade da península.

Nacionalismo é so unha palabra. Unha definición de algo que vai máis aló do simple chascarrillo ou da frase para meter medo e provocar que a xente vote en masa a VOX sen saber moi ben por quee. Nacionalista é un xeito de autodefensa, un modo de dar medida e altura a propia vida dun mesmo na súa propia terra e dentro das súas vivencias e tradicións. E nada disto ten que ver con contenedores ardendo en Barcelona, coa TV3 ou con Puigdemont e compañía. Ser nacionalista é unha maneira de sufrir por algo inevitable; nacer aquí.

Logo despois podemos falar de independentismo ... pero para iso imos precisar unha páxina web mais longa e moito tranquimazin.

Outro día.

OUTROS ARTIGOS DE JOSÉ LUÍS LOUZÁN

INFORMES SOCIOECONÓMICOS DE JOSÉ LUÍS LOUZÁN

comentarios