Nunca Xamais
Nunca na historia deste país se dou unha circunstancia coma a actual. Nunca a clase política española tivo miras tan estreitas, tan cortoplacistas e tan autocomplacentes como na actualidade. E nunca a distancia para o entendemento en temas cruciais e estratéxicos como a educación, a cultura ou sanidade foi tan grande. Vivimos o peor momento na historia da dualidade política das ideoloxías no país.
Nin nos peores momentos previos a guerra civil, onde as razóns do odio eran moito mais precisas e viñan identificadas por diferenzas sociais e económicas gravísimas (fame para uns, dispendio para outros e unha división de clases baseada no rancio abolengo dalgunhas familias e non en cartos ou patrimonio), nin nos peores momentos previos o conflito se deu tal división, amosada públicamente no debate económico deste pasado mercares. Zapatero odia a Rajoy, persoalmente, e viceversa, sen asomo de dubida.
E que queredes que diga, me da o mesmo, non e ese o razomento básico da columna de hoxe. Pero nos afecta a todos e o fai de xeito tan grave, tan directo, que incluso na rúa amosa o peor de cada un. Escoito a uns e outros insultarse en publico sen rubor, a Aznar, investido en figura apocalíptica arengando os seus a unha revolución baseada en insultar a outra parte na vez de en propoñer e propoñer e aburrirse de propoñer ata facer visible a inutilidade do contrario.
Convertido en adalid do xusto e do sensato, Rajoy afirmaba catro cousas que o goberno debía facer para comezar a poñer remedio os seus desatinos en materia económica; marcha atrás no da suba do IVE, converta o fondo de 5.000 millóns destinado a unha especie de novo plan E en cartos contantes e soantes cos que os concellos paguen o que deben, destine cartos a axudas directas a PYMES e autónomos. Vale. So un pero. Rajoy sabe, e eu tamén, que cando el chegue a presidente NUNCA lle pasara pola cabeza facer semellantes cousas. Porque si algo hai fácil en política e ver coma o teu rival toma as decisións que ti non te atreverías a tomar. E ver coma a esquerda sube o IVE deixándocho “quentiño” e sen lastres electorais e demasiado goloso. Vamos, que non o cre nin el.
E quedando clara a gravidade da fenda infranqueable, repito, entre uns e outros, o nulo crédito persoal que se profesan o un e o outro, e a penosísima situación na que nos deixa iso a todos, o mais sangrante é a nosa propia desidia. Porque, si alguén é culpable de todo isto seguimos sendo nos. Nós que o amparamos, nós que o jaleamos e nós que eliximos a estes para que fosen protagonistas das nosas vidas a pesar dos pesares.
So nos podemos reconducir todo isto, so nós podemos poñer coto a esta clase de parasitos destrutores de ideas e corruptores de todo canto honrado, san e ilusionante inundaba a vida política española. Nós, que sempre tivemos a ultima palabra somos os únicos responsables do pasou o mercares pola maña no congreso. Asumámolo.
- José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.com).