O asombroso caso da urbanización pantasma
Hai semanas adiantamos que catro persoas moi concretas comían xuntas en Muros, no que para min aparentou unha interesante reunión, a vista de cales eran os comensais da mesa. Un ex-alcalde, un rexedor da mesma vila, un coñecido empresario e un cuarto home. Parece, a vista das novas de prensa desveladas esta semana que a razón da reunión saíu a luz. Pero afondemos na cousa...
Un cambio de goberno implica moito máis que un cambio de nomes e directrices políticas a fronte dun territorio. O cambio producido o 1 de marzo en San Caetano implica que proxectos durmidos esperten, que os que foron “viláns” os últimos catro anos, que aqueles os que se negou calquera proxecto urbanístico por escandaloso e esaxerado pasen agora a ser auténticos promotores de bonanza e crecemento para todos. O que antes era imposible por estar o pé da costa agora é visto como unha oportunidade, o que antes era inviable por necesitar demasiada auga e parecer faraónico, agora podería resultar máis que plausible, e incluso ser unha autentica realidade. Pero aínda máis.../p>
Os que antes parecían interesantes compañeiros de viaxe, factibles socios de goberno que chegaron a regalar a alcaldía a cambio de nada, para promover un dos tempos máis lamentables e disparatados a fronte dun Concello na Costa da Morte, agora perderon todo valor, ó quedar descabezados á fronte da Xunta.
E, o mellor, resulta interesante que quen fora inimigo pase a ser compadre e quen fose rival pase a ser Tenente de Alcalde.... ou de novo alcalde, se nos sae a xogada en Santiago e nos nomean para aquel posto na administración Sanitaria...
Adiviñas, adiviñas... Ouro parece... prata non é...
- José Luis Louzán.