Venres. 19.04.2024
El tiempo
José Luis Louzán
10:59
21/11/08

Terra de miserables

Terra de miserables
As verdades como puños de José Luis Louzán

Resulta que o Concello de Coristanco ven de negarse en pleno celebrado a pasada semana a que unha petición de comunicación por autoestrada entre Berdoias e Bertamirans feita no seu día pola FECOM, e secundada entre outros polo concello de Negreira en pleno, siga adiante. A negativa terá unhas razóns que eu descoñezo pero o único que demostra son dúas cousas. A primeira, que Coristanco, como mantemos moitos dende hai anos non pertence a Costa da Morte e a segunda que os plenos municipais da nosa comunidade autónoma están cheos de ineptos e incapaces. Me explico.

Si a argumentación do pleno de Coristanco, que terá un xentilicio pero eu o ignoro, decidiu negar unha vía de comunicación primordial e indispensable para os que vivimos aquí abaixo por beneficio propio, esa decisión demostra tal grao de mezquindade e papanatismo que perde a razón por ela mesma. Unha vía así é básica para un desenrolo serio e de futuro da nosa comarca e si lle parece mal a Coristanco, a min alo menos me importa un pemento.

Si a negativa chega porque se considera negativamente o proxecto en si, iso demostra unha incapacidade e un grao tal de ineptitude que o que deberían facer as autoridades superiores pasaría, penso eu, pola suspensión do pleno ipso facto, non vaian facerse dano ou danar a alguén, visto que se trata dun perigo claro para os seus administrados e para eles mesmos. Non se pode ser tan corto de miras e retrogrado como este grupo de personaxes, ignorantes sen dubida dos mínimos rudimentos da conservación da poboación e o desenvolvemento de estratexias publicas de axuda a esa poboación.

Tamén pode ser, non o descarto, que se trate dun “favor a terceiros”. En caso tal eu solicitaría que se procedese a denunciar diante da fiscalía a estes individuos, dado que si non están corruptos na actualidade e mais que probable que o estarán a bo seguro nun futuro cercano.

Pasa ademais que o asunto non foi despachado negativamente por unha maioría insensible dun dos dous partidos principais, no, e que resulta que foron PP e PSOE as duas forzas que rexeitaron a proposta. Chegados a este punto un pasa directamente a considerar que xa sabe quen son os pagadores anónimos desta decisión.

Pero si o partido no goberno e o actualmente na oposición non queren conectar a comarca con Compostela so teñen que dicilo. Estaría ben, por exemplo, que a deputada da Costa da Morte do partido no goberno anunciase en rolda de prensa que o seu partido, non digo a ela, lle importa un comiño a bisbarra e que prefiren gastar os cartos noutros lugares, viveiros de votos, mais “produtivos” para os seus intereses.

Polo menos non tería que poñer os concelleiros de Coristanco de testaferros negándose a unha evidencia e quedando de parvos para calquera con dous dedos de fronte.

E si, estou moi enfadado. Tanta tontería as veces farta a calquera.

  • José Luis Louzán.

Comentarios