Venres. 29.03.2024
El tiempo
José Luis Louzán
21:20
20/02/09

Unha chispa de luz no lugar mais aburrido do mundo

Unha chispa de luz no lugar mais aburrido do mundo
As verdades como puños de José Luis Louzán

Non sabia eu hoxe moito de que escribir, mais que nada porque onte foi un día de traballo intenso, moito coche, moito pensar e meditar e a min tanta intensidade non me senta un demo de ben, así que non tiña a cousa moi clara.

Pensaba si tocar o asunto do presidente da Conferencia episcopal, que onte daba as directrices do seu partido nunha comparecencia publica, xa saben, abortistas asasinos, goberno socialista de ateos e descridos e os Domingos nada de traballar, que os nosos estatutos e o noso presidente, o Papa vaia, din que o domingo e para ir os mitines, a misa oh¡, e para pasear ca muller un metro por atrás dun. Pero non, demasiada publicidade para quen fai política sen estar rexistrado no Ministerio de Xustiza como formación de tal cousa.

Pensei tamén en tocar algo do asunto das eleccións pero entre que non me creo dende hai tempo que ese tipo de eventos sirvan para nada mais que para despilfarrar carto publico e para engordar as contas bancarias de publicistas e empresas de marqueting, pois como que o corpo non me daba, que non me pedía guerra un tema así. e na comarca?

Ben, aquí a cousa ben sendo falar do mesmo dende que teño uso de razón, a saber; pero que mal se portan connosco tódalas administracións, que malos son os políticos locais que so están para “chupar” e que pouquiño futuro lle vemos a todo isto, e que si a crisis, que si pecha a fabrica, que si isto que si aquilo... na¡, o mesmo de sempre.

E a ultima hora unha información, un achádego, unha chispa desas que che fai recuperar a fe en que todo xira segundo ti cres que o fai, que todos aqueles elementos que ti afirmar e reafirmas que son os que realmente gobernan na comarca, os verdadeiros poderes fácticos, en verdade articulan un discurso e unhas actividades. Unha luz.

Onte un ex-alcalde, un empresario coñecidísimo na vila que gobernou ese ex-alcalde, o alcalde actual desa vila e unha cuarta persoa que non vou nin a insinuar, comían xuntos en Muros. E falaban de algo tan importante que a súa soa mención nos medios resultaría catastrófica. ¿porque se xuntaron a auga e o aceite?. ¿realmente o alcalde o ex-alcalde se levan tan mal como din en publico?. ¿que pacto de goberno periga na comarca? (si é que periga algún)

Si é que sempre pasa algo o sur do río Grande. Non llo dicía eu.

  • José Luís Louzán.

Comentarios