Xoves. 25.04.2024
El tiempo
José Luis Louzán
14:08
03/06/14

Viva La República!

Viva La República!

A cousa esta das proclamacións ten un certo aire solemne. Penso na proclamación historia da II República nas diferentes cidades tralas municipais do domingo 12 de Abril do 31 (a proclamación chegaba o martes 14) e nas palabras do exilado Alfonso XIII:
“Las elecciones celebradas el domingo me revelan claramente que no tengo hoy el amor de mi pueblo.
Mi conciencia me dice que ese desvío no será definitivo, porque procuré siempre servir a España, puesto el único afán en el interés público hasta en las más críticas coyunturas.
Un rey puede equivocarse, y sin duda erré yo alguna vez; pero sé bien que nuestra patria se mostró en todo tiempo generosa ante las culpas sin malicia.”

Ía ser flor dun día e sen embargo acabou coa monarquía por un prazo de 40 anos.
Cando Franco a rescataba como catarsis da permanencia do seu modelo de goberno nunca pensou que ía durar case 40 anos máis (39 leva Juan Carlos Gobernando). A clave agora está no que se di pero, sobre todo, no que non se di.

Non se di que a Constitución non contempla ningún mecanismo lexítimo para a sucesión. O mecanismo queda a criterio das Cortes de xeito deliberado porque este foi un dos puntos nos que a esquerda comunista na transición non estivo disposta a transixir. Unha cousa era aceptar que esto ía ser unha sorte de monarquía parlamentaria (un oxímoron) e outra moi distinta que ía durar para sempre na lei.

Nós, os que por aquí andamos pagando impostos e sufrindo unha casta política lamentable (con honrosísimas excepcions) estamos en disposición de debater, alo menos, que é exactamente o que queremos que aquí pase. Non se trata de que cambie algo ou non (tranquis, xa sabemos que nada vai cambiar) pero igual é inevitable falar, con argumentos e co peso da razón, de por que a estas alturas un país ¿democrático? non pode decidir si o sistema que o dirixe e estructura políticamente é o mais adecuado para a maioría dos cidadans.

Un referendum aberto a pregunta ¿Monarquía o república? ten dáas vantaxes claras e ningunha pega (alo menos para os “cotizantes”, e dicir, para nos). A primeira; sexa cal sexa o resultado este sería un resultado lexítimo, maioritario (sexa cal sexa a diferencia) e propio da cidadanía legalmente constituida en fonte do dereito de goberno en España. En segundo lugar un referendum liberaría a dubida que deslexitima de base todo o sistema político na actualidade, a saber; que foi un dictador quen marcou as pautas de qué se podía e qué non se podía facer coa xefatura do estado en España.
Foi Franco e ninguen mais quen dixo “Rei” e non “Caudillo” trala morte de Carrero Blanco.
Foi a Franco e non o pobo español a quen en primeira instancia El Rey declarou fidelidade sumisa.
Foi Franco quen nomeou a Juan Carlos, non o pobo Español.

Unha sucesión por vía directa, por “decreto”, “por la gloria de Dios”, etc. dende a figura de Juan Carlos cara a do seu fillo Felipe so fai mais evidente o ninguneo a vontade popular por parte de esa “Casta” que tan molesta se amosaba estes días despois de ser xa totalmente desenmascarada tralo resultado das pasadas europeas.

A casta manda. O fai no goberno, vía PPSOE, o fai na xefatura do destado, vía Borbón. Os cidadans unicamente pagan as facturas, vía impostos e baixo a tutela da policía e as “forzas de seguridade do estado”.

Grandola, vila morena. Terra da fraternidade.

Lecturas

Verdades

As Verdades como puños de José Luís Louzán

Fonte

Comentarios