Venres. 03.05.2024
El tiempo

30 novos adestradores diplomados na Costa

30 novos adestradores diplomados na Costa
Corredoira nunha clase do curso de adestradores de Dumbria

Chegou ao seu final a primeira edición do Curso de Monitor de Fútbol Base para os adestradores do Fútbol da Costa, e 30 dos 36 inscritos alcanzaron o diploma correspondente ao superar satisfactoriamente a súa presenza e o seu traballo nos tres meses de clase nas fenomenais instalacións que o Concello de Dumbría ten en "O Conco", contando os profesores das diferentes asignaturas coa inestimable colaboración dos membros do corpo técnico dos diferentes equipos do Dumbría CF, clube do que, ademais varios dos seus técnicos e xogadores realizaron o curso obtendo o diploma.

Os técnicos procedentes de diferentes localidades da Costa, como Fisterra, Carnota, Lira, Coristanco, Santa Comba e outras moitas zonas gozaron dunhas clases teórico-prácticas impartidas polos diferentes profesores das asignaturas, nove en total, e traballaron de lo lindo para poder obter o diploma que lles permitirá dirixir equipos de prebenxamíns a cadetes (locais en cadetes e infantís), e ábrelles as portas a realizar os diferentes cursos de adestrador que vén desenvolvendo a Escola Galega de Adestradores, dependente da Federación Galega de Fútbol, cada tempada futbolística.

O director da Escola, Manuel Mosquera, técnico do Laracha de Terceira División, foi o encargado de entregar os diplomas aos novos técnicos, estando acompañado por o coordinador do curso, Miguel Filgueira, que ao mesmo tempo foi o profesor das asignaturas de Técnica e Psicoloxía.

Xunto con Miguel impartieron a docencia Xabier Rodríguez Campos, profesor de Regras de Xogo; Ambrosio Orons, que impartió Preparación Física, Metodoloxía e Medicina Deportiva, e o que escribe, Manolo Corredoira, que foi o encargado de impartir as asignaturas de Táctica, Dirección de Equipos e Reglamentación Deportiva.

Moitas horas de traballo e estudo que ao final tiveron como recompensa o diploma, quedando pendentes catro deles de completar os seus estudos no segundo curso, nas asignaturas que non puideron realizar por mor de problemas profesionais, o cal xa está tomando forma para ser convocado nos próximos días e que, probablemente, comece a finais do próximo mes de xaneiro, e que é moi posible celébrese en Santa Comba, nas instalacións que o Concello xalleiro ten na súa localidade.

Para os técnicos das zonas de Carballo, Mazaricos, A Baña, Outes, Zas, Ponteceso, Corme, etc..., aos que se lles facía complicado poder desprazarse a Dumbría, poden ter a oportunidade de realizar este segundo curso académico, probablemente o último deste ano deportivo 2013-14 para a zona da Costa.

Cómpre recordar que a partir da tempada vindeira, case con toda seguridade e logo dos dous cursos, sexa necesario ter este diploma para poder exercer como técnicos nos equipos de base do fútbol territorial, pois ao mesmo tempo vénse desenvolvendo en diferentes zonas de Galicia para que todos teñan a oportunidade de realizalos e obter o mesmo.

Para ser convocado, o número mínimo de inscritos requirido é de 20, e tanto a Escola Galega de Adestradores como os clubs da Costa esperan superar ese número de inscritos sen maior problema, como sucedeu no clausurado en Dumbría.

Unha gran iniciativa da Escola Galega que está sendo compartida polos alumnos inscritos no Curso e que, sen dúbida, redundará na mellora do noso técnicos e, sobre todo, na calidade dos adestramentos para os novos futbolistas.

  • Manuel A. González Corredoira, Entrenador Nacional Nivel 3 de Fútbol e Director Deportivo pola RFEF, e actual adestrador do Castriz.

Novas relacionadas

Máis artigos de Corredoira

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios