Venres. 03.05.2024
El tiempo

A por outra fornada de adestradores diplomados

A por outra fornada de adestradores diplomados
Mesa de presentacion do Curso de Adestradores de Santa Comba

Xa estamos ás portas de iniciar o segundo curso de monitor para todos aqueles que teñan ilusión por aprender e mellorar os seus aspectos como adestradores nos equipos de base da zona da Costa. Nesta ocasión será Santa Comba onde se desenvolverá, durante os próximos tres meses, de febreiro a maio, o curso de monitor, unha vez clausurado, a finais do pasado ano, o celebrado con notable éxito de asistencia o de Dumbría.

O vindeiro luns, ás 20:00h da tarde, será presentación e o inicio do mesmo (o prazo está aberto ata o propio acto de presentación enviando un correo a [email protected]), estando presentes na xornada inicial o director da Escola Galega de Adestradores, Manuel Mosquera, así como o coordinador nesta zona, Miguel Filgueira, así como o alcalde de Santa Comba, Antonio Landeira, que darán o pistoletazo de saída ao mesmo.

Nove asignaturas compoñen o temario do curso, e serán impartidas por técnicos de nivel 3, licenciados en Educación Física e o profesor de Regras de Xogo do Comité Técnico de Árbitros e Escola Galega de Adestradores. Xornadas de dúas horas e media a tres horas, durante as cales os alumnos traballarán intensamente para mellorar e perfeccionar os seus coñecementos e lograr a titulación de Monitor de Fútbol Base.

A día de hoxe, a unha semana do inicio do curso, xa son 20 os inscritos, aínda que é de esperar que se alcancen os 30 ó 35 alumnos, como xa sucedeu en Dumbría, e que ao final do mesmo haxa máis de 60 titulados na zona da Costa que poderán desenvolver os coñecementos adquiridos nos difrentes equipos de fútbol base dos clubs costeiros.

Unha mellora importante, sen dúbida, e un labor excelente que vén desenvolvendo a Escola Galega de Adestradores por toda Galicia, pois cada día son máis os cursos de monitor que están celebrándose en diferentes zonas de Galciia, levando os coñecementos a adestradores e persoas que non poden realizalos nas sedes centrais e necesitan de sedes máis cercanasa os seus lugares de residencia.

É de esperar que nos próximos días as inscripciones vaian aumentando paulatinamente, pois o fútbol da Costa necesita de adestradores cada vez máis preparados para a compicada e bonito labor de ensinar e mellorar aos nenos, que son os futbolistas do futuro.

  • Manuel A. González Corredoira, Entrenador Nacional Nivel 3 de Fútbol e Director Deportivo pola RFEF, e actual adestrador do Castriz.

Novas relacionadas

Máis artigos de Corredoira

Fonte

Comentarios