Ao norte das Malvinas
09:12 08/01/18
Estou decepcionado. Pensei que os arxentinos aprenderan a respectarse. Quero dicir que é lóxico pensar que logo de sacarse de encima aos milicos da seita videliana terían unha visión máis clara do horizonte. Bueno, falleille feo, che. Equivoqueime. Quizais por ser fana dos “Rojos” e incha a matar da acolledora anfitriona doña República Arxentina. Os galegos de Fisterra somos os menos preparados para aguantar ataduras que che deixan indefenso cando os ventos sopran en contra. Somos mariñeiros testarudos. No noso oficio o mar é un compañeiro de fatigas. Non é un adversario. Non é un inimigo. Estou acá abaixo porque o meu barco mercante de transporte Illa dos Estados foi torpedeado, na noite, pola fragata HMS Alacrity en flagrante violación do dereito internacional.
Aínda que a miña vida terrenal como Manuel Olveira Traba cortouse aquel 10 de maio de 1982 tratei de seguir os acontecementos diarios na miña segunda patria ao estar alí a miña familia. Téñoos sempre comigo. Recordo o ilusionado que estaba cando cheguei a Lanús con 23 anos. Malia a distancia sigo mantendo no nariz aquel delicioso olorcito do asado estival nas parrillas do querido Finisterre en Florencio Varela. As instalacións recreativas foron bautizadas co nome de Ara Solis en homenaxe ao promontorio pétreo que se eleva no cabo como unha barreira que amaina os máis fortes temporais. En todos os barrios de Avellaneda respirábase esperanza. O laburo permitíache aforrar uns pesos para comprar un terreo onde levantar a casa para os pichones arxentinos. Eramos unha gran familia. Axudabámonos. Riámonos xuntos. A palabra depresión non estaba no noso vocabulario.
Véxoos con cara de sorpresa. É evidente que están abatidos e descolocados. Úneos unha dor común pero con diferente carga emotiva sobre o sucedido. Hai dous grupos claros. Queren que sinale aos votantes de Macri? As miradas non enganan. Acá abaixo tiven tempo para analizar un pouco o comportamento da clase media porteña nos últimos 30 anos. Antes se cinchaba para progresar. Agora coa adhesión de moitos cidadáns á seita macricida substitúese o esforzo polo desprezo aos que están peor que nós. O que se envelenou coa pichicata do Gordosorete convértese en adorador sumiso dos exportadores de soia que son millonarios porque tiveron sorte. Teño a certeza de que varios de vostedes repetían a insensatez (é dicir, pelotudez, para que entendan) de que ao sacarlle os impostos favorécese as exportacións.
Sento moito que sexa esta tráxica circunstancia a que nos reuniu. Agora é tarde para arrepentirse pero esta ofensa do goberno abriralle os ollos ás vosas familias. Infórmolles de que se abandonou a procura porque non queren recoñecer de que o submarino participaba nunhas manobras ou exercicios militares conxuntos con terceiros países sen a pertinente autorización parlamentaria. Para maior desgracia vosa, xusto alcánzaos un torpedo da Royal Navy. Si os saca de acá descóbrese a gran foda. Morreron como consecuencia de meter a gamba nas urnas. Elixiron a un ex contrabandista con intereses coimeros asociados ao escuro Lewis na Patagonia. Impórtalle un carallo as vidas de 43 mariñeiros e unha mariñeira. Vostedes son parte dos graxa aínda que voten en contra dos graxa. Quizais algún xustifique o asasinato de Santiago Maldonado.
Espero que o sacrificio non sexa ao pedo. Quero dicir que o sufrimento das familias sirva para abrirlle os ollos. Espero que non se resignen e que non digan, compunxidos, que foi obra do destino. O autor da vosa traxedia ten nome e apelido. Por certo, fai uns días estivo acá cerquita, en Neuquén. Viño a descansar logo dun ano repleto de activa asquerosidade macrista. Déixoos meditando. Pídolles que presten atención á seguinte frase do poeta francés René Char: Vivir é obstinarse en consumar un recordo. Ata a próxima reunión mándolles os deberes, non obligatorios, de analizar o que di Char. O que o desexe comentará sobre o significado. Se cadra logramos emocionarnos en hermandad ao recordar o amor, a familia ou a paisaxe que marcou a nosa infancia. Chau, tenente Eliana e demais tripulantes do ARA San Juan. Vémonos a semana que vén.
- Manuel Suárez Suárez.
Outros artigos dende Lonxe de Montevideo
- A nosa lareira espiritual en Bos Aires.
- As cartas do Avó Pascasio: O afundimento na inmoralidade.
- Na beira montevideana do Río da Prata.
- As cartas do Avó Pascasio: A garrafa que custaba vinte pesos.
- Viva o moi honorable Centro Galego de Bos Aires!.
- As cartas do avó Pascasio: Ao servizo da Macri Famiglia.
- As cartas do avó Pascasio: Anda que che cure Lemus!.
- As cartas do Avó Pascasio: O territorio ancestral dos mapuches.
- Tabaré e Lucía;
- As cartas do Avó Pascasio: Un secuestrador de apelido Macri.
- As Cartas do Avó Pascasio: O moi indigno goberno macrista.
- As cartas do avó Pascasio: As píldoras macristas son antidemocráticas.
- As cartas do Avó Pascasio: A crueldade do goberno neoliberal macrista.
- O veleno macrista no Centro Galego de Bos Aires.
- As cartas do avó Pascasio: Que me estás contando?.
- As cartas do avó Pascasio: Aplausos fortes para o gobernador de San Luís!.
- As cartas do avó Pascasio: Macri defraudou á cidadanía arxentina.
- As cartas do avó Pascasio; Unha para todos no medio da cancha.
- As cartas do avó Pascasio: En San Martín de Ándelos.
- As Cartas do Avó Pascasio: Aplausos para o gobernador gayego de San Luís!.
- As Cartas do Avó Pascasio: Sempre fixen o que debín
- O regreso da Illa do Tesouro.
- As cartas do Avó Pascasio: Unha afronta que debe ser denunciada.
- As cartas do Avó Pascasio: Os sangüichitos da malcritud.
- Desde o 2 de maio de 1907 en Bos Aires.
- As cartas do avó Pascasio: The Oxford Union.
- As cartas do Avó Pascasio: A soia é un Poroto.
- As Cartas do Avó Pascasio: O hospital dos emigrantes galegos en Bos Aires.
- Imos a Montevideo!.
- As cartas do Avó Pascasio: Unha proposta para o ministro arxentino de Saúde.
- As cartas do Avó Pascasio: Dúas ducias de ñoquis macristas.
- As cartas do Avó Pascasio: Quero falarche do Centro Galego de Bos Aires.
- Imos a Montevideo!.
- O glorioso Centro Galego de Bos Aires.
- As cartas do Avó Pascasio: Un mercenario no Banco da Nación Arxentina.
- As cartas do Avó Pascasio: Unha camioneta para o alegre “sojerito” exportador.
- As cartas do Avó Pascasio: Unha carta para Giulianno Sorettini.
- As Cartas do avó Pascasio: Os aires acondicionados.
- As cartas do avó Pascasio: Alalá de Morazón.
- O ingreso do Tato da Valiña na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Unha bolsiña con castañas de Galicia.
- As cartas do avó Pascasio: Aqueles que votaron en contra propia.
- As Cartas do Avó Pascasio: Unha esmola de don Mauricio.
- As cartas do avó Pascasio: Don Hipólito, cen anos despois.
- O noso benquerido Centro Galego de Bos Aires.
- As Cartas do Avó Pascasio: O indigno réxime macricida.
- Agrandouse o Uruguay!.
- As cartas do Avó Pascasio: Clínica Sanitaria do Globo Amarelo.
- As cartas do Avó Pascasio: O que non podes facer na Arxentina.
- As cartas do avó Pascasio: Un angustioso caso de cornudismo macricida.
- Gol de Peñarol!.
- As cartas do Avó Pascasio: O gran traidor na catedral de Etchemiadzin.
- O milagre de Tandil.
- As cartas do Avó Pascasio: A concha da Shell.
- As Cartas do Avó Pascasio: Sen asado na grella e sen pan no forno.
- As cartas do Avó Pascasio: O complexo de dona Florinda.
- As Cartas do Avó Pascasio: Unha alegre grasita coloreada.
- As Cartas do Avó Pascasio: O saqueo do réxime macricida.
- As Cartas do Avó Pascasio: A aporofobia do réxime macricida.
- Un moi lixeiro mecánico dental.
- As cartas do Avó Pascasio: Hai algo que non pecha.
- As Cartas do Avó Pascasio: O regreso de Alberto Manguel.
- A familia Batán do Mosquetín.
- A Banda Oriental é un bastión de benestar.
- As cartas do Avó Pascasio: Unha cancha moi enlamada.
- As cartas do Avó Pascasio: Un bo vaso de viño tinto.
- As cartas do avó Pascasio: Unha changuita para Inés.
- As cartas do Avó Pascasio: A dieta macricida prohibe o asado.
- As cartas do avó Pascasio: O macriquilombo instálase na República Arxentina.
- Isabel, a noiva “gayega” de Carlos Gardel.
- Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- As cartas do avó Pascasio: A nacionalización do Centro Galego de Bos Aires.
- Sr. Jorge Daniel Lemus: Ministro de Saúde da nación Arxentina e fillo duns emigrantes de Cereixo.
- A dieta macricida do globo amarelo.
- A marcha atrás tamén é un cambio.
- As cartas do Avó Pascasio: Una quintita en Avellaneda.
- Non somos pedras.
- As Cartas do Avó Pascasio: Un erro pódese convertir nun horror.
- Eu tamén son fisterrán!.
- As cartas do Avó Pascasio: Unha petición para o presidente Scioli.
- As cartas do Avó Pascasio: Non coman a curva!.
- As cartas do Avó Pascasio: Imos con Daniel da Villa Crespo.
- As Cartas do Avó Pascasio: Non foi maxia pero foi máxico.
- As cartas do avó Pascasio: “Milonga de aquí”.
- Unha linda primavera aurinegra!.
- Un golazo de Cristina!.
- As cartas do Avó Pascasio: Unha ovella negra no poder.
- A auga é vida.
- A moi garimosa República Arxentina.
- As cartas do avó Pascasio: Homenaxe a Amelita Baltar.
- As cartas do Avó Pascasio: O valor dunha neta de Cuntis.
- As cartas do Avó Pascasio: Unha balea azul na Avenida Sarmiento.
- As cartas do Avó Pascasio: O repouso do “Centrojás”.
- As cartas do Avó Pascasio: A almendra no aquelarre.
- As cartas do Avó Pascasio: “Volverei e serei millóns.
- Gol de Galeano!.
- As cartas do Avó Pascasio: O tren que move aos arxentinos.
- As cartas do Avó Pascasio: Un país de novela.
- O segundo mandato do “gayego” Vázquez.
- As cartas do Avó Pascasio: No corazón dos arxentinos.
- As cartas do Avó Pascasio: Non me toquen a Cristina!.
- As cartas do avó Pascasio: Os nosos herdeiros son arxentinos.
- JE SUIS Centro Galego de Bos Aires.
- As cartas do Avó Pascasio: O Centro Galego da Habana.
- Dona Diáspora na Habana.
- As cartas do avó Pascasio: Os avós que laburamos de albañiles.
- Don Tabaré, presidente electo dos uruguaio.
- O médico de La Teja.
- No paraíso dos paraísos.
- Forza Centro Galego de Bos Aires!.
- Un “hornero” chamado Tabaré.
- Carlos Penelas en Compostela.
- Dona Calandria Fernández e don Voitre Singer.
- A desaparición do Centro Galego de Bos Aires.
- Dona Diáspora viaxa ata San Isidro de Curuguatí.
- Un adeus garimoso para un amigo da Costa da Morte.
- Dona Diáspora nas beiras do Chamangá.
- Dona Diáspora na cidade uruguaia de Melo.
- San Gardel de Tacuarembó.
- Dona Diáspora na rambla de Piriápolis.
- Un fogón artiguista en Madrid.
- As Cartas do Avó Pascasio: Os neopiratas á abordaxe de Galicia.
- As cartas do avó Pascasio: O “Clan do Clarinete” perdeu a partitura:
- As cartas do Avó Pascasio: O caldo galego sempre vén ben.
- O poema e a canción.
- As cartas do Avó Pascasio: A boa saúde do cine arxentino.
- O retorno de Lucía.
- As cartas do avó Pascasio. Unha “Queimada Solidaria” no Centro Galego de Bos Aires.
- As cartas do avó Pascasio: Os números cantan.
- As cartas do avó Pascasio. No barrio montevideano de La Teja.
- Hai que aprender do goberno arxentino!.
- As cartas do Avó Pascasio: Lembras a Burgueño?.
- Consuelo e Susana: unha mesma emoción emigrante en Bos Aires.
- As cartas do Avó Pascasio: O vindeiro xoves 25 de xullo.
- As cartas do avó Pascasio: Unha querella en Madrid.
- As cartas do avó Pascasio: Aplausos para a pontevedresa Ángeles Ruibal.
- O novo Centro Galego de Bos Aires.
- A alegría porteña dunha emigrante de Vila de Cruces.
- As cartas do avó Pascasio. Un interventor con sensibilidade galega.
- Unha loitadora emigrante de Vimianzo en Montevideo.
- As cartas do avó Pascasio. Adeus peixes, adeus leite.
- Volvemos ao Río da Prata.
- As cartas do avó Pascasio: Os neo-filibusteros atacan Pescanova.
- A “Suprema Inxustiza” da impunidade.
- Unha conversa na mámoa de dona Pedra da Arca.
- Unha carta ao Dr. La Blunda [Interventor do Centro Galego de Bos Aires].
- As cartas do Avó Pascasio: Un heroico mariñeiro de Fisterra.
- Dona Diáspora en Borneiro.
- Dona Diáspora en Baíñas.
- As cartas do avó Pascasio: Esperando ós Reis Magos.
- As cartas do avó Pascasio: Unha visita á Casa de Galicia de Montevideo.
- As cartas do avó Pascasio: Aprender dos erros.
- As cartas do avó Pascasio: En busca dos millóns perdidos.
- As cartas do Avó Pascasio: Un fogar común na esquina de Belgrano e Pasco.
- Aquel neno da montaña leonesa de Villamanín.
- As cartas do Avó Pascasio: Enganchados ao carro arxentino.
- As cartas do avó Pascasio: A nosa moeda son os pesos arxentinos.
- As cartas do avó Pascasio: Os nosos carballos.
- As cartas do avó Pascasio: Viñemos para sementar.
- Os españois apretan o cinto.
- O ingreso de dona Balbina na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Uruguai abre o camiño para a derrota dos narcotraficantes.
- Forza Elba!.
- Aos moi prezados dirixentes de entidades galegas na Emigración.
- Unha muller no temón do Centro Galego de Bos Aires.
- A urxencia dunha solución para o Centro Galego de Bos Aires.
- Adeus, egrexio mestre Cordeiro Monteagudo.
- Forza Centro Galego de Bos Aires!.
- Graciñas, prezada Arxentina!.
- Sempre con Arxentina!.
- Berremos forte: forza Centro Galego de Bos Aires!.
- A forza dunha neta da parroquia de Bamiro Montevideo.
- O noso embaixador honorario en Bos Aires.
- O fungueiro de Bartolomé Hidalgo.
- Tres galegos da Costa da Morte en terras montevideanas.
- O hórreo do presidente Mujica.
- “La Juvenil” de Bos Aires e “Casa Cruz” de Baio.
- Forza Adolfo!.
- Dona Diáspora busca traballo en Montevideo.
- Galicia, entre Piriápolis e Tacuarembó.
- An Oriant, graciñas.
- Os mesmos sentimentos emigrantes en Bos Aires.
- Un rapaz solidario chamado Martiño.
- A maleta montevideana de dona Diáspora.
- A maleta arxentina de dona Diáspora.
- A forza dos Penedos de Pasarela.
- Dona Diáspora nas beiras do Río da Prata.
- En Bos Aires, unha romería solidaria.
- A páxina emigrante dunha gaiteira montevideana.
- Sempre na Habana!..
- Imos camiño da Habana?.
- O exilio de don Voto Perdido.
- A nosa herdanza na Habana.
- O futuro do Centro Galego de Bos Aires.
- As tres palabras que perderon os emigrantes.
- Unhas garimosas apertas de dona Diáspora.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).