As cartas do avó Pascasio; Unha para todos no medio da cancha
14:01 26/06/17
Moi querida neta Cristina:
Antes de falar do teu esperado retorno á cancha política arxentina, enlamada polos patadura do Macri Fútbol Club, quéroche contar o que sucedeu cando chegou a millonaria Ernestina. É habitual ao ver no taboleiro de anuncios que ingresará alguén coñecido ou famoso ou da familia que a barra de avós emigrantes se achegue á Porta Celestial. Na entrada, a man dereita, recíbeche San Pedro que é o encargado da identificación e distribución dos residentes. A recentemente chegada escoitou o seu nome e o lugar de procedencia e deu un paso cara a nós pero San Pedro freouna con estas palabras: A vostede, doña Ernestina, estana esperando co forno quentiño. Así poderá redimirse dunha vida terrenal plagada de faltas e graves pecados. Non se preocupe polos comentarios xa que seguramente nas páxinas do "Clarinete" informarán de que se atopa no paraíso rodeada de anxeliños que lle cantan fermosas cancións relixiosas.
Agora ímonos á cancha de Arsenal de Sarandí. Ti sabes que naquel barrio viven moitos gayegos ao ser Avellaneda o lugar do mundo con maior concentración de emigrantes nosos. Puidemos verte, escoitarte e aplaudirte grazas ao intendente Ferraresi que tivo a xentileza de transmitir en directo desde a Radio Pública de Avellaneda. Estiveches magnífica. Encantounos a sinxela posta en escea. Verte sobre un tapete celeste emocionounos e escoitarte dicir que viñas "como unha máis, a poñer o corpo e o corazón". En Sarandí nace Unidade Cidadá, un movemento esperanzador que volverá recuperar a dignidade para todos os arxentinos. É algo novo. Hai que superar as vellas politiquerías baratas para saír do ataque neoliberal que está deixando á nosa querida segunda patria na lona. Á fronte vas ti. Es a máis forte pola túa gran nobreza.
As túas palabras enchen de esperanza a millóns de cidadáns que anhelan repoñerche na Casa Rosada. Fuches moi clara: Quero volver ser parte dun movemento político onde o importante é o pobo, onde o importante son os que sofren, os que necesitan, os comerciantes que teñen que levantar a persiana todos os días, os empresarios que teñen que darlle traballo aos traballadores e poder pagarlles; isto é a Arxentina que queremos, isto é UNIDADE CIDADÁ. Nas túas palabras hai cordura e sensatez. Móveste ao compás dos problemas actuais ao ter posta a mirada na agresión neoliberal. Estás decidida a poñerlle "un imprescindible freo ao neoliberalismo" mentres outros políticos divagan sobre as persoas (se es alta ou baixa ou tingues o pelo ou tes un bolso de Dior) e nunca fan referencia ás causas do roubo macrista á poboación.
O actual goberno é de terror pero segue habendo xente que confía en Macri. É aos inxenuos aos que debemos de integrar en Unidade Cidadá. Sempre en positivo dixeches que "o insulto e o agravio deixar a eles" e agregaches que se debe de poñer a enerxía en "organizarnos polo desemprego, as tarifas, a débeda". Para o xornalista Juan Santiago García o teu foi "unha clase en vivo de política sen spots, nin teleprompter: parada no medio da cancha, contando os problemas reais, con persoas reais". O acto no "Día da Bandeira" elévache á máis alta potencia xa que a túa forza sae da honestidade que transmites en cada palabra, en cada xesto. Creo que os sucios mercenarios difamadores da mafia mediática están asustados. Enterráronche. Agora terán que seguir ao pé da letra as ordes inmorais do "Capo do Clarinete" para intentar que non sigas crecendo en apoio popular. Imos con Cristina da Fonsagrada!
Despídome. Non quero perderme o ensaio de Carlos Núñez no mosteiro de Oseira. O noso gaitero máis internacional é un neto agradecido ao esforzo emigrante. Quérenos deleitar cun adianto do concerto acústico que terá lugar neste emblemático monumento da arte medieval cisterciense o 28 de xullo. Recibe o agarimo do avó fonsagradino que cada día veche máis preto de retomar o timón da moi xenerosa República Arxentina.
- PASCASIO FERNÁNDEZ GÓMEZ.
- Manuel Suárez Suárez.
Outros artigos dende Lonxe de Montevideo
- As cartas do avó Pascasio: En San Martín de Ándelos.
- As Cartas do Avó Pascasio: Aplausos para o gobernador gayego de San Luís!.
- As Cartas do Avó Pascasio: Sempre fixen o que debín
- O regreso da Illa do Tesouro.
- As cartas do Avó Pascasio: Unha afronta que debe ser denunciada.
- As cartas do Avó Pascasio: Os sangüichitos da malcritud.
- Desde o 2 de maio de 1907 en Bos Aires.
- As cartas do avó Pascasio: The Oxford Union.
- As cartas do Avó Pascasio: A soia é un Poroto.
- As Cartas do Avó Pascasio: O hospital dos emigrantes galegos en Bos Aires.
- Imos a Montevideo!.
- As cartas do Avó Pascasio: Unha proposta para o ministro arxentino de Saúde.
- As cartas do Avó Pascasio: Dúas ducias de ñoquis macristas.
- As cartas do Avó Pascasio: Quero falarche do Centro Galego de Bos Aires.
- Imos a Montevideo!.
- O glorioso Centro Galego de Bos Aires.
- As cartas do Avó Pascasio: Un mercenario no Banco da Nación Arxentina.
- As cartas do Avó Pascasio: Unha camioneta para o alegre “sojerito” exportador.
- As cartas do Avó Pascasio: Unha carta para Giulianno Sorettini.
- As Cartas do avó Pascasio: Os aires acondicionados.
- As cartas do avó Pascasio: Alalá de Morazón.
- O ingreso do Tato da Valiña na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Unha bolsiña con castañas de Galicia.
- As cartas do avó Pascasio: Aqueles que votaron en contra propia.
- As Cartas do Avó Pascasio: Unha esmola de don Mauricio.
- As cartas do avó Pascasio: Don Hipólito, cen anos despois.
- O noso benquerido Centro Galego de Bos Aires.
- As Cartas do Avó Pascasio: O indigno réxime macricida.
- Agrandouse o Uruguay!.
- As cartas do Avó Pascasio: Clínica Sanitaria do Globo Amarelo.
- As cartas do Avó Pascasio: O que non podes facer na Arxentina.
- As cartas do avó Pascasio: Un angustioso caso de cornudismo macricida.
- Gol de Peñarol!.
- As cartas do Avó Pascasio: O gran traidor na catedral de Etchemiadzin.
- O milagre de Tandil.
- As cartas do Avó Pascasio: A concha da Shell.
- As Cartas do Avó Pascasio: Sen asado na grella e sen pan no forno.
- As cartas do Avó Pascasio: O complexo de dona Florinda.
- As Cartas do Avó Pascasio: Unha alegre grasita coloreada.
- As Cartas do Avó Pascasio: O saqueo do réxime macricida.
- As Cartas do Avó Pascasio: A aporofobia do réxime macricida.
- Un moi lixeiro mecánico dental.
- As cartas do Avó Pascasio: Hai algo que non pecha.
- As Cartas do Avó Pascasio: O regreso de Alberto Manguel.
- A familia Batán do Mosquetín.
- A Banda Oriental é un bastión de benestar.
- As cartas do Avó Pascasio: Unha cancha moi enlamada.
- As cartas do Avó Pascasio: Un bo vaso de viño tinto.
- As cartas do avó Pascasio: Unha changuita para Inés.
- As cartas do Avó Pascasio: A dieta macricida prohibe o asado.
- As cartas do avó Pascasio: O macriquilombo instálase na República Arxentina.
- Isabel, a noiva “gayega” de Carlos Gardel.
- Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- As cartas do avó Pascasio: A nacionalización do Centro Galego de Bos Aires.
- Sr. Jorge Daniel Lemus: Ministro de Saúde da nación Arxentina e fillo duns emigrantes de Cereixo.
- A dieta macricida do globo amarelo.
- A marcha atrás tamén é un cambio.
- As cartas do Avó Pascasio: Una quintita en Avellaneda.
- Non somos pedras.
- As Cartas do Avó Pascasio: Un erro pódese convertir nun horror.
- Eu tamén son fisterrán!.
- As cartas do Avó Pascasio: Unha petición para o presidente Scioli.
- As cartas do Avó Pascasio: Non coman a curva!.
- As cartas do Avó Pascasio: Imos con Daniel da Villa Crespo.
- As Cartas do Avó Pascasio: Non foi maxia pero foi máxico.
- As cartas do avó Pascasio: “Milonga de aquí”.
- Unha linda primavera aurinegra!.
- Un golazo de Cristina!.
- As cartas do Avó Pascasio: Unha ovella negra no poder.
- A auga é vida.
- A moi garimosa República Arxentina.
- As cartas do avó Pascasio: Homenaxe a Amelita Baltar.
- As cartas do Avó Pascasio: O valor dunha neta de Cuntis.
- As cartas do Avó Pascasio: Unha balea azul na Avenida Sarmiento.
- As cartas do Avó Pascasio: O repouso do “Centrojás”.
- As cartas do Avó Pascasio: A almendra no aquelarre.
- As cartas do Avó Pascasio: “Volverei e serei millóns.
- Gol de Galeano!.
- As cartas do Avó Pascasio: O tren que move aos arxentinos.
- As cartas do Avó Pascasio: Un país de novela.
- O segundo mandato do “gayego” Vázquez.
- As cartas do Avó Pascasio: No corazón dos arxentinos.
- As cartas do Avó Pascasio: Non me toquen a Cristina!.
- As cartas do avó Pascasio: Os nosos herdeiros son arxentinos.
- JE SUIS Centro Galego de Bos Aires.
- As cartas do Avó Pascasio: O Centro Galego da Habana.
- Dona Diáspora na Habana.
- As cartas do avó Pascasio: Os avós que laburamos de albañiles.
- Don Tabaré, presidente electo dos uruguaio.
- O médico de La Teja.
- No paraíso dos paraísos.
- Forza Centro Galego de Bos Aires!.
- Un “hornero” chamado Tabaré.
- Carlos Penelas en Compostela.
- Dona Calandria Fernández e don Voitre Singer.
- A desaparición do Centro Galego de Bos Aires.
- Dona Diáspora viaxa ata San Isidro de Curuguatí.
- Un adeus garimoso para un amigo da Costa da Morte.
- Dona Diáspora nas beiras do Chamangá.
- Dona Diáspora na cidade uruguaia de Melo.
- San Gardel de Tacuarembó.
- Dona Diáspora na rambla de Piriápolis.
- Un fogón artiguista en Madrid.
- As Cartas do Avó Pascasio: Os neopiratas á abordaxe de Galicia.
- As cartas do avó Pascasio: O “Clan do Clarinete” perdeu a partitura:
- As cartas do Avó Pascasio: O caldo galego sempre vén ben.
- O poema e a canción.
- As cartas do Avó Pascasio: A boa saúde do cine arxentino.
- O retorno de Lucía.
- As cartas do avó Pascasio. Unha “Queimada Solidaria” no Centro Galego de Bos Aires.
- As cartas do avó Pascasio: Os números cantan.
- As cartas do avó Pascasio. No barrio montevideano de La Teja.
- Hai que aprender do goberno arxentino!.
- As cartas do Avó Pascasio: Lembras a Burgueño?.
- Consuelo e Susana: unha mesma emoción emigrante en Bos Aires.
- As cartas do Avó Pascasio: O vindeiro xoves 25 de xullo.
- As cartas do avó Pascasio: Unha querella en Madrid.
- As cartas do avó Pascasio: Aplausos para a pontevedresa Ángeles Ruibal.
- O novo Centro Galego de Bos Aires.
- A alegría porteña dunha emigrante de Vila de Cruces.
- As cartas do avó Pascasio. Un interventor con sensibilidade galega.
- Unha loitadora emigrante de Vimianzo en Montevideo.
- As cartas do avó Pascasio. Adeus peixes, adeus leite.
- Volvemos ao Río da Prata.
- As cartas do avó Pascasio: Os neo-filibusteros atacan Pescanova.
- A “Suprema Inxustiza” da impunidade.
- Unha conversa na mámoa de dona Pedra da Arca.
- Unha carta ao Dr. La Blunda [Interventor do Centro Galego de Bos Aires].
- As cartas do Avó Pascasio: Un heroico mariñeiro de Fisterra.
- Dona Diáspora en Borneiro.
- Dona Diáspora en Baíñas.
- As cartas do avó Pascasio: Esperando ós Reis Magos.
- As cartas do avó Pascasio: Unha visita á Casa de Galicia de Montevideo.
- As cartas do avó Pascasio: Aprender dos erros.
- As cartas do avó Pascasio: En busca dos millóns perdidos.
- As cartas do Avó Pascasio: Un fogar común na esquina de Belgrano e Pasco.
- Aquel neno da montaña leonesa de Villamanín.
- As cartas do Avó Pascasio: Enganchados ao carro arxentino.
- As cartas do avó Pascasio: A nosa moeda son os pesos arxentinos.
- As cartas do avó Pascasio: Os nosos carballos.
- As cartas do avó Pascasio: Viñemos para sementar.
- Os españois apretan o cinto.
- O ingreso de dona Balbina na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Uruguai abre o camiño para a derrota dos narcotraficantes.
- Forza Elba!.
- Aos moi prezados dirixentes de entidades galegas na Emigración.
- Unha muller no temón do Centro Galego de Bos Aires.
- A urxencia dunha solución para o Centro Galego de Bos Aires.
- Adeus, egrexio mestre Cordeiro Monteagudo.
- Forza Centro Galego de Bos Aires!.
- Graciñas, prezada Arxentina!.
- Sempre con Arxentina!.
- Berremos forte: forza Centro Galego de Bos Aires!.
- A forza dunha neta da parroquia de Bamiro Montevideo.
- O noso embaixador honorario en Bos Aires.
- O fungueiro de Bartolomé Hidalgo.
- Tres galegos da Costa da Morte en terras montevideanas.
- O hórreo do presidente Mujica.
- “La Juvenil” de Bos Aires e “Casa Cruz” de Baio.
- Forza Adolfo!.
- Dona Diáspora busca traballo en Montevideo.
- Galicia, entre Piriápolis e Tacuarembó.
- An Oriant, graciñas.
- Os mesmos sentimentos emigrantes en Bos Aires.
- Un rapaz solidario chamado Martiño.
- A maleta montevideana de dona Diáspora.
- A maleta arxentina de dona Diáspora.
- A forza dos Penedos de Pasarela.
- Dona Diáspora nas beiras do Río da Prata.
- En Bos Aires, unha romería solidaria.
- A páxina emigrante dunha gaiteira montevideana.
- Sempre na Habana!..
- Imos camiño da Habana?.
- O exilio de don Voto Perdido.
- A nosa herdanza na Habana.
- O futuro do Centro Galego de Bos Aires.
- As tres palabras que perderon os emigrantes.
- Unhas garimosas apertas de dona Diáspora.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).