Venres. 26.04.2024
El tiempo
Manuel Varela
13:24
17/06/15

Dous cadetes nas semifinais da Copa da Costa

Dous cadetes nas semifinais da Copa da Costa
Samuel do Corme e David Dourado do Sofan dous cadetes nas semis da Copa da costa 2015

Fai nada competindo na Liga Cadete e o domingo pasado xogando unha semifinal da Copa da Costa: esa é a historia de dous rapaces, Samuel Costa e David Dourado, unidos por unha afección desmesurada ó fútbol e por un destino que parecen querer compartir.

Os dous son dianteiros: Dourado, máis potente e contundente cara a gol; Samuel, máis rápido e técnico.

O rapaz do Corme é unha das maiores promesas xurdidas nos últimos anos no fútbol costeiro. Aínda cadete de primeiro ano xa leva tempo deslumbrando. Os que o puidemos ver o ano pasado na liga infantil xa disfrutamos do seu dúctil fútbol, e este ano na liga cadete saiuse do mapa. Levou ó seu equipo ó título anotando a friolera cifra de 37 goles en 21 partidos.

O caso de Dourado é diferente. O rapaz é un rebelde, un talento natural sen pulir. A súa tempada foi un camiño cheo de espiñas. O cadete da Sd foi o colista do grupo costeiro, pero David anotou ainda así 16 tantos en 19 partidos, e chamou a atención do mister Josito, que en navidades o convocou para un amigable co Laracha. Velo baterse cos experimentados centrais laracheses fixo que o míster o incorporara ós adestramentos do primeiro equipo.

Ambos están a ser noticia no Torneo copeiro: levan cada un 2 tantos anotados e están a un paso da finalísima. Con 15 aniños poden facer realidade un soño que moitos futbolistas de máis de 30 quererían para eles.

E teñen algo que os une, e seguro que os unirá para sempre: unha eterna sonrisa nos beizos, e unha ansia infantil por xogar e disfrutar do fútbol. A pesar de que a vida non sempre se portou ben con eles, cando saen a un campo de fútbol todo queda atrás. Como debe de ser. Moito teremos que aprender destes rapaces, nos tempos de tonterías escritas nas redes sociais, e rivalidades levadas ó ridículo, que quedan en nada ante as miserias e as marabillas da vida. E para min, unha das últimas marabillas vistas no fútbol costeiro son estes dous rapaces correndo detrás dun balón sen máis intención que a de celebrar con todas as súas forzas un gol.

Novas relacionadas

Comentarios