O Plan Competicional e a Liga á carta
16:04 29/07/11
Un dos temas que máis debate vén xerando nos últimos meses, o cambio de Plan Competicional no fútbol galego, tivo o seu desenlace o día 23 de xullo na Asamblea da Federación Galega. Como estaba cantado, a parte máis polémica do Plan, e que afectaba directamente ós clubes costeiros, saiu adiante. Aínda que está falado e máis que falado, resumirei un pouco como queda a situación.
- Para a tempada que empeza, a 2011/2012:
- Preferente. 20 equipos, 2 ascensos, 4 descensos.
- 1ª Autonómica. 18 equipos, 2 ascensos, 2 descensos. Non haberá arrastres de Preferente.
- 2ª Autonómica. 18 equipos, 2 ascensos, 2 descensos. Os ascensos dependen dos equipos que fagan falta para completar a 1ª autonómica do ano seguinte.
- 3ª Autonómica. 16 equipos, 3 ascensos.
- Para a tempada seguinte, a 2012/2013:
- Preferente. 18 equipos, 2 ascensos, 4 descensos.
- 1ª Autonómica Costa/Barbanza/Santiago. 18 equipos, 2 ascensos, 4 descensos.
- 2ª Autonómica. 18 equipos, 2 ascensos (ata completar 18 equipos da 1ª), 1 descenso.
- 3ª Autonómica. Os equipos que se presenten, 3 ascensos.
- Manuel Varela ([email protected]).
Máis novas
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).