Domingo. 15.09.2019
El tiempo
Marisol Soneira
11:51
13/02/19

A manifa para "Salvar España": Un tiro no pé... do PP

A manifa para "Salvar España": Un tiro no pé... do PP

Quen pense que o Partido Popular convocou aos seus militantes e simpatizantes a manifestarse contra o “felón” Sánchez, está moi equivocado. Pablo Casado convocou a manifestarse para “salvar España” media hora despois de que os teletipos difundiran o chamamento que, previamente, fixera Rivera, presidente de Ciudadanos,  polas cesións que, segundo el, Pedro Sánchez fixera aos separatistas cataláns.  É, pois, unha competición que roza a histeria por ver quen a ten mais grande nun nicho  electoral que, ate non fai moito, era patrimonio exclusivo do PP pero que hoxe ten que compartir con ciudadanos e con VOX, ámbolos dous fillos putativos do Partido.

Quen gañou e quen perdeu o domingo, nesta irresponsable convocatoria de quen, tendo grupo parlamentario propio nas Cortes Xerais, da un salto cualitativo sen precedentes para obviar ás institucións e levar o debate político á rúa? 

Pois está claro o principal perdedor é o propio Partido Popular. Primeiro porque, aínda sendo unha manifestación con moitos miles de persoas, non é o que agardaban. Foron moitos, é certo, pero puxeron o listón tan alto que, ao non cumprirse as expectativas, a sensación de derrota fíltrase de xeito evidente. E coma se o Madrid ou o Barça quedan segundos ou terceiros na liga: sempre sabe a fracaso porque saen sempre a ser campións. 

O segundo perdedor é Ciudadanos e moi particularmente Rivera. Esa foto finiss do acto sabe a fel amargo para quen entrou na política nacional coa imaxe de frescura dunha dereita “civilizada” e moderna. “Case” socialdemócratas, segundo chegou a proclamar. A sombra de Abascal compartindo foto sepultou esa imaxe e, de ser certo o adianto electoral nos próximos meses, estará moi fresca na memoria do electorado.

Gañou Pedro Sánchez porque, aínda xestionando o seu goberno dun xeito pésimo a súa política de distensión cos independentistas e, particularmente, con ese personaxe incualificable que hoxe preside a Generalitat  por control remoto, viu como os seus adversarios entraban nunha guerra de insultos, mentiras e sobreactuacións mais propias de Maduro que de dirixentes dun país europeo plenamente democrático. Cada insulto contra Sánchez, polo esaxerados, desproporcionados e irreais, volveuse en contra de quen os profería.

E hai un gañador por goleada: VOX. Sen baixar do autobús levouse o partido de calle. Non ten grupo parlamentario pero os finos estrategas do PP e de Ciudadanos puxeron os medios, os recursos e o capital político de que dispoñen o servicio do señor Abascal e das súa organización de extrema dereita. Para estudiar nas facultades de ciencia política no futuro. 

Tema a parte merece a actuación de Alberto Núñez Feijoo, a quen esta manifa non lle gustou nunca pero que tivo que tragar porque si. O Señor Presidente da Xunta de Galicia tiña unha axenda no exterior que foi moi criticada pola oposición parlamentaria galaica. El replicou que viaxaba para proxectar Galicia no exterior e acadar negocio e oportunidades para este Noso País. Agora ben, cando en Génova lle advertiron de que a súa ausencia en Madrid, manifestándose contra o “felón” Pedro Sánchez, sería moi mal vista pola nova dirección do PP nacional, abandonou a proxección exterior de Galicia e foise á Plaza de Colón a defender os intereses electorais do seu partido e deixando de lado a proxección internacional da vella Galaecia. Mentres tanto, nas rúas compostelás, varios miles de galegos clamaban contra as deficiencias e degradación da sanidade pública que é, por lei e competencias, responsabilidade do Presidente da Xunta de Galicia. Supoño que a estas horas, o Noso Presidente, aínda se estará preguntando “que fixen eu para merecer isto”?

O mais lamentable de todo é que, nesta patética historia, a gran perdedora é a política como forma de solucionar problemas e non de crealos. 

comentarios