Luns. 26.08.2019
El tiempo
Marisol Soneira
09:27
28/03/19

As Primarias derivan en Cesarismo

As Primarias derivan en Cesarismo

As coñecidas como eleccións primarias, copiando a denominación norteamericana que non o modelo, naceron como un mecanismo para dotar á militancia dós partidos políticos da capacidade de escoller directamente ao seu líder sen intermediación de ningún órgano intermedio.

As primarias en Europa non teñen nada que ver coas americanas. A primeira diferencia estriba en que aquí é unha decisión voluntaria de cada un dos partidos. Algúns teñen primarias e outros non, polo que as regras de xogo nin son iguais para todos nin xe xogan coas mesmas regras: cada partido establece as súas propias normas. A segunda diferencia é que, nas primarias de Estados Unidos, todo aquel que queira participar pode inscribirse para tomar parte no proceso, polo que a base social é amplísima e carente da endogamia que caracteriza ás primarias que coñecemos aquí, circunscritas exclusivamente á militancia. 

O modelo clásico de partidos en España e Europa é unha organización fortemente estratificada con varios niveis de responsabilidade que van converxendo nunha pirámide onde, na cúspide, está o líder. Este líder, ate non fai moito na maioría dos partidos, era escollido nos congresos onde, tamén, se establecían os principios programáticos e ideolóxicos. A demanda de democracia directa das bases, levou a un modelo onde a selección do liderado é encomendado en exclusiva a un reducido número de persoas que militan na formación política. E os procedementos para facela efectiva é tan variopinta como formacións política optaron polo modelo: voto directo en furna, voto electrónico, etc.

Pero ningún partido renunciou á súa estrutura tradicional de niveis locais, provinciais, autonómicos e nacionais. Algúns incluso incorporan a división comarcal. Diante do modelo de primarias establécese unha guerra de lexitimidades: unha que emana dos órganos tradicionais e outra do voto directo da militancia. Ámbolos dous lexítimos e ámbolos dous democráticos.

O curioso do caso é que estamos vendo como un proceso que nace profundamente democrático, acaba por converterse, en moitos casos,  nunha guerra civil orgánica onde non se fan prisioneiros e mesmo se tiran ao caixón do lixo os principios democráticos que deron orixe ás propias primarias. Noutros casos, como desgraciadamente vemos de observar recentemente, as direccións recorren a prácticas moi pouco edificantes para sacar adiante a candidatura do candidato que interesa aínda que estas sexan claramente antidemocráticas e mesmo ilegais en moitos casos.

O curioso do caso é que, quen sae electo nun proceso de primarias, acaba derivando nun poder practicamente absoluto por canto os órganos de control dos partidos quedan moi debilitados ante a apelación constante á militancia. Este fenómeno leva a excluír, na práctica, a todo adversario orgánico tanto nos procesos internos como na conformación das listas. Estámolo vendo con Casado que laminou ao PP marianista, ou con Pedro Sánchez que fixo o mesmo co PSOE susanista. Pero igualmente pasou en Podemos, que dou lugar a escisións múltiples, e está pasando, aínda que de xeito mais solapado, en Ciudadanos.

O resultado final é que nunca uns dirixentes políticos tiveron tanto poder ao fronte dás súas organizacións, e tan pouco nivel de aceptación popular si temos que facerlle caso as enquisas. Resulta curioso, por outro lado, as apelacións que tódolos líderes fagan chamamentos a unidade e a solidariedade polo ben de España pero que non sexan capaces de practicala nas súas liortas orgánicas con compañeiros de partido.

Pero xa o dicía Giulio Andreotti: “Hai amigos íntimos, amigos, conocidos, adversarios, inimigos, inimigos mortais e... compañeiros de partido”.

  • Marisol Soneira. Ex vicepresidenta do Parlamento Galego; ex Portavoz da área de emigración do Grupo Parlamentario Socialista; ex Secretaria de Movementos Migratorios da CENG do PSdeG-PSOE; ex concelleira; ex deputada. Camariñá.

 

 

Outros Artigos de Marisol Soneira

 

comentarios