Novos testemuños do franquismo de Eugenio López López

Esta semana principiou o novo curso escolar 2017 / 2018 e a cidadanía democrática aínda está na obriga de aturar que o CEIP Eugenio López de Cee continúe a honrar a memoria dun destacado dirixente que sempre estivo na elite dos cadros do ditador Francisco Franco, como xa denunciamos hai ano e medio na nosa primeira colaboración no dixital Que Pasa na Costa.
Naquela altura exhumamos documentación sobre o seu nomeamento como «Director General de Enseñanza Primaria» no que se revelaban todos os seus antecedentes de militancia na administración franquista desde os anos sesenta, cando xa era responsable da Delegación Nacional del Frente de Juventudes.
O seu curriculum de servizo ao franquismo é enorme e prolongouse ata a súa última hora. Nesta nova colaboración exhumamos novos datos sobre esa colaboración co réxime, para escarnio e vergonza das e dos concelleiros da corporación de Cee que se opuxeron ao cambio de nome do colexio público, mais tamén para vergonza allea das persoas responsables desta área na Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Desta volta escollín dous acontecementos da súa biografía que amosan ben ás claras o seu afervoado compromiso coa causa franquista e que están moi separados no tempo, para que a diacronía sexa testemuña de que esa filiación e esa entrega entusiasta ao réxime nunca minguou.
O primeiro documento data do 13 de xanerio de 1957 e foi tirado da hemeroteca dixital do diario madrileño ABC, que desde hai algúns anos ofrece acceso libre a toda a súa colección a través desta ligazón: http://hemeroteca.abc.es/

A imaxe que reproducimos correspóndese a unha noticia breve intitulada «CONCESIÓN DE CONDECORACIONES» e o seu primeiro parágrafo sinala:
«Por un decreto de la Jefatura del Estado, que publicó ayer el Boletín Oficial, se concede la Encomienda sencilla de la Orden Imperial del Yugo y las Flechas a los señores D. Luis Martínez de la Ossa, D. José Aguilar Espinosa, D. Guzmán Zamorano Ruiz, D. Ciríaco Elvira, D. Pedro Godoy, D. Antonio Avendaño Porrúa, D. Antonio Rodríguez, D. Juan Ramírez Filosia, don Leonardo Albert Espí y D. Eugenio López López.»

O segundo testemuño documental, ben afastado no tempo, é do domingo 18 de xullo de 1971, data que conmemoraba o Alzamiento Nacional, ou o que é o mesmo o golpe militar contra a democrática II República, e está extraído do Diario Oficial del Ministerio del Ejército, ano LXXXII, nº 160. (Tomo III, páx. 273-274) que na sección «DECRETOS» sinala:
«En atención a los méritos y circunstancias que concurren en don Eugenio López y López,
Vengo en concederle a propuesta del Ministro del Ejército, la Gran Cruz de la Orden del Mérito Militar, con distintivo blanco.
Así lo dispongo por el presente Decreto, dado en Madrid a diecisiete de julio de mil novecientos setenta y uno.
FRANCISCO FRANCO
El Ministro del Ejército
Juan Castañón de Mena.»
De 1957 a 1971 Eugenio López recibe dúas condecoracións do réxime franquista. Toda a súa vida de entrega xenerosa nestes testemuños que demostran, máis unha vez, o seu colaboracionismo coa ditadura. A Lei da Memoria Histórica segue a ser papel mollado en Cee. Alemaña ou Italia nunca permitirían que un cadro dirixente do nazismo de Hitler e do fascismo de Mussolini gozasen dun recoñecemento público e menos aínda nun colexio onde se debería formar e educar en valores democráticos.
- Miro Villar, ceense Doutor en Teoría da Literatura e Literatura Comparada, é profesor de lingua e literatura galegas, ademais de poeta, narrador, tradutor e crítico literario en diversas revistas e publicacións periódicas. Autor do blog As crebas.
Artigos de Miro Villar en QPC
- A romaxe da Barca desde a emigración bonaerense:
- A fundación en Bos Aires do xermolo da «Asociación Benéfica Cultural del Partido de Corcubión» e a unificación coa «Sociedad Cultural y Agraria del Distrito de Mugía».
- Feros Corvos, 1 (Inverno de 1997). A revista do Batallón Literario da Costa da Morte.
- Tres sonetos de Antón Zapata García no Día de Galiza do ano 1947.
- A Costa da Morte en Nova Ardentía. Revista Galega de Cultura Marítima e Fluvial.
- Efeméride: No 80 aniversario da publicación de «Na morte de Lexandro Bóveda» de Antón Zapata García.
- Efeméride: No 64 aniversario do pasamento do poeta Antón Zapata García.
- Os artigos literarios de Baldomero Cores no diario vespertino La Noche.
- Nemancos (1953-1954), a revista dirixida por Baldomero Cores Trasmonte.
- «O pino de Corcubión» en dous poemas de Xervasio Paz Lestón.
- Paco Souto, in memoriam.
- Efémeride: No 139 aniversario do natalicio de Gonzalo López Abente.
- El Eco de Mugía (1902-1904). No 115 aniversario dunha cabeceira da prensa costeira
- “A relixión do mar”, de Xosé Iglesias Lamela.
- Efeméride: 120 anos do naufraxio do «City of Agra» e un poema de Antón Zapata García.
- “O pino de Corcubión”, un poema de López Abente.
- Nos 80 anos (1936-2016) dun decembro negro na Costa da Morte.
- O naufraxio do HMS Serpent na novela Cadeas (Premio Xerais 2013) de Xabier López.
- Emigración e antifranquismo na poesía de Xervasio Paz Lestón (23/10/1898 – 1977).
- No trinta aniversario do colectivo de poesía «Un Medio» de Cee.
- «A Virxe d’a Barca», un poema de Juan Bautista Armada Losada, Marqués de Figueroa editado en 1917.
- Coplas populares na nosa lingua no Programa de Festas de Cee, agosto de 1952.
- Adagio por outono.
- A xeira do Seminario de Estudos Galegos en 1936 a Fisterra.
- «Saúde e Terra, irmá(n)s!». Exposición conmemorativa do Centenario das Irmandades da Fala (1916 – 2016).
- A vinte anos I Encontro de Escritores e Escritoras da Costa da Morte, primeira actividade do Batallón Literario.
- O poeta maltés Stephen Cachia critica o peche temporal do Museo da Pesca de Fisterra.
- No natalicio do escritor emigrante muxián Victorino Abente Lago.
- A Costa da Morte: poesía e paisaxe nos textos de Manuel María (III).
- A Costa da Morte: poesía e paisaxe nos textos de Manuel María (II).
- A Costa da Morte: poesía e paisaxe nos textos de Manuel María (I).
- Ceés / Ceesa e outras propostas filolóxicas polémicas en Xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega.
- Os neofranquistas de Cee non queren mudar o nome do colexio público Eugenio López.
Novas relacionadas
- O Batallón Literario da Costa da Morte revive na rede.
- De pescos a montañeses. Os verdadeiros xentilicios da Costa da Morte.
- Os versos de Miro Villar musicados en clave indie.
- Miro Villar, un contacontos de primeira.
- Miro Villar espallou os seus haikus do Finisterrae Bretón pola costa ártabra.
- Miro Villar rebélase na charca da poesía para nenos.
- As Crebas de Miro Villar premiado como o Mellor Blogue Literario pola AELG.
- Miro Villar explica por que rexeita o Faro Nerio.
- Miro Villar: Estranxeiro na súa patria.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).