Venres. 26.04.2024
El tiempo
Nando Lestón
00:18
17/05/23

Letras

Umha lingua é máis que umha obra de arte;é matriz inesgotavel de obras de arte.

Castelao.

Hoxe é dia día das Letras Galegas. Pasado tamén, pero non tanto.

O sábado poucos se acordarán de que a fala e a escrita infantil e xuvenil en galego é todo ano. Xa quedan poucos. Gracias Feijoo, ata Fraga tiña máis luces.

Os grandes imos tirando, falamos o que nos deixaron falar no recreo e na casa. A lingua Nai faise na casa, por elo é Nai.

Na escola arreaban á man esquerda para que os zurdos escribiran ca dereita. Paletos odiadores que descuidaron a simpleza de que todo é esquerdo e dereito,sen posibilidade de escoller.

Eran tan católicos que se pasaron a deus polo forro,os curas tamén,case todos falaban castelán e a misa tamén a daban “en ese idioma del que usted me habla”.

Na escola coruñesa de Zalaeta había, na aula da miña filla, vinteseis nenas e nenos, só dous, a os tres anos e medio, falaban galego. A nosa filla e un rapaz de Camelle que vivía o exilio coruñés xunto con sua nai e seu pai (COMA NÓS).

Os catro anos xa falaban un perpetuo castelán. Gracias Feijoo, ata o campo de fúbol de Lombáns ten máis luces.

Pero a semente estaba prendida e á rapaza só lle fixeron falta dez anos para que volvera ao rego galego. Dez anos logo pasan...

A incultura e certo síndrome de estocolmo por tempos pasados dou en parir odiadores do galego, dunha fala milenaria da que muita xente se avergonza... ata fai pouco na telegaita decían,como en castela... Sanchencho... e eu, no sofá da miña casa, partíame a caixa do peito.

En fin, mestres, curas, médicos e avogados falaban castelán, así que, como dicía miña nai, ”serán xente importante, pois mira que ben falan”.

Familias enteiras falanlle a os fillos en castelán, co galego non vas a ningún sitio,dín.

Seguro que non pasan da porta da sua casa. Como muito á taberna.

Acabaremos todos falando chinés e inglés. Ou o Babelio. Que manía ten a xente de inventar idiomas.

Cortázar amaba a nosa lingua e Lorca tamén. Pero xa están mortos.

Eu falo galego e castelán, asegún se poña o conto.

En Madrí, desembarcou o bus do Prestixe na estación.Fomos á cafetería. Unha chica Sudamericana permitiuse o luxo de decir que tiñamos un acento mui feo; a indíxena iba sobrada,Madrí xa era libre daquela,agora non che digo... Acabará sendo a rotonda de Hespaña.

Aínda lembro cando a miña filla dixo por primeira vez papá ou mamá en galego, di-se igual que en castelán, pero en galego soa diferente.

Unha dependenta dunha pastelería non me entendía cando lle pedía “tres galletas de chocolate e “dúas” de vainilla”. Non entendía “dúas”.

Unha señora na porta do hospital cas luces acendidas do seu coche, non me entendía cando lle decía que apagara “as” luces, non entendía “as”.

En fin, nin se entende nin se quere entender, a dependenta só levaba uito anos na Curuña. Non lle dou tempo ou... falta de oído?

Gracias Feijoo, ata o meu coche ten máis luces.

Un paleto non é aquel que non sabe, se non aquel que non quere saber.

Agora está en Madrí, xa tardou; agora cando o escuito na tele ten un acento ourensán que fai as miñas delicias... que va... é mentira. Non ten acento... nin en galego nin en castelán. Non ten pátria, nin lugar nin paisaxe. É un patriota de sí mismo.

Xa que na Vida estades de paso, de paso enredades ca nosa lingua que é tan útil e tan bonita, se non máis, que as outras.

Non podo deixar de pensar que a miña Patria, Galicia, non ten complexos, pero os galegos, non estou tan seguro.

Toda a Costa da Morte, a cada dez pasos, cambia de acento,de música, pero ao chegar a Fisterra, perdón, Finisterre, ”la cosa cambia un poco”. Seguro que de tanto oílo e decilo, acabaron crendo que realmente era a fin do mundo... vai ser que non.

Non sei ben como chamarvos, se fisterráns ou finisterráns... ou as dúas cousas.

Se fora polo que ofrecemos, vento, madeira, pedra, peixe de todo tipo, marisco e percebes, pulpo e navallas que se comen en Madrí, ourizos que van para o Xapón, carne, leite, mexillóns, ovos, polo de Laíño e repolos de Betanzos... deberiamos ser, como somos, Universales. A vaca dí MUUUU en galego, pintamonas.

Xa se iso... outro día falamos da vida ou de algo máis importante, iso sí, na taberna, que é onde se arranxan os asuntos.

FELíS DIA DAS LETRAS... A TODOS MENOS ÓS LETRADOS... QUE TEN MUITA LETRA.

  • Nando Lestón. Artista, pintor e escultor que vive en Carnota.
 

MÁIS ARTIGOS DE NANDO LESTÓN EN QPC

 

Comentarios