Martes. 16.04.2024
El tiempo
Óscar de Souto
06:26
16/02/17

A nosa sangue celeste

A nosa sangue celeste
En tempos de Sir William Wallace aconteceu que o derradeiro Rei Gaélico Sir Robert de Bruce consegue unificar as nacións celtas das illas británicas cunha carta de invocación á Raza Celta que cumpliría lexítimamente as profecías do famoso mago Merlín.   Merlín, aquel druída alquimista que, influenciado cecáis polas súas pócimas alucinóxenas, (ou a saber que fumaría), advertirá da futura chegada dun gran monarca que unificaría as tribus gaélicas baixo un gran único exército. E asi foi, no ano 1375 os seis mil soldados escoceses e irlandeses seguindo ó Rei Robert de Bruce derrotaron heróicamente os doce mil soldados do Imperio Anglo-normando de Eduardo I (“o cabroncete”). Mais a pesares de vencer naquela sanguenta contenda, o certo é que, foron os ingleses os que se impuxeron finalmente como caudillos daquelas terras do norte que colonizaron os celtas castrexos da marca Breogán, posiblemente, dende a Costa Ártrabra do Prior ferrolán. Coma sempre o mito e a realidade dánse a man grazas a ciencia moderna que, mediante probas de ADN, confirman que a expansión dos celtas en Europa foi de Sur a Norte e ademáis por mar, pois partiu inicialmente dalgún punto da costeira noroeste da galia dos Kallaicoi, e dicir, dende o noroeste de Galicia chegaron a Inglaterra e despois a Francia Bretona. Unha costa a nosa que hoxe en día está uns doce kilómetros terra adentro grazas a acción do mar e dos ventos (erosión) e a constante subida do nivel mariño. Mais ollando ó Norte dende as Illas Sisargas (Malpica) ainda se pode divisar, hoxe en día, unha terra ó outro lado do mar, en días claros, si, a terra que ollou Ith (o fillo de Breogán) era, por suposto, con total exactitude o Prior ferrolán. Mais dende as correntes da Costa Ártrabra poideron aproveitar o fluxo cántabro para acadar o paraiso dos celtas que estivo sempre alén do mar, asi o contan as lendas e asi o confirman os científicos, arqueólogos e antropólogos modernos. As Illas británicas que outrora foron dominio de bárbaros, elfos, xigantes, monstruos e tamén dos nosos benqueridos parentes, os celtas, que forxaron unha cultura e unhas tradicións que seguen ainda vivas tanto en Irlanda, Escocia como tamén na costa da Bretaña francesa, o segundo finisterrae da vella Europa. Ademais das cores azul e verde, a gaita, os follados e as crepes, feiras, rapas e curros, cruceiros e meigas, berros secos e pandereitas, pero tamén exportamos a nosa tradición milenaria de atracar hortas e saquear cuadras para aumentar o número de bestas para pagar dotes as máis fermosas mozas da volta. E xa sen o noso idioma común, o gaélico, seguimos con somellanzas na música e nas tradicións, unidos forever por lazos de sangue das nacións do mar, atlántes arios celtas, que practicamos, ainda hoxe, as nosas particulares guerras de guerrillas e seguimos divididos en pequenas tribus agardando sempre por ese gran caudillo máxico que unifique a raza máis dividida da historia da humanidade para que un día a bretaña dos galos, a berganta galaica e a gran bretaña dos galeses sexamos aquela única “b” que roubaba bestas para mercar belezas e aquela única G de Galia deses galos que sempre procuramos paraísos alén do mar.

Outros artigos de Óscar de Souto

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios