Mércores. 01.04.2020
El tiempo
Óscar de Souto
13:18
15/07/15

O rescate das gafas vermellas

O rescate das gafas vermellas
polbo con gafas

A causa máis común de naufraxio de gafas de sol é o clásico despiste tonto de ollar para o mar coas lentes instaladas no pelo. Ante o afundimento dun obxeto tan persoal só queda agardar polo desenlace das tarefas de rescate das gafas do poeta.

O desafortunado suceso aconteceu fronte a lonxa da vila de Laxe pola mañán cedo, nun día de verán, deste xullo tan caluroso, rachando aquela calma relativa do peirao de Portozás, a fermosa xoia da coroa da nosa vila morena. O instinto empurroume a abordar un barco de cerco, coma se un pirata quixese tomalo control da nave, un deses barcos de cerco que ainda quedan neste mar asediado, para poder coller prestado un trueiro na proa coa intención manifesta de pescudar polo fondo do mar na procura dese tesouro mariño… xa propiedade do Atlántico.

Nada, nin rastro, algún pulpo simpático, pensei. Ata soñei con ese pulpo risitas paseando pola beira da praia coas miñas gafas vermellas decorando o seu cabezón esponxoso. Máis aconteceu axiña o milagre inesperado porque os héroes salgados asexaban dende as contornas aquela maniobra arriscada de intentar desesperadamente atopar unhas simples gafas vermellas. Si, deinas por perdidas, e marchei triste para a casa, imaxinando o pulpo gafotas escarallándose de risa.

Pero chegoume un aviso:

Un dos patróns de Laxe ten as túas gafas de sol na súa casa. Rescatáronchas.


Xusto onde a Virxe do Carmen saca do mar milagrosamente os naufragos mariñeiros tódolos anos, ali, nese mesmo recuncho, perante da Cruz Vermella, a operación de rescate concluiu con éxito. As gafas do poeta están xa en terra firme.

Medre o mar… e viva a nosa xente mariñeira!!!

  • Óscar de Souto, pintor de follas en branco e autor de Trece Poemas.

Outros artigos de Óscar de Souto

Novas relacionadas

Fonte

comentarios