Turismo de cantimplora

Rematouse aquel tempo de centoladas apoteósicas e percebadas de muy señor nuestro. O novo turista deste mes de xuño trae cámara dixital, pantalóns de boy scout e cantimplora incluida. Traen tantos cartos para gastar que nin sequera van pola autopista por seas caso acaban na bancarrota. De momento os pisos seguen sen alugar e os restaurantes das nosas Comarcas están rezándolle a San Antonio bendito para que o milagre aconteza axiña e a abalancha de visitantes de carteira alegre salve unha campaña desastrosa que amiaza co peche dos derradeiros locais familiares que, a trancas e barrancas, foron capeando o vendabal, ata o momento, por pura subsistencia.
Nestas datas o anuncio do Goberno de Madrid amiazando que vai meter man dura na contabilidade da hostelería galega non causou, a priori, moito asombro, máis se a teoría se converte en práctica, con total seguridade, o peche definitivo de bares e mesóns será un feito antes deste mesmo nadal. Xa fai algúns anos que o sector está permanentemente afogado en vida por todo tipo de taxas abusivas que impiden a proliferación de negocios pequenos nas vilas e pobos de todo o País. Eu son dos que opino que o principio de dignidade que recolle a Constitución debería ser algo máis que un texto decorativo e a exención fiscal tiña que ser para o pequeno comercio familiar e non para as grandes fortunas e para os comerciantes chineses, e logo os nosos?
Pode ser que os grandes defraudadores e as mafias teñan moitos máis cartos e, por iso, sucedan estas inxustizas, tan ilóxicas, que tanto sufrimento causan, e seguirán causando, máis, desta volta, falamos xa da supervivencia das maiorías, e xa sabedes todos… cando derrubas a fundación e os pilares dunha casa… o normal e que se desplome todo xunto, cecáis sexa o que pretenden. Porque isto é como estar no cumio dun pino e teu cuñado coa motoserra cortando nel, como para animalo!!!!
- Óscar de Souto, pintor de follas en branco e autor de Trece Poemas.
Outros artigos de Óscar de Souto
- Os lobos feroces.
- En Laxe… os meniños escoitan cisnes.
- O Día das Letras… sen letras.
- Agora que as nosas casas son as casas do mar.
- Sen corpo para festas.
- Os timadores da bombona.
- Porcos e pienso.
- Alén dos nosos mares atlánticos.
- Con rumbo a porto esperanza.
- Crónica dunha morte anunciada.
- De vacacións a Suiza.
- Os laboratorios do verso.
- As nosas Rosalías.
- Esa amante secreta de Eduardo Pondal.
- O Dolmen de Dombate e o raio vermello do Solsticio de inverno.
- A envexa dos anxos e das prumas.
- Antón Borrazás, apagouse a túa luz.
- A cousa de Dombate… a debate.
Novas relacionadas
- Nova poesía para as ondas de radiONeria e Radio Roncudo con Óscar de Souto.
- Cabaneses que espallan cultura.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).