Vínculos indestrutibles
09:01 06/09/17
O noso territorio costamorteño é claramente unha comunidade xenuina, fachendosa de si mesma, e cunha idiosincrasia propia, arraigada, case coma se fose un País dentro dun País dentro de outro País. Como unha matrioshka rusa. E os vínculos atlánticos indestructibles que forxaron as autoestradas salgadas do noso pasado mariñeiro vencellaron para sempre a: Corme (república independente), Laxe, Soneira, Xallas e Fisterra, trazando unha vella Patria sentimental con capital no Gran Sol. Esta Comarca Costamorteña é profundamente disímil de Bergantiños ou a Costa Ártabra ou calqueroutro territorio galaico. Diferencias fondas na nosa toponimia de orixen gaélica, acento, sustantivos distintivos, tradicións endémicas, carácter, raza, xenética, historia e moitas outras particularidades que sentencian unha indudable condición de territorio comunitario propio, que racha esas fronteiras invisibles que trazaron no mapa, xa que esta Patria Pequena, que é a nosa Costa, é máis un sentimento que ningunha outra cuestión.
A Comunicación e o voluntariado: chaves do progreso
Rudolf Chistoph Eucken, filósofo alemán, gañou o premio nobel de literatura no 1908 sentenciando a idea do activismo solidario pola comunidade como unha necesidade da humanidade para poder prosperar. E foron estas ideas europeas as que influenciaron os nosos rexionalistas do século pasado para crear unha autonomía propia onde gran parte de toda aquela loita foi voluntaria e moi comprometida (ata dar incluso a propia vida loitando por un futuro mellor para todos nós). Mais temos que indicar que no presente suspendemos en varias asignaturas fundamentais como son lectura e comunicación. (Xa non afondo en emprego, industria e outras, pois xa se nos escapa un pouco das nosas posibilidades reais de trocar aspectos sociais importantes).
E no tocante a comunicación eu sinto unha honra persoal moi satisfactoria por ter a sorte de formar parte do amplio clube dos colaboradores voluntarios no noso xornal dixital, o quepasanacosta. Un medio que cumple xa unha década. Unha xanela cibernética onde o vento das novas sopla coa valentía e a virtude desa redacción como carta de navegación e ronsel para esa longa travesía polos mares da información sempre veraz e contrastada. Era para a nosa Terra necesario, como o pan de cada día, e só podemos desexar que cumpla moitos máis e que nunca cambie. Só a unión nos fará fortes. E este humilde pequeno gran xornal, ceibe e plural, serve incuestionablemente a esta transcendental causa común de alumear coma un faro nesta longuísima noite na Costa mais viva que vin na miña vida.
Parabéns o Quepasanacosta e medre a nosa Patria Pequena.
- Óscar de Souto, pintor de follas en branco e autor de Trece Poemas.
Outros artigos de Óscar de Souto
- Turismofobia: Cando o turismo é negativo.
- Caso Dunas de Laxe.
- A esencia das novidades.
- 17 de maio: Crónica dunha gran desfeita.
- Peregrinos de Autopista.
- A nosa sangue celeste.
- Descende o paro na Costa Morta.
- A creatividade costeira… florece na primavera.
- Mar de Fábula falará co mar nos coídos do Touriñán.
- O verdadeiros donos da Casa Republicana do Concello de Cabana.
- Buscando tesouros na praia de Laxe.
- A morte da Costa da Morte.
- Todos fomos ese neno labrego de Neira Vilas.
- Unha de cal e unha de area.
- Obscenidade, sexo e poesía.
- O Raio Vermello de Dombate.
- #12do12ás12: Galicia…. en pé de guerra.
- Con Laxe no punto de mira.
- Esta nosa Costa do Solpor.
- Brúan as vacas en Fisterra.
- A maxia dos sons ocultos.
- Carta aos amigos da radio libre.
- A puta conciencia.
- O rescate das gafas vermellas.
- Os Emperadores do mundo.
- Turismo de cantimplora.
- Os lobos feroces.
- En Laxe… os meniños escoitan cisnes.
- O Día das Letras… sen letras.
- Agora que as nosas casas son as casas do mar.
- Sen corpo para festas.
- Os timadores da bombona.
- Porcos e pienso.
- Alén dos nosos mares atlánticos.
- Con rumbo a porto esperanza.
- Crónica dunha morte anunciada.
- De vacacións a Suiza.
- Os laboratorios do verso.
- As nosas Rosalías.
- Esa amante secreta de Eduardo Pondal.
- O Dolmen de Dombate e o raio vermello do Solsticio de inverno.
- A envexa dos anxos e das prumas.
- Antón Borrazás, apagouse a túa luz.
- A cousa de Dombate… a debate.
Novas relacionadas
- Nova poesía para as ondas de radiONeria e Radio Roncudo con Óscar de Souto.
- Cabaneses que espallan cultura.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).