Venres. 03.05.2024
El tiempo

The Spanish’ Mafia

The Spanish’ Mafia
Supoño que moitos de vós estaredes intrigados á vez que sorprendidos co título deste artigo. Por favor, que ninguén se asuste, que aos españois emigrados no Reino Unido non se nos ocorreu enrolarnos en ningún grupo mafioso. Escollín dito titular porque unha compañeira miña no hotel (unha rapaza canadiense de 24 anos) sempre se refire aos españois como “The Spanish’ Mafia”. A razón: somos dos poucos estranxeiros que tendemos a formar grupo e relacionarnos tamén fóra do traballo. Sirva como exemplo que a estampa habitual no comedor do hotel é atopar aos compañeiros sentados sos ou por parellas, e case que en silencio (algúns len o xornal, outros escoitan música cos auriculares, outros aproveitan para conectarse ás redes sociais...). Os españois, nembargantes, adoitamos sentarnos en grupos de entre catro e seis persoas. A outra peculiaridade é que falamos entre nós, estamos de bo humor e case sempre nos botamos unhas risas. Pero iso molesta a moitos, especialmente a ingleses e canadienses (pido desculpas a aqueles canadienses e ingleses que non son así), que soen adicarnos olladas de desaprobación e comentarios despectivos (será, acaso, envexa?). Outro bo exemplo atopámolo nas habituales xuntanzas e festas españolas. Son moitos aquí os que non entenden esa tendencia que temos a agruparnos e formar unha especie de familia. Quixera extender este fenómeno ata os sudamericanos, que tamén amosan ese mismo carácter. O máis paradóxico de todo isto é que eu considerábame unha persoa medio sosa e aburrida, ata que cheguei a Londres. Se me comparo coa maioría dos ingleses, parezo a auténtica alegría da festa!! E non me serve como escusa nin o clima nin a chuvia, cando na Costa da Morte chove infinitamente máis que en Londres (non falo das demais rexións porque o descoñezo por completo). Non quero imaxinar cómo se comportarían se tiveran que padecer os temporais tan habituais na “fin do mundo”...
  • Paula García Costa, vimiancesa licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e co Máster en Formación do Profesorado pola Universidade da Coruña (UDC).

Artigos de Paula García Costa

Novas relacionadas

Fonte

.

Comentarios