Sábado. 07.09.2024
El tiempo
Redacción
12:06
05/09/08

Autoritas

As verdades como puños de José Luis Louzán

Quere o azar, porque eu non quería, que despois de pasar dúas semanas dándolles a todos vostedes “a chapa” falando do mercado dominical en Cee pasase o que pasou este Domingo. Como non me gusta repetirme so lles direi que dende o pasado Domingo son os vendedores ambulantes os que exercen a autoridade na vila da Xunqueira a vista da non existencia no lugar de quen saiba mantela... a autoridade digo.

E o fío de todo isto me da a min por pensar na lexitimidade real de quen, en posesión da xefatura dun goberno, non é quen de facerse respectar por ninguén, salvo por aqueles que deciden respectalo por defecto. Poñamos un par de exemplos que iso sempre se entende a primeira.

Resulta que vostede é, poñamos por caso, propietario dun vehículo. O non contar con garaxe vostede estaciona o citado coche na rúa noite tras noite. O vehículo, un turismo, foi mercado o seu nome. Nos papeis de ese coche figura que é vostede o seu propietario. Tamén existe unha lei da propiedade individual que afirma que si un ben esta o seu nome é porque lle pertence a vostede e que ninguén pode subtraerllo. No caso de que se producira esa sustración o presunto ladrón podería ir o cárcere por un tempo que a mesma lei establece, pero... ¿que pasaría si non se respectase esa lei?. Ben, para iso esta a policía claro. Vostede denunciaría o roubo, a policía (nun mundo ideal, vale) realizaría pescudas para atopar o vehículo, atoparíano e procederían a detención do ladrón que despois dun xuízo podería ir o cárcere. Este é o sistema, si, pero ¿que pasaría senón existise a autoridade?

En Dereito se explica que a unha lei debe seguir un modo coercitivo de control. Vamos que sen policía da igual o que se escriba porque o ser humano, na súa imperfección, ten tendencia a delinquir ou, a lo menos, a non prestar demasiada atención os dereitos dos demais. Por iso se fan leis e por iso fai falla policía. O malo comeza cando unha destas cousas deixa de funcionar. O malo comeza cando as leis se fan mal, si, pero tamén e sobre todo senón existe autoridade.

Sen autoridade non hai nada. Fai falla a autoridade, a persoa e o cargo, e o dereito a exercela. Cando se carece de autoridade esta mal que se trate de exercer esta pero, si se ten esa autoridade, si o pobo en asemblea, chamémoslle eleccións, decide investir de autoridade un goberno e ese goberno demostra nula capacidade para exercer esa autoridade a cousa pinta pero que moi mal.

Porque, basicamente a autoridade nunca permanece demasiado tempo orfa e, si quen debe exercela non o fai, alguén aparece e se fai con ela, por calquera medio. O pasado Domingo un goberno perdeu a autoridade porque onde debeu exercela se pregou os designios dun grupo de persoas que non representaban a ningunha maioría. A ningunha. Non se debate si tiñan ou non razón, que seguramente si, senón que as decisións tomadas por un goberno foron desestimadas sen mais por un grupo de civís e un goberno, unha autoridade, cesou de motu propio no seu exercicio. E nada mais.

Non vou a afondar mais no suceso en si porque sinto vergoña allea do caso pero si quero deixar un par das miñas habituais preguntas no aire. ¿Con que autoridade se me pode obrigar a min ou a calquera a facer algo despois do sucedido?, e...senón quero cumprir esa orde ¿que fago?; ¿chamo os ambulantes? ...

PD: A fotografía corresponde a este pasado Domingo o redor das doce e dez do mediodía. No sinal pode lerse “·Atención Prohibido Estacionar. Zona de Feira. Domingo de 8:00 a 15:00”. Pois iso.

  • José Luis Louzán.

Comentarios