Luns. 06.05.2024
El tiempo

Don Erre que Erre

Don Erre que Erre
Don Erre que Erre de Paco Martinez Soria

Levo máis dunha semana incomunicado. Na Galería non me vai o internet. Dínme que é por culpa do cableado, que me trae máis cabreado que un cliente de Spanair colgado en Alvedro, cando fora o da quebra. Durante dous ou tres días soportei ca pacencia do mesmísimo Job a cantinela que, con acento sudamericano, diferentes señoritas, repetíanme, despois de pedirme unha e outra vez os meus datos personais. Moi boas palabras, eso sí. Moito Don Roberto e moito estamos solucionando o seu problema, pero nin o Google nin o Mozzila aparecían pola pantalla. Polo que se ve o home tardou menos en chegar a lúa que a mín en arranxarme a conexión, pero claro, a NASA é a NASA, e a miña compañía é a miña compañía, que por certo non vou a mentar pero ten nome de Laranxa.

- “Por favor D. Roberto, díganos el motivo de su llamada”, oio dicir, despois de media hora de escoitar unha musiquiña de Sergio Dalma, a unha telefónica e algo robótica voz fiminina.
- “AVERÍA!”, contesto abrindo a boca o máis posible tratando de vocalizar para que a fiminina máquina me comprenda.
- “Hemos entendido Avemaría, Don Roberto, es correcto?”.
- “Avemaría non carallo. AVERÍA!
- “No le hemos entendido bien, D. Roberto, nuestros operadores están ocupados, en unos minutos le atenderá uno”.

Media hora despois, e tras escoitar todo o Elepé de Sergio Dalma sáleme un tipo, meu pobre, él non ten culpa de nada, que me dí:

- “Buenos días D. Roberto sería tan amable de facilitarme su número de DNI, Don Roberto”.
- “Pero vamos a ver!”, contesto esta vez, xa “encancrenado”. É a quinta vez que me preguntan polo número de carné, e xa non sei cantas veces chamei, nin cantas veces fixen probas enchufando e desenchufado cables por esta avería así que por favor quero que me den de baixa inmediatamente!”.
- “Pero D. Roberto?
- “Nin Don Roberto nin Ost...!!! quero darme de baixa!”, repito ca voz dun sarxento chosquero ordenando firmes.

En canto me dou conta, atópome falándolle ó aire porque por arte de birle birloque a chamada córtase.

Desesperado e impotente, acórdome da película “Don Erre que erre”, aquela na que Paco Martínez Soria chegou ata o director xeral dun banco para reclamarlle unha peseta!!!

- Pois eu tamén vou a reclamar!”, dígome a mín mesmo, así que volvo a chamar, e despois de escoitar Ave Lucía, e Bailar pegados, e tras solicitarme tres veces o DNI, e oir outros tantos D. Robertos, corto a chamada e mando todo a tomar por donde enfían as agullas. Penso en ir cunha pancarta tal como un moderno D. Erre que erre a facer a miña reclamación fronte a sede desta compañía con sabor a laranxa, pero decátome de que non sei a dirección, así que teño que pensar noutra cousa.

Afortunadamente a miña vinganza aparece, máis pronto que tarde, cando escoito soar o teléfono. Chaman da compañía con nome de cítrico. E unha señorita “la mar” de amable.

- Buenos días don Roberto le llamo por lo de la avería”.

Como estou no bar, automáticamente respondo con voz de camareiro robot:

- Si quere tomar un café pulse un, si quere unha cervexa pulse dous, si quere un cubalibre pulse tres”.
- Perdón D. Roberto no le he entendido”.
- Nada, nada, doña Laranxa, todo correcto, pero xa cambién de compañía!!!!”.

  • Roberto Traba Velay.

A novela de Roberto Traba Velay por capítulos

Máis artigos de Roberto Traba Velay Con acento fistirrán

Fonte

Comentarios