Martes. 23.07.2024
El tiempo

Un lugar moi especial

Un lugar moi especial

O 21 de maio do ano 2004, hai 11 anos, tomada a Praza do Sol polos indignados plena campaña electoral, escribía este artigo co gallo da concesión do selo de patrimonio europeo a Fisterra.
Nestes días quero recordalo a través deste medio, porque seméllame que está de moita actualidade e porque creo que debemos loitar porque recuperar tan honrado título.

Un lugar moi especial

cabo-finisterre-patrimonio-europeo_finisterre_a_coruna1

Hoxe, mentres uns, reflexionan como príncipes de Dinamarca, sobre a quen votar ou non votar, esa é a cuestión, e outros acampan nas portas de sol de todas as cidades españolas co anceio dunha Spanish revolution que se extenda por todos os territorios da vella Europa, eu, sumerxido no mundo da miña pequena Fisterra, alédome de que por fin e definitivamente, o Consello do Patrimonio Europeo ratificara o meu pobo, como Patrimonlo cultural europeo, galardón que o meu entender nos recoñece e sinala como auténtico, verdadeiro, e último Finisterre das Fisterras europeas.

Non sei si serán moitos os que se preguntan o porque de este recoñecemento, do que tan so son posuidores outros tres enclaves da xeografía española.

Pero, que aporta este anaco de terra a cultura europea?, repito, diranse moitos. Posiblemente habería que preguntarse en primeiro lugar que é o que entendemos por cultura.

Posiblemente haberá moitas definicións sobre o significado desta palabra pero eu, hoxe especialmente quero referirme a unha delaración que sobre o termo fai a UNESCO  nun texto do ano 1982 e que entre outras cousas dí:
”A Cultura da ó home a capacidade de reflexionar sobre si mesmo. E ela a que fai de nos seres específicamente humanos, racionales críticos e éticamente comprometidos. A través dela o home toma concencia de si mesmo, recoñécese como un proxecto inacabado e crea obra que trascende””.


 

Se hai algo que verdadeiramente lle dá o home a capacidade de reflexionar sobre sí mesmo, que o fai específicamente humano, e o recoñece como un proxecto inacabado, é o impacto emocional que nos causa a imponente e misteriosa beleza que a paisaxe de Fisterra nos ofrece.

Unha paisaxe que nos sorprende, que nos asombra, que nos emociona , que nos libera e nos achega a Deus.

Unha paisaxe que non deixa a ninguén indiferente, que dá fin a terra e nos leva a través dun mar infinito ó máis fondo de nos mesmos. Eso é a Fisterra, o Finisterre; un lugar que dende o principio dos tempos o home buscou seguindo o camiño do sol para chegar hacia si mesmo.

Creo que esto é o que nos diferencia, e o que o cristianismo recolliu, para, a través do camiño de Santiago, ir construindo realmente unha columna vertebral que artellara todas as ansias e os afáns que o home europeo anceiaba.

Dende o primeiro camiño das estrelas que nos levaban ata a morte dol sol, pasando polos tempos medievais nos que infinidade de viaxeiros chegaban  as nosa praias, ata o moderno peregrino que, buscando a sua propria identidade chega a Fisterra, o fin foi sempre o memo: Buscar respostas para as preguntas que máis nos trascenden.

Posiblemente eso é o que fai que Fisterra sexa un ben común para calquer cidadán europeo.

E por elo polo que debemos protexer esta terra. O que fai que debamos mirar con lupa calisqueira proxecto que sobre o noso patrimonio proxectemos.

E por elo polo que debemos ter moitísimo coidado ca nosa paisaxe, tendo moi en conta que cada pedra, regato. vello camiño ou paraxe que temos é parte xa do parimonio cultural da nai Europa.

Fisterra non necesita máis agresións.

Non necesita máis beleza para que a sua beleza mantéñase viva.

Estas cousas son as que se me da por pensar hoxe a mín, pobre  tabernícola fisterrán, que neste día de reflexión, non pensa nos votos como os Hamlets da política nin tampouco, polo momento, das hispánicas revolucions  das portas do sol de pobos e cidades, máis que nada porque  hoxe, un, o único que está, é ledo e orgulloso de que Fisterra sexa Patrimonio cultural europeo ou  como dín centos e centos de viaxeiros que se achegan o meu bar un very, very, very special place.


 
  • Roberto Traba Velay.

Novas relacionadas

Máis artigos de Roberto Traba Velay Con acento fistirrán

A novela de Roberto Traba Velay por capítulos

Fonte

Comentarios