Sábado. 27.04.2024
El tiempo

“Reloj no marques las horas”

Igrexa de San Marcos-Foto-Vicente Bernal
“Reloj no marques las horas”

O famoso reloxo que non marca as horas e que últimamente está tan de actualidade debido ao solitario requerimiento de reparación do grupo político Sempre Corcubión ao Concello desta localidade, atópase situado na fachada principal da igrexa parroquial de San Marcos atopándose en “estado crítico” tal e como se mostra a maioría do vencindario debido ao estado de abandono e deixamento do mesmo.

O templo declarado Ben de Interese Cultural, de estilo gótico mariñeiro, atópase situado en pleno camiño de Santiago, o cal transcorre pola histórica Vila de Corcubión. Podería ser casualidade unha parada ou erro puntual, con todo o mecanismo motor das agullas do reloxo atópase de novo detido e as súas agullas marcando unha hora que non se corresponde coa realidade, coma se unha fotografía capturase ese momento nunha instantánea. Aos ollos de calquera visitante ou peregrino pode ser un eroo sen máis que non honra a beleza do templo nin o patrimonio cultural da Vila, con todo para o residente habitual o asunto preséntase máis grave, pois non deixa de ser outro exemplo de deixamento en deberes e obrigacións máis, que pon de manifesto a falta de interese polo extenso patrimonio de Corcubión, cada vez máis abandonado.

Un reloxo con historia que forma parte do extenso patrimonio cultura da Vila. De valor incalculable, o reloxo foi fabricado nunha prestixiosa fábrica francesa pertencente a un dos mellores reloxeiros franceses de inicios do pasado século. A pé do mesmo na mesma fachada onde se aloxa a súa esfera, reza a placa de agradecimiento do consistorio da época ao legado recibido.

Placa da Igrexa de San Marcos

O 13 de Xuño de 1906, falece na Habana José do Río Osorio, filántropo muxián, con raíces familiares en Corcubión. No seu testamento legou ademais doutras donacións, algo máis de mil pesos de ouro, que serían para a construción dun reloxo público en Corcubión. Debido aos seus vínculos familiares como non podía ser doutro xeito, do máximo exponente de dinamización do comercio e motor económico da zona, o deputado e empresario Plácido Castro, casado coa corcubionesa Eufrasia Do Río Recaman. No ano 1908 tivo lugar a colocación do reloxo facéndose cargo o Concello de Corcubión do legado recibido do abnegado do Río, o cal dedicou a súa vida na Habana ao comercio reportándolle estes beneficios económicos que dedicou a diferentes obras sociais e donaciones.

Este patrimonio construído con duro traballo e suor de moitos antepasados, habitantes da vila, é cada vez menos relevante aos ollos da clase política que presenta unha vista miope, a cal só é capaz de empatizar e ver de cerca os problemas, peticións e requerimientos de calquera índole cada catro anos, xusto meses antes das eleccións.

 

NOVAS RELACIONADAS

OUTROS ARTIGOS DE BERNAL

Comentarios