Martes. 15.10.2024
El tiempo

Especial Domingo Antonio de Andrade (X): O Barroco e a Catedral de Santiago

Especial Domingo Antonio de Andrade (X): O Barroco e a Catedral de Santiago

Torre do Reloxo. Debuxo de Simón Rodríguez a partir dun orixinal de Andrade. Debuxo orixinal no Arquivo da Catedral de Santiago

A situación económica de España é complicada a partir do segundo tercio do s. XVII, incidindo nela a conflictividade derivada da política da Coroa, que terá que facer fente a diferentes problemas na Península, sendo moi destacables a Guerra con Portugal (1640-1668) e a sublevación de Cataluña (1640-1652).

En contraposición con este momento de crise, a cultura do Barroco, vivirá os seus mellores anos deixando magníficas obras que enriquecen o noso patrimonio histórico-artístico. Neste contexto, Galicia presenta características propias, xa que o tempo do barroco vai a coincidir cun período de expansión demográfica e tamén, aínda que en menor medida, económica.

A partir de mediados do século XVII terá lugar unha intensa labor constructiva por toda Galicia, destacando especialmente a cidade de Santiago. Afectará a todo o relacionado co mundo relixioso pero tamén ó civil. Asistimos a diferentes reformas nas catedrais, pero tamén nos conventos, mosteiros, igrexas parroquiais, pazos, edificios públicos…

Paralelamente ó esplendor arquitectónico teríamos o relacionado coa imaxinería relixiosa e os retablos, pinturas… e incluso a pratería se suma ó novo espírito de renovación que invade a todas as artes.

A remodelación da catedral de Santiago supón a consolidación das formas barrocas en Galicia. O coéngo José Vega y Verdugo plantexa no ano 1657 unha reforma da basílica coa pretensión de mellorar a imaxe da súa capela maior insistindo na promoción do culto ó Apóstolo. Pero non se preocupa só polo interior do edificio; tamén se interesa polas fachadas da Quintana e Obradoiro, xa que se quere revestir a catedral románica co novo estilo artístico que se estaba a impoñer en España.

No Informe que presentou ó Cabildo e nos debuxos que o acompañan, queda patente o gusto de Vega y Verdugo polas proporcións, medidas e simetría. Para levar adiante as súas ideas contou coa colaboración do arquitecto salmantino Peña de Toro, daquela Mestre de Obras da Catedral, e, fundamentalmente co seu sucesor, Domingo Antonio de Andrade.

A catedral desde a Quintana-Debuxo de Vega e Verdugo no que se ve a Torre Berenguela sobre a que Andrade proxectaria a sua Torre do Reloxo
A catedral dende a Quintana, nun debuxo orixinal do Arquivo da Catedral, de Vega e Verdugo. Nel vese a Torre de Berenguela sobre a que Andrade proxectaría a súa Torre do Reloxo

 

Especial Domingo Antonio de Andrade

Novas relacionadas

Outras novas

As terras fisterráns na época de Fernando Blanco: do Antigo Réxime ós tempos contemporáneos

A gran crise europea

Especial Guerra da Independencia

As terras fisterrás no século XVIII

A Baixa Idade Media na Costa da Morte: As orixes das terras de Nemancos

As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación

Que pasou na Costa na época moderna

A Asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI

Que pasou na Costa

Fonte

Comentarios