Martes. 01.12.2020
El tiempo

Desparasítame

Desparasítame
desarasitame

Nos principios estaba o verbo e coa manipulación do verbo por parte do suxeito comezou o pretérito imperfecto da vida no planeta Virtual da Galaxía Ególatra, un presente para lelos nun mundo deSigual onde uns poucos miles sometían a moitos millóns a través da interpretación estelar das luces que inundaban o ceo atravesado pola Vía Ignorantea. A erudicción destes poucos e discutible, pois os coñecementos que gardaban apegados con celo os extraían dos seus súbditos, defecto mental que se acentuou coa consanguinidade, co cal fóronse diferenciando como unha especie parásita vivindo a conta dos demáis, obtendo beneficios a cambio de crear dor nos seus analfabetizados hóspedes. Sendo da mesma especie e unha ínfima minoría, como conseguen estos parásitos xa non só sobrevivir senon someter a tantos? Gracias ao dominio da información e das telas finas; ambas cousas extraídas dos hóspedes coa técnica da lamprea. Os consanguíneos de telas finas crearon unha serie de locais, garitos e discotecas restrinxidos só a certos telares, para poder así identificarse e diferenciarse como especie, comezando a crear asociacións parasitarias para achar a pedra filosofal da recreación virtual tras o primeiro atentado contra o imperio das tenias a cargo dos herbívoros pacíficos, ou hippies. Nos poucos escritos que se conservan desparasitados daquela época fálase dunha revolución social en masa onde a xente pedía paz, amor e legalización de ... aqui o nome é ilexible pois o pergamino aparece queimado, máis a través dunha reconstrucción por ordenador creese que o pobo pedía a legalización da mampostería dada a cerrasón lineal da construcción románica ante a apertura xudaica dos dinteis. Nos primeiros 300 anos que se conmemora a matanza de Xesús, este movemento hippie espallouse dende mesopotamia buscando a armonía a través do amor e o respeto mutuo partindo da igualdade do individuo como base edificadora da organización social, fumigración humana que irritou moito ó xénero parasitario dos césares que levaban máis de 300 anos abrindo en canal a cada ignorante iluminado que postulase tal insulto para os seus consanguíneos nerds. Probaron cortando extremidades, colgandoos ao sol, despellexándoos vivos, arroxandoos aos leóns, pero cada vez eran máis e non podían paralos co sometemento á forza bruta dos seus exercitos, co cal tiveron que escoller a algúns súbditos alfabetizados para que ideasen unha saída ante aquela tóxica fumigración, e inventaron o denominado en latín “Orta et amot”. Esto consistía en facer do graderío social un escenario teatral e do escenario un palco nobiliar, unha idea moi loca que finalmente Contastinou, creándose unha escenografía con viaxes épicos, persoaxes máxicos, batallas estandarizadas e un sinfín de extras con coreografía sacra que velaban polos nobres parásitos de telas finas no seu tránsito entre ceo e terra a través dos soños, o cal os convertían en seres semidivinos, sen dúbida unha bosta en escena incrible e unha dirección pro-dichosa gracias a un coñecemento parcial dos guións según telares, pois os parásitos aumentaban e con eles os diferentes garitos e modas. Así pois estrearon a súa primeira gran obra “Cristianismo”; un éxito sen palancón pois ainda que parecía vir moita merda foi aclamada ata o punto de converterse en relixión e así pasaron anos e anos de tranquilidade telar tras bambalinas (zapatos de lino de moda parasitaria) ata que aparece a imprenta.

A imprenta é recibida con entusiasmo polos patéficos (parásitos de telas finas), pois moitos deles tiñan o desexo de crear unha obra que superase á célebre “Cristianismo”, que ainda seguía a representarse para tedio e aburrimento a pesar da tendencia ociosa inquisitiva; máis pronto se converte nunha enorme preocupación que fai botar fume ás bambalinas véndose imposibilitados en frear a imprenta que ano tras ano fora liberando a información ... dese fume surxe o legado do pao.

A laminada sabedoría das árbores tintada de cores acercou segredos que encenderon o lume do cabreo social pola mentira e a manipulación a que se descobren sometidos; traballan, morren e sufren para alimentar e nutrir a parásitos. Co coñecemento a través da alfabetización paulatina comézase a nominar aos nobres ou patéficos, obrigados a perecer no lume ou tirarse ao mar, o legado do pao espállase a través dunha rede social de antorchas irmandiñas. As revolucións comezan a andar, multiplícanse e expándense esixindo liberdade, igualdade e fraternidade nuns pobos e noutros pan, paz e liberdade; movementos espontáneos onde o pobo cansado da manipulaçao e da opresao espande o legado do pao ... sas!!!

A nobre consaguineidade tiñaos alelaos máis non tanto como para elixir lume, así pois foron tirándose ao mar non sen antes nominar por envexa cochinilla; é son estes, os nominados, quen apremiados pola supervivencia enviaron mensaxes a canto patéfico había, alertando dun movemento que en ningures era alleo. Apremiados pola importancia do momento deron co actor secundario Snob, un paraho londinense (mestizase entre parásito e hóspede moi común nos últimos siglos) que tiveran en experimentación no suministro das novas especies fumadas da india e co que comezaron a probar un novo tratamento colombiano, a coca-colada, e mira si colou!! O actor secundario Snob leuse todas as obras gregas e aparasitarias románicas en pouco máis dun mes e en apenas outro escribiu a segunda gran obra, titulouna “Democracia”. A obra comezou a lerse e discutirse entre os garitos de telas finas coa axuda de intérpretes eunucos (“eu nu consanguineo”, parahos descendentes de eclesíasticos) suscitando non poucas controversias e enormes discusións mesónicas polo fraxilidade do entramado no que tiñan que ceder aos hóspedes certos dereitos vitais, e tamén compre mencionar as reticencias nalgún sector telar de falda larga pola súa orixe grega; pero o perigo era tan palpable en todos os estamentos sociais que decidiron mandar ao actor secundario ao norte da américa custodiado por eunucos e patéficos. Cun suministro constante de coca-colada Snob púxose a traballar estreando a súa obra naquel esceario ainda sen parasitar e decorar, traballou sen descanso observando e modificando o guión, e conseguio facer creer aos revolucionarios sociais que ían deportando e enviandolle a aquelas terras que a súa pretensión de igualdade social estaba representada polos novos nobres que cun parasitismo máis íntimo e cercano convertiríanse nos gardians e salvadores dunhas revolucións certamente imparables pero posiblemente parasitables, como demostrou a “Democracia” de Snob. Non todo foi sinxelo, pois unha concesión non reflexada nos principios éticos paraféticos foi a figura soberana do rei, único punto que realmente creou problemas na posta en escea obligando a modificar a estructura básica do guión creándose unha nobreza republicana, e o que ao principio semellou un gran problema acabou sendo un gran beneficio para o futuro que había de vir.

Moitas adaptacións se fixeron ata día de hoxe, máis novamente a sombra da fumigación sobrevoa sobre os patéficos, tentaron frear o legado do pao desforestando o mundo, máis unha nova rede está presta a pescalos, vai sendo hora de deixar de ser meros actores baixo uns guións pre-establecidos para nutrir unha especie que se ben debe existir, a súa presencia no mundo non é desexable como dominante. A existencia dos parásitos é inevitable, pois toda especie ten unha función, ben poidera ser a destes fortalecer a comunidade establecendo unhas costumes que permitan a evolución da organización social dende a sanidade pública, para iso compre controlar a plaga, mexar e liberarse dos cálculos renais ... pero iso son outras lerias que xa vos contarei.

A morriña é a filosofía que ilumina o camiño da razón, pois na organización por barrios resido o amor polo individuo que se erixe real, palpable e vital; é o escalón evolutivo social que tanto botamos de menos.

Unha mostra de cariño e amor co teu veciño é o principio irmandiño. Non quero que me representen, quero que me respeten, por iso necesito a túa man no meu lombo ... #desparasitame.

Outros artigos de Xabier García en Rollin polas dunas

Fonte

comentarios