Sábado. 28.11.2020
El tiempo

Droja no colacao

Droja no colacao
Tou endrojao, non sei si ven no colacao, no pan ou si meten a droja no viño … pero andamos atontados carallo. Exijo transparencia xa!! Transparensia, esa fantástica palabra que enche as bocas dos endrojantes, que los parió. Transparensia como orgullo nacional dun galgo famélico que morde aos corredores infectándoos da rabia de quen polos seus juevos e pola sua sangue a de poder. Será a droja a que me dá eses mareos ao ver aos políticos de españa encherse o peito a reventar de orgullo pola limpiesa no deporte, por esa loita constante contra eses malfeitores que vivían tan tranquilos coa incesante persecución na que tan ajobiados disfrutaban carallo. Será a droja a que remove e ofusca o rasonamento cando ves aos políticos liberando o aire do inchado peito a grito de transpareeeensiaaaa!!! Indicando e señalando, dedo en alto, que loitan por unha lexislación xusta e limpa onde non hai cabida para os tramposos, para os mentirosos, os que xogan coa opinión pública e coas nosas ilusións, eses cabróns, cajo na ostia, eses cabróns como os que denunsia wikileaks, pero esos noooon, por dios … hai a droja que non vexo carallo … transparensiaaaaaaa!!!! que locura. Será a droja no colacao a que condisiona o meu día, pero es que no lo entiendo y no lo entiendo, ¿me entiendes? Como un é perseguido e wikilipendiado por ser voz da verdade e da transparencia política, pero pola virjen do carmen que o queremos matar por ser bo rapás, aquí o que vai de bo ignorámolo e si nos sae reivindicador da xusticia condenámolo a indiferensia, ao alcolismo, a escribir como colaborador, o cárcere ou a pena de morte. Métanme colacao en vena que loqueo carallo!!! Será a droja coño pero que si los controladores, ¿me entiendes?,que nos fastidian el puente y tal no pero pa que cojones esa semana antes do puente o goberno saca un decreto para meter follón con eles ¿? E despois os políticos, eles mismos con todo su pecho moreno, se queixan de que estes cobran moito, de que nos tocan os juevos coa súa falta de responsabilidade na labor que teñen que desempeñar e que si fai falta transpareeensiaaaa!!! para que todos vexamos o perros que son os controleitors. E dijo eu, ¿que fan?, dar entrada e saída aos avións, e buscarlle un lujar onde aparcar, pues mira neno, yo conozco a mogollón de nenos que hacen lo mismo por un euro al idea ¿me entiendes? Que quiten aos controladores e que poñan a uns cuantos jorrillas a pé de pista e arrejlado, traer la UGE coño. A transparensia dame ardor de estómago. Que si transparencia co sueldos dos controladores, si transparencia coa moralidade e ética dos deportistas e a wikileaks hai que matalos por revelar secretos de estado … un secreto de estado e o nome dos policías infiltrados, de certas operacións, das becarias admitidas, pero o comportamento laboral e as decisións no noso nome daqueles traballadores que temos en nómina política, que collóns e que cara teñen; pero nada muchachos nos a calar e ver como van acabando co pobre Julián que con toda lóxica pensaba que provocaría un estado de alarma xeralizado no razoamento popular e na ética política, pero amigo Julián estamos no sofá comendo palomitas e esperando a ver de que forma te matan. Poñédevos no caso: mañá o xuiz declara que o PP se financia irregularmente roubando cartos ao estado, fíltrase unha foto de Marta pasándolle unha pastilla a Zapatero en pleno footing e o goberno declara a guerra a Marrocos por ter Perejil ao mediodía apoiado por Rajoy. Pero en primeira plana dos telexornais e de todos os periódicos unha foto de Manuel Barcia Lema un controlador aéreo que participaba como un jaljo en maratóns e está afiliado a páxina de wikileaks. Estes ardores estomacales que me suben y me bajan y me vuelven a subir, queiman o aire que sae dos meus pulmóns afogando as palabras que ben quixera resitar ensima dunha barrica de dousentos litros de viño no medio da plasa. Deixe usted o colacao me dixo un can, e mira que non teu enganchado e ben o deixei pero fui cousa do demo que con o sin colacao eu sijo dia a dia endrojao… e dicho! Con cen verdades por banda, xusticia en boca, toda cega, non se salva senón corre un cabaleiro wikilí. E ti de quen ves sendo? Un servidor do mundo vilipendiado na rede ¿da liberdade? EU SON DE WIKILEAKS.
  • Xabier García (xabiergl[arroba]quepasanacosta.gal).

Rolling polas dunas

Fonte

comentarios