Sábado. 28.11.2020
El tiempo

Operación Orquesta

Operación Orquesta
O.O.H! Operación Orquesta, vaia Panorama! Así e todo, non deixa de ser o consabido roubo ao que estamos expostos todos por parte dos políticos e dos acaudalados empresarios. Podemos decir o mesmo de París de Noia e de calquera outro lugar dado que inexplicablemente a transparencia esixese a todos menos a estes dous tipos de humanos.

Isto é como as películas que nos montan dos narcos do tráfico, il capo nunca si mancha, capice? Vanse matando peóns pero nas altas esferas, sexa do bando que sexa, a ningún lle interesa que a partida remate.

Pois así e todo vaia Foliada neno que tienen montada en la Costa de la Muerte. Remésensemé as tripas cando escoito este nome nas noticias, osea ¿es una costa guay de la muerte, te mueres por verla o es que la palmas en la playa? Pero por favor, aquí pinos e eucalitros, e respétesenmesemé os nomes, o acaso me dices Castillo de Feles, es que vamos, favor.

Como decía, só se collen aos pequenos, os grandes teñen controlado Los Satélites neno, pásanlle a Alarma e en dous minutos tan na Capitol collendo rumbo a América e a vivir co recordo do contribuínte en Copacabana nunha casa con vistas a Costa Azul. Pero estes pequechos, estes alcalduchos, non pertencen ao Olympus e tras uns anos o Trébol marchítase e o sorriso muda ao verse pasto do gando para calmar a opinión pública en tempos de noticias preocupantes que poidan desastibilisarnos coa risa.

Poida que a nova revolución non parta de Francia e sí nacera en Túnez, poida que a nova revolución non sexan as hoces e o lume e sí a comunicación libre, poida que en internet se topen con un virus máis peligroso do pensado.

Non sexamos mal pensados, quizais o de facer coincidir movementos policiais e políticos con certas noticias só sexa la Nueva Moda. Pero que non vos confundan, untar tres mequetrefes nas nosas tostadas mentes como se foxen Philadelphia non debería ser un alivio para relaxarnos pensando no bo funcionamento do sistema, pois só é preciso recapitular e analizar cantos peces gordos reais caeron ou que medidas se toman para a transparencia das contas gubernamentais; curiosidades da vida: é ao revés. Máis casos de fraude urbanístico van unidos a maior poder de decisión urbanística, que sentido ten ¿?

É evidente que estes alcaldes só tentan imitar aos grandes capos cos xoguetes que lles deixan, mais eso non os exime da súa culpa e non nos debería permitir respirar tranquilos no sofá vendo la Costa de la Muerte como contraposición a Exipto. Quizais un novo mundo se estea a preparar e o efecto dominó comece, a maior proba de que os deuses se poñan nerviosos é comezar a ver coincidir continuamente con estas revoltas sociais outras noticias que tenten afianzar o modo de vida capitalista con xustificacións cada vez máis repetitivas.

Cada día máis datos e menos liberdade, máis información e menos privacidade, máis transparencia e menos intimidade, as exisencias aumentan exponencialmente xunto co recorte de liberdade e dada a inoperancia en políticos e ricos a evolución semella arandeis que se van eliminando dunha cadea anclada a parede. Nos consolamos vendo como van reformando a celda e facendoa máis cómoda. Que Delirio!

Aínda non podemos decir que sexan culpables, pero non se precinta un concello porque os escoitaran fardar nun bar, se demostre máis ou menos cousas, aljo fixeron. Tódolos alcaldes son iguais, disculpen que xeneralice, o 99% dos alcaldes son iguais, ao principio van Suavecito pero cando levan uns anos son los más guais del pueblo, o persoaxe Principal, e comportanse como mafiosos, coa Tropicana da man, tomando Tekila e xogando A Oca cos intereses empresariais. Que Ledicia sería poder darlles unha boa Marimba carallo!!!

  • Xabier García (xabiergl[arroba]quepasanacosta.gal).

Rolling polas dunas

Fonte

comentarios