Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Querido empresario

Querido empresario
España é un lugar especial onde desfrutar ás anchas dun agradable paraíso. Querido empresario, en España vostede poderá vivir unha paz, e cun relax que non encontrará en ningún país medianamente desenvolvido. Observe como en Francia paralizan o país porque queren aumentar a xubilación de 60 a 62 anos, pero amigo empresario, en España auméntase a xubilación ata os 67 anos e a xente fai un día de folga xeral para impulsar a economía do sector servicios. Xa ve, somos un país moi servicial. ¿Que vostede ten moitos produtos nocivos para a saúde, contaminantes ou residuos tóxicos? Querido amigo, non se devane máis os sesos, España é o seu país. Se un vertido acabara coa nosa natureza uns cantos regalos monetarios, pecata minuta non se preocupe, e xamais o seu nome e o das súas empresas se verán engorrosamente manchados por esas vanalidades, todo o contrario, levantarémoslle un prestixioso monumento por invitar a unhas cañas. ¿Está vostede feito un ladronzuelo? ¿Enganchouse a xogueteos mafiosos? Non o dubide home, en España vostede será feliz e abriremoslle as portas a base de económicas expropiacións para que desfrute coñecendo aos políticos máis simpáticos e xentís da nosa sociedade. Ademáis contamos cunha longa lista de políticos analfabetos desexando pór o seu pobo á súa enteira e total disposición. Se pensa que nun país europeo e desenvolvido a lexislación será un problema, é que aínda non descubriu a güasa española, ole, ole y ole. Pode ver que na maioría de países desenvoltos o impacto da crise no PIB foi maior que en España, pero o paro apenas aumentou debido ao penoso aumento dos dereitos sociais, pero aquí querido empresario terá o seu particular paraíso onde as súas condicións laborais serán motivo de festexos, series e un sinfín de programas televisivos que reducirán os seus costes publicitarios. ¿Vostede é multimillonario? Pillín, pillín, unha gran crisis eh! Ja,ja,ja. Se no 2009 tivo a desgracia de “perder” alguns cartiños, neste ano 2010 TODOS os que pertencen ao club da lista Forbes aumentaron a sua riqueza NETA, a crise funcionou amigo empresario así que non perda tempo e pida enseguida o catálogo de medidas da política social española para escalar nesa lista tan sufrida. Faga unha pronta reserva no goberno do pobo, fale co PPSOE e reserve xa a súa xubilación co plan de empresarios popular. ¿Non está de todo convencido? ¿Os dereitos humáns son un inconvinte? Asegurámoslle parlamentariamente que gozará de traballadores con cada vez menos dereitos e máis dedicación ao seu servicio. O pobo o adorará máis con cada recorte de dereitos e o PPSOE fará de colchón social para o ben merecido relax dos seus cansados osos. Observe que neste maravilloso país hai 13 españois na lista de billonarios do mundo, só por detrás de Alemania e Reino Unido en europa; e alegre casualidade amigo capitalista, gozamos dun dos salarios mínimos máis baixos que se sitúa nos 600€, por debaixo inclusive do actual en Grecia, e menos da metade que en Francia, Bélxica, Holanda, Irlanda, etc; ¿non é maravilloso? E ademáis pode desfrutar de máis de catro millóns de persoas entre as que elexir ao seu gusto baixo calquer tipo de condicións. Hai persoas preparadas, con carreiras, idiomas, masters e fisicamente a escoller que estarán dispostas a rebaixarse a onde guste por satisfacer os máis sordidos desexos que solicite para ese lamentable posto de traballo. ¿Preocupado pola crecente información sobre o esclavismo laboral? ¿Aburrido de explotar sempre aos países subdesenvolvidos? Pense no desfrute de escravizar a xente con estudos e de tódalas clases sociais. Non o dude querido empresario, veña, construa a súa casa onde lle pete e viva a festa española. Reláxese cos mellores viños, sen pagar nada por suposto, e disfrute sentado sobree o mar dos máis variados shows televisivos nos que rir cos empleados mellor preparados sufrindo con ese salario guasón, pártase os roles vendo a universitarios chorar por non poder pagar o alquiler de pisos de 25m2 e rompase os juevos a rir vendo algunha manifestación popular, sindical e/ou laboral. Ademáis censuramos baixo a súa verdade, limitamos a comunicación e liberdade sempre favorecendo as súas inversións, así sumamos aos salarios máis baixos a telefonía e o internet máis caro de europa. Non me diga que non está a rirse, isto é calidade de vida amigo empresario, en España garantizamos o seu sorriso e benestar. E para facerllo aínda máis atractivo, ofrecémoslle un seguro político: sempre gobernará o PPSOE, dous partidos en un, inclée grandes avais para asegurar un investimento sen pérdidas. E polos habitantes non se preocupe, temos o alcol e o tabaco máis baratos, unha extensa rede de drogas e un seguro médico gratuito, como ve un sistema completo e organizado. E si por algún motivo ten algún percance, para disgusto dos nosos políticos, todo o panorama televisivo e xornalístico español estará a súa disposición para repetir incansablemente a súa opinión ata a correcta interpretación da opinión pública. Ademáis temos un moderno sistema xudicial que prioriza intelixentemente os casos; e dos xuices non dubide, son profesionais nativos preparados para prolongar o papeleo necesario ata despois da súa morte purificando calqueira recordo no lume máis cercano. Anímese, España é máis que un país, son uns cantos que dende hai moitos anos tentamos ser o máis serviciais posibles, só pedimos unha ou duas borracheiras a semana. Visítenos e brindemos xuntos polo país con maior liberdade e menos dereitos!!! En breve enviarémoslle o DVD de regalo coa biografía actualizada de Gerardo Díaz Ferrán.
  • Xabier García (xabiergl[arroba]quepasanacosta.gal).

Rolling polas dunas

Fonte

Comentarios