Sábado. 28.11.2020
El tiempo

Quieto parados!

Quieto parados!
Democrapatía é un posto de crítica e denuncia social en base aos razonamentos propios da ideoloxía persoal de Xabier García. A intención deste espazo é despertar o espíritu social e alimentar a racionalidade humán con golpes dialécticos á apatía xeral. Apatía que acepta a escravitude e o dominio polo mero feito de que a raza dictadora e opresora lles ofreza unhas celdas cómodas e nos surta dunha aromática droguería alimenticia. De tal forma tentarase a diaria expresión literaria sobre noticias de toda índole, a denuncia de inxusticias aceptadas e/ou a palabrería ideolóxica que abofetee a apatía social cando vivimos nunha era lista para unha nova Revolución.
Quieto todo el Mundo! Hai que recordos, sinf. Sonoro e famoso grito do 23-F tan parodiado pola burla nacional e tan denostado polos políticos. Curiosamente nestes días acordábame con cariño deste bigotudo personaxe que tantas caricaturas e risas provocou no meu crecemento infantil que non da acabado. A imaxe daquel grupo de enanos verdes saido dos bosques máis profundos non me parece tan lexana nen tan diferente dos encorbatados políticos actuais, salvando as distancias claro está, pois cambiouse as mal vistas pistolas polo poder lexislativo. Por favor, pasade un momento a miña imaxinación para que poidades apreciar os puntos en común: QUIETO TODO EL MUNDO! Vamos a recortar a inversión pública un 14% TODOS ABAJO EH! Debemos elevar a idade de xubilación. TODO EL MUNDO AL SUELO! Temos que disminuir o salario dos traballadores (SONIDO ESTRIDENTE DE DISPAROS) (Sonido estridente do aumento incesante do número de parados coa metralla do descenso da economía da gran maioría) QUIEEEEEETOS! Vamos mirar a ver se elevamos o cómputo da pensión de 15 a 25 anos. Carallo! ¿Alguén sigue pensando que vivimos nunha democracia? Vaia por deus, hai uns que se parecen ao canciño do meu coche ¿Coñecedes a lista forbes? É unha lista que engloba as persoas do planeta cunha fortuna superior aos 1.000 millóns de dólares. Dificil imaxinar todos eses cartos, coido que ningún de nós podería ser cosnciente de canto representa iso, en fin. Pois esta crisis global e que en España afectou sobremaneira pola tratamento intelixente do comercio e a industria tamén pasou factura na lista, meus pobriños. De 16 españois agora só temos a 12, vergoña nacional, e entre eles engloban un patrimonio total de 36.300 millóns de dólares. Como vedes non é só un problema dos pobres eh! 4 millóns de parados e 4 que baixaron dos 1.000 millóns de dólares a só 900 millóns. Lóxico e entendible que estes pidan e soliciten medidas compensatorias como paliativo a esas pérdidas que os levan a ruina e a un paso de ter que vagabundear sen jet privado. Os que estades a traballar tedes que arrimar o hombro chavalotes, baixarvos o sueldo e permitirlles seguir tendo beneficios millonarios, o merecen recáspitas! enchoupanseme os ollos da emosión. En vez de ir de cañas por aí quedamos na casiña e agora que volta a copa de europa podemos afogar as penas co fútbol, con eses deportistas de élite que traballan para que nós poidamos disfrutar, eses tamén se deixan a pel por nós, teño a pel de jalo! Ese Cristiano Ronaldo pedaleando sen sillín a rasón de 13 millóns de euros o ano, ou ese fantasioso Lionel Messi con ise olfato prodixioso que distingue o queixo a leguas e o permite escabullirse dos sudorosos contrarios a razón de 10 millóns de euros ó ano. Idolatrados deuses, non sei se con poderes pero alo menos pola vida que poden pegarse a divinidade está presente en cada esquina, ben polo poder adquisitivo ou ben polos gritos adolescentes e as olladas de admiración etérea por seren tan bos, tan bos, tan bos … tan bos xogando ao fútbol. Oes, eu tamén fago ben o meu traballo, bueno … facíao, e non che era tan divertido como o fútbol ise. Que crus! Tanta pobreza no mundo, tanta crise, tanto parado, en fin, tan pouco movemento nos deixa sen alegría e temos que esperar pacientes a que un superheroe veña a salvarnos. Quizais sexa ZP, poida que o SuperObama ou o inigualable Capitán Montilla. Non o vexo nada claro, case que abogaría por movilizarnos, a uníon fai a forza, iso está claro. E que facer ¿? O primeiro é movernos, así sa non estaremos parados. Movernos en tropel a finca de Amancio Ortega ou do Florentio Pérez non é unha boa opción, de seguro que os cartos están noutro lado. Quizais poidamos presionar para exisir dereitos para os traballadores, para unha maior igualdade na repartición de bens, para un máximo ético e moral no sueldo de personas físicas e xurídicas, quizais poidamos aproveitar que os barremos en número para esixir humanidade, cordura, fraternidade, liberdade, e la equalité! Carambas, non é tan mala idea! Xuntarse contra a guerra está moi ben, pero xuntarse para esixir que o pobo teña o poder de gobernar ainda parece unha razón mais poderosa, o SuperPobo! Esixiremos decidir nós a nosa lexislación, as nosas obras, esixiremos a trasparencia económica en sueldos e licitacións dos que contratemos para traballar para nós. Ala que carallada, eso sería a ostia! Darlle caña a estes políticos, a estes espantallos, a estes muñegotes cómico-dramáticos, arggg que me poño bruto … e que parecen caralladas pero danme ganas de comprar uns zancos irmandiños. Toda a semana oindo aos políticos que temos que arrimar o hombro para solucionar a crise económica e saber que estes muñecos parlanchíns, estes políticos españois cobran sobre uns 100.000 euros/ano; que si, que si … non sei que narices ten que facer unha persoa para cobrar tanto, hai lumbrigantes que se esforzan máis e valen menos. Pois mira ti que a pobre Esperanza Aguirre que tan ben fala e que nos saio dando pena cuns calcetins prestados cobra 99.000 euros/ano e non é das que máis, que ahí temos ao presidente da Generalitat de Cataluña que tanto se queixa o meu pobre Xosé Montilla que cobra 164.043’54 euros/ano. E xa non mencionemos a familia real, pois temos que ter a esperanza de que nos “libren” deste eterno golpe de estado … ainda que isto non é moi realista e quizais sería mellor facer o Camiño da Moncloa e irse de mochilero a capital. De ocupa ao palacio real, a moncloa e ao parlamento, que a fin de contas son nosos, non sí? Iso sí que sería un camiño espiritual. Mareas de xente movilizándose poñendo contra a espada e a parede ao goberno, esixindo que o nome Democracia se leve a feito e amparándonos na Constitución e en que somos un lote descomunal e está claro quen as vai levar. Empezar a escribir unhas obligacións e uns dereitos que nos equiparen as persoas máis e non nos separen na granxa social entre polos, porcos, vacas, gatos e cans. Que todos nos necesitamos e todos nos servimos. Como dín tantos: quieeeto parado! A onde vas home! Deixa tar o conto, ti tate caladiño que é mellor así! Un mito, o caso e ser moitos. Pero non, non creo que sexa posible que a xente se una por unha parvada así, a xente só se une por cousas serias, mellor é que me vaia ao salón e prenda a televisión que vai ser a hora do parte. Non sei de que ano será o que poñen hoxe, pero coido que xa o vin.
  • Xabier García (xabiergl[arroba]quepasanacosta.gal)

Democrapatías anteriores

comentarios