Domingo. 22.09.2019
El tiempo
Xosé Manuel Barros
07:01
20/04/17

Escala de cruceiros no porto de Brens. Que facer?

Escala de cruceiros no porto de Brens. Que facer?
Respondendo á pregunta que a redacción de QPC lanza ao aire sobre que facer na comarca para ofrecer unha boa ruta aos pasaxeiros que veñen nestos buques, aquí vai unha proposta: Por que non organizar visitas guiadas a vilas históricas tan importantes como Muros e Noia? Escasamente a unha hora dende Cee, o autobús situaría a grupos de turístas que poderían disfrutar dun tempo de lecer, sempre para lembrar, en calqueira destas dúas vilas medievais da nosa costa. Muros co seu encanto de soportais e rúas estreitas e forte atractivo gastronómico. E Noia, co seu núcleo urbano declarado conxunto histórico polos seus edificios de estilo barroco e dun gótico enxebre. Por que esta teima de meter a todos os turistas en autobuses e levalos sempre en peregrinación a Santiago. É que toda Galicia remata só na praza do Obradoiro? E por que non chegar en 20 minutos de autobus á vila de Fisterra coa súa lenda de fin do mundo, co seu emblemático Faro e o seu Museo da Pesca? Seguro que moitos pasaxeiros apuntaríanse a esta curta viaxe. Os nosos veciños portugueses mostran, orgullosos, os seus museos da pesca en cada unha das súas vilas mariñeiras. Por que nós non? Trátase, en definitiva, de facer unha boa xestión turística en coordinación coas navieiras e poñer en valor aquelo que temos cerca. Non fai falla saír sempre correndo. E se queremos peregrinación, por que non dirixir os autobuses tamén de cara a Camelle? Nun desplazamento duns 40 minutos en autobús, os viaxeiros chegarían a un mundo diferente. Poderían disfrutar dunha experiencia única. Coñecer o mundo de Man. Un home como non houbo outro en todo o Hemisferio Norte. Un home que viviu durante 40 anos en absoluta fusión coa natureza. Man, un intelectual, un pensador cunha obra escrita aínda pendente de analizar e cunha obra artística, hoxe ben ordenada e catalogada, na Casa da Cultura que leva o seu nome. E falo de peregrinación ao verdadeiro Museo de Man, no espigón de Camelle. Ese lugar que nun día foi un xardín de encantamento, un lugar de creación artística e espiritual e hoxe, cada día un pouco máis no seu abandono, vaise mergullando no mar. Un lugar de reflexión e recoñemento tan importante ao meu ver, como o Camiño de Santiago e a súa catedral que, a fin de contas foi obra de moitos homes. A restauración do Museo de Man debera ser un obxectivo da Xunta de Galicia ou do Estado Español e ser declarado Patrimonio da Humanidade, polos valores que a súa figura histórica transmite. Non temos por que dar por suposto que todos os turistas que veñen nestos cruceiros só pensan en comer, gastar e estar todo o día bailando. É posible que unha parte deles saiban apreciar tamén unha experiencia diferente dentro da súa viaxe polos mares.  

Novas relacionadas

 

Outros artigos de Xosé Manuel Barro

Novas relacionadas Fonte

comentarios