Martes. 07.05.2024
El tiempo

Os agasallos máis orixinais deste san Valentín tenos Íntegro

Os agasallos máis orixinais deste san Valentín tenos Íntegro
integro-agasallos Os usuarios e usuarias do centro ocupacional de Íntegro elaboraron un amplo abanico de agasallos para este san Valentín Con motivo do día de san Valentín, que se celebra o vindeiro martes 14 de febreiro, os usuarios e usuarias de Íntegro elaboraron unha variedade de agasallos. Para mercar algunha das últimas creacións elaborados nos diferentes obradoiros ocupacionais os interesados só teñen que achegarse ás instalacións da asociación (situadas en Nantón, Cabana de Bergantiños) ou visitar o stand instalado dende onte no centro comercial Carrefour de Coristanco e que permanecerá aberto ata hoxe en horario de 10:30 a 13:30 horas. integro-carrefour Íntregro conta cun stan no centro comercial Carrefour de Coristanco Ao longo da xornada de onte foron moitas as persoas que se achegaron ata o punto de venda coa intención de ver e mercar algunhas das propostas máis innovadoras e solidarias para o día dos Namorad@s. Un dos produtos que causou maior sorpresa e admiración entre o público foi a colección de xabóns de glicerina, 100% vexetal, deseñados artesanalmente con motivos exclusivos para sorprender nunha data tan especial. Os Bicos de Amora prometen converterse no regalo perfecto para un Cupido ao alcance de todos os petos, xa que por tan só 2,50 € podese elixir entre unha ampla variedade de formas, cores e olores que hai dispoñibles. Na tenda de Íntegro tamén hai sitio para os doces, dende os tradicionais bombóns de corazóns ata unhas divertidas piruletas de chocolate en forma de beizos. Tarxetas de felicitación, chaveiros, pulseiras e as clásicas flores de papel completan o abanico de posibles agasallos. Ademais, este ano todos os produtos teñen un valor engadido porque van acompañados de mensaxes positivas e evocadoras, capaces de namorar a quen os reciba.  Tamén se poden facer reservas no 981 734 985. Novas relacionadas

Fonte

Comentarios