Sábado. 11.05.2024
El tiempo

Os bastonciños e outros plásticos miúdos, os grandes inimigos dos areais

Os bastonciños e outros plásticos miúdos, os grandes inimigos dos areais
Bastoncinos recollidos por Mar de Fabula na Praia de Caion Bastonciños recollidos por Mar de Fábula na Praia de Caión

Xa nos ten demostrado a familia de Mar de Fábula o poder destrutivo de algo que parece tan inofensivo como un bastonciño de algodón. Pero precisamente esta clase de elementos de uso cotián (compresas, tampóns, bastonciños…) que tiramos polo báter, son dunha ferocidade brutal co medio ambiente.

E así o volveron comprobar os voluntarios desta activa asociación coordinada polo bravo Xosé Manuel Barros. Recolleron na sesión de limpeza deste pasado domingo na praia de Caión, nada menos que 2.624 bastonciños de algodón, o número máis alto que teñen recollido nunha limpeza deste perigoso contaminante plástico e biolóxico, testigo dunha contaminación que ten a súa orixe nos W.C.

Voluntarios limpando a praia de Caion con Mar de Fabula Voluntarios limpando a praia de Caion con Mar de Fabula

Os 13 adultos e 2 nenos distribuíronse ao longo das diferentes liñas de marea seguindo un protocolo de actuación previamente consensuado. Un grupo dedicouse a recoller bastonciños de algodón, outro a recoller anaquiños de plástico miudo na medida que era factible apresalos e un terceiro grupo dedicouse aos refugallos plásticos grandes.. Despois dunhas 2 horas de traballo, o resultado da colleita foi, ademais dos bastonciños, 5 bolsas medianas con plástico miudo, e 2 sacos grandes con refugallo plástico de tamaño superior a uns 10cm.

Ademáis dos plásticos e dentro da colleita, recolleron algo valioso tamén: unha información directa e contrastada sobre unha realidade cada vez máis mañifesta, a presencia masiva de lixo plástico miudo, en diámetros imposibles de manexar, e que está a envelenar o mar.

Ésta foi a nota diferente con respecto a outras limpezas anteriores. “Hoxe temos actuado sobre a fracción dos plásticos máis difícil de limpar e a máis perigosa para o medio mariño, a de menor tamaño, a máis degradada”, apunta Barros. “Aquela que está asociada aos microplásticos, aos pellets de resina que, por millóns e millóns tapizan non só esta praia se non tamén outras moitas praias do noso litoral. Fracción dos plásticos que polo seu pequeno tamaño poderán ser confundidos con alimento pola fauna mariña, entrando así na cadea alimenticia”. “As cousas non se poden xulgar dende as alturas, hai que baixar á area e facer un exame polo miudo das achegas que nos fai o océano Atlántico ao longo das sucesivas liñas de marea. Desta maneira, saberemos do que falamos e poderemos tomar debida conciencia do problema”, sinala con experiencia.

Novas relacionadas Fonte 

Comentarios