1ª Autonómica: Os derbis fan servizo


Soneira 2-0 Malpica

- Campo: Municipal de Vimianzo
A Clínica de Fisioterapia Vértebra e a Podóloga Alicia Novás, de Baio, patrocinan a 1ª Autonómica. Pincha e coñéceas en www.vertebrabaio.com
- Soneira: Anxo; Figueroa, Brais Mouzo, Aarón, Maikel, Sandelo, (Nazo m.78), De la Sierra, Richi, (Darío m.72), Basti, (Óscar de Maema m.58), Javi, (Alberto, 90) e Alberto Vía
- Malpica: Asier; Dímaga, (Víctor m.51), Carlos Mallo, Kike, Óscar Moscoso, Casais, Eme, (Vitalie m.88), Sergio, (M. Uruguai m.62), Petís, Martín Mara e Charro
- Árbitro: Morlán García (A Coruña). Expulsou a De la Sierra, do Soneira (m.51).
- Goles: 1-0 m.33 Basti; 2-0 m.88 Aarón
A paciencia dun líder
Non foi o derbi entre Soneira e Malpica precisamente o mellor encontro da xornada na zona. Pero tampouco resultou a barbarie que podían temer moitos seareiros bergantiñáns, doídos polos últimos resultados do seu equipo. O líder exerceu como tal, e o seu tocado rival non tivo reparos en asumir o rol de víctima, cunha resistencia ordeada e poucas concesións á improvisación. Un remate ao longueiro de Richi e outro bo disparo de Basti foron os únicos achegamentos do maior arsenal ofensivo da liga. Sería precisamente Basti o que derribaría por primeira vez o muro malpicán, tras ser máis listo que a zaga e aproveitar un balón solto para prantarse ante Asier e resolver. Moi intenso e aguerrido, o equipo de Chema non se descompuxo, pero tampouco foi quen de crear nin unha soa situación de perigo. Unha combinación maxistral entre Brais Mouzo e Alberto Vía acabaría por darlle o segundo tanto ao Soneira, con Aarón rematando a pracer.
Corme 2-0 Baio
- Campo: O Cairo
- Corme: Susiño, Brais Torrado, Joshua, Toniño, Alejandro, Eloy, Diego (Sergio m.44), Adrián Doldán (Aitor m.90), Jose (Miguel Torrado m.66), Lucas e Brais
- Baio: Pablo, Fachal, Mario (Yago m.73), Porto, Luis Alvite, Peke, Norber (Ramón m.88), Moreno (Brais m.60), Rubio (Luis m.66), Martin e Saleta
- Árbitro: Represas Rodríguez (A Coruña). Amonestou a Alejandro e Lucas do Corme; Luis Alvite, Diego, Norberto, Mario do Baio
- Goles: 1-0 m.72 Sergio Sueiro de falta; 2-0 m.95 Toniño
Exercicio de forza colectiva
Un Corme moi enganchado, e que superou o forte vento do Cairo, sacou unha victoria fundamental no derbi co Sofán. Uns 250 seareiros foron testemuña da mellor versión dos bergantiñáms, moito máis seguros que de costume no área propia, e rápidos e menos arriscados na rival. O Baio tivo problemas de profundidade e non a clarividencia de anteriores derbis. Xa na recta final, Sergio, cun bo remate, e o Maradona de Anllóns Toniño, co seu rival volcado, decidiron para os locais.
Aquí, da man de Santi Soneira, vemos os goles cormeláns.Sofán 3-0 Unión

- Campo: O Carral
- Sofán: David, Sito, Adrian García, Rubén, Felix, Felipe, Ivan Rey (Insua m.85), Brais, Luis (Ceide m.87), Javi Doldán (Martín m.59) e Raul (Franchu m.88).
- Unión: Eloy Fungueiriño, Santi, Pablo Mariño (Kevin m.84), Dani Conde, Andres, Victor Lorenzo (Angel m.73), Walter, Pequi, Saviola (Óscar m.84), Manoliño e Chicho (Alex Conde m.67)
- Árbitro: Recarey Añón (A Coruña). Amonestou a Javi Doldán do Sofán e Pablo Mariño do Unión de Asados
- Goles: 1-0 m.14 Luis; 2-0 m.68 Raúl; 3-0 m.82 Martín
Repaso e favorciño ao Soneira
Tarde máis prácida do previsto no Carral, onde un Unión habituado aos espacios de berlina tivo que facerse a moverse nun 'smart' ('niquelado', iso si). Foron moi superiores os carballeses, que atoparon o subidón de confianza moi cedo, xusto ao cuarto de hora, cando Luis abría o marcador cun fenomenal disparo lonxano. A resistencia ordeada, a comunión coa grada, e as contras mortais foron o credo dun Sofán que fixo como ninguén do aguantar e agardar o seu momento. E este chegaría no ecuador do segundo acto, cando o veterán de ouro Raúl fíxolle un máster en pelexas corpo a corpo á zaga rival e resolveu ao pau curto du canterán do Boiro Eloy Fungueiriño. O punta da Coruña sería de novo chave coa asistencia a Martín para facer o terceiro e resolver.
Outes 0-3 Piloño
- Campo: O Conchido
- Outes: Rama, Pose, Maroñas, Samu (Veleiro m.77), Dani, David Sampedro (Jura m.57), Pablo (Elías m.57), Martín, Piki, Mario e Iago
- Piloño: Adrián, Manuel, Dani, Diego Vilariño, Santi, Otero, Jairo (Alberto m.85), Mosquera (Álex m.68), Marcos, Imanol e Pablo
- Árbitro: Riego Rodríguez (Santiago). Amonestou a Maroñas, Samu e Elías do Outes; Jairo e Alberto do Piloño
- Goles: 0-1 m.9 Maroñas, en propia meta; 0-2 m.76 Marcos; 0-3 m.88 Pablo
Nada que dicir
Non tivo opción algunha un Outes moi inferior e que recoñeceu a superioridade do Piloño. Un madrugador gol en propia meta e a intensidade dos de Vila de Cruces desbordaron aos de Manu Roque, que ven así truncada a súa xeira vitoriosa.
Máis información
- O cadro da Copa da Costa 2016.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
- Mercado de Fichaxes: As Altas e Baixas dos equipos do Fútbol da Costa.
Fonte
- Guillermo Parga (guillermoparga@quepasanacosta.com).