Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Os mellores GinTonic da península, de Carnota

Os mellores GinTonic da península, de Carnota
Pedro Sestayo fai o 3 Mellor Gin Tonic de Espana

Carnota é potencia en materia de coctelería. E con historia ademais, e se non que llo pregunten ao mesmo Andy Warhol.

Logo volvemos atrás no tempo, pero antes temos que falar dun pindexo, dun carnotán, que vén de acadar o 3º premio no Concurso de Gin Tonic celebrado no marco do Campionato Nacional de Barmans. Aí é nada. O bo de Pedro Sestayo xa fora nomeado en abril Campión Galego de Coctelería, e precisamente ese premio lle permitíu competiro no certame nacional de Málaga, celebrado a pasada fin de semana.

Un luxo contar con coctelero desta categoría, membro da Asociación Galega de Barmen, e que ademais promove os produtos costeiros, pois a receita do 3º mellor gintonic de España leva loureiro e herbaboa carnotás.

Carnota, terra de cóctel

Pepe Tajes cocteleando

E botando a mirada atrás, o bo de Carlos Waldomar nos lembraba un home que fixo historia en materia de coctelería. Pode ser que sexa o único español que coincidiu e tratou con artistas da época do glam na Gran Mazá. Aló polos anos 70, Pepe Tajes traballaba de barman no Hotel Chelsea de Nova Iorque, e grandes como Andy Warhol, Lou Reed ou compañía beberon os seus cócteles.

Tan bos debían estar que mesmo a morte de Sid Vicius chegou con Pepe traballando no Hotel. Agora os podemos probar nun pub que rexenta en Carnota, que se cham “Cocteis Comba”, pois está situado na praciña que sempre se lle chamou "Santa Comba". Haberá que comprobar se segue facendo estar virguerías, pero por agora, fixádevos menuda destreza, a partir do minuto 4:20:


Novas relacionadas

Fonte

Comentarios