Os pioneiros trans@s mapean o Camiño dos Faros coa tecnoloxía de Google
 
           O Camiño dos Faros, ao seu paso pola praia de Laxe, mapeado coa tecnoloxía de Google
 O Camiño dos Faros, ao seu paso pola praia de Laxe, mapeado coa tecnoloxía de Google
Impresionante o traballo silencioso destes marabillosos trasn@s que están a facer moito máis pola Costa da Morte que ducias de entidades públicas ao longo de anos e anos. A Asociación O Camiño dos Faros vén de asinar un convenio co xigante tecnolóxico Google, a través do cal Google cedeulle a tecnoloxía para mapear o sendeiro de 200 quilómetros que une Malpica e Fisterra polo litoral.
Logo de mapear todas as estradas do mundo co coche, Google creo o programa Google Trekker, que incorpora esa cámara nunha mochila de 20 quilos para poder sacar imaxes en todos os sitios interesantes a onde non chegan os seus coches.
 Un bravo trasno coa mochila da cámara de Google polo Camiño dos Faros
 Un bravo trasno coa mochila da cámara de Google polo Camiño dos Faros
Mochila o lombo, durante os soleados días de outubro, varios transos percorreron o Camiño dos Faros, gravando paso a paso. Agora o material está en mans de Google, que probablemente abra online a partir de marzo deste 2016 a opción de facer o Camiño dende a túa casa a un click disfrutando todas as paisaxes a 360º, como se fai ca ferramenta Google Street View.
Pioneiros
E falamos dalgo importante, pois está sendo un dos primeiros proxectos en España, e o primeiro en Galicia.
Ademais de como material de promoción único, ter trekkeado todo o percorrido vai a permitir analizar medioambientalmente cada punto e a súa evolución no tempo.
 A cámara 360 de Google Treck na Costa da Morte
 A cámara 360 de Google Treck na Costa da Morte
Novas sobre o Camiño dos Faros
- O Camiño dos Faros volve á TVE con Edu Soto.
- Os alcaldes únense á loita pola homologación do Camiño dos Faros como Sendeiro GR.
- Os trasnos invaden a TVE de Faro en Faro.
- Turgalicia escolle o Camiño dos Faros para o anuncio de outono.
- A TVE xa é trasna.
- Os trasn@s cabalgan sós.
- O Camiño dos Faros afía o seu proxecto como ruta de Gran Recorrido.
- O Camiño dos Faros como ruta de integración para a diversidade funcional.
- Un milleiro de trasn@s toman de novo o Camiño dos Faros
- O Camiño dos Faros volve máis forte que nunca ca 5ª edición.
- O Ultratrail Camiño dos Faros xa ten data para 2015.
- Medran os adheridos para que o Camiño dos Faros sexa unha Ruta de Gran Percorrido.
- A Costa da Morte aposta unida por un Camiño dos Faros Ruta de Gran Percorrido.
- Por un futuro cheo de vida no Camiño dos Faros.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
 
       
       
             
             
         
           
          