venres. 02.05.2025
El tiempo

Os Usuarios de Adisbismur disfrutan aprendendo a xogar ao tenis

Os Usuarios de Adisbismur disfrutan aprendendo a xogar ao tenis
Tenis en Adisbusmur

Que ben o pasan ca raqueta. Tralo éxito de participación do ano pasado, a entidade muradá Adisbismur decidiu repetir as clases de tenis adaptado ás capacidades das persoas. Deste xeito, todos os mércores, un grupo formado por 23 persoas usuarias do centro de recursos de Valadares da asociación de persoas con discapacidade Adisbismur da comarca de Muros, acoden a clases de tenis inclusivo, unha actividade que cada persoa practica segundo as súas capacidades.

As clases, que se imparten no pavillón deportivo da Serra de Outes, están subvencionadas pola Federación Galega de Tenis, quen tomou o primeiro contacto coa entidade o ano pasado durante a presentación da escolta de tenis inclusivo. A aceptación deste deporte por parte das persoas usuarias de Adisbismur foi tan exitosa, que decidiron repetir a actividade durante este ano, e incluso incrementaron un mes máis as clases, finalizando estas no mes de xaneiro.

O tenis inclusivo é unha actividade que permite participar tanto ás persoas con mobilidade reducida como ás que non a teñen. Como calquera deporte, as persoas que o practican saen beneficiadas polas súas connotacións saudables, ademais de supoñerlles beneficios á hora de relacionarse, de crear sentimento de grupo e, en definitiva, de inclusión.

Equipo completo de tenis da familia Adisbismur

Fonte

  • Cogami.

Comentarios