luns. 09.02.2026
El tiempo

3ª FUTGAL: O Oza aproveita o pinchazo do Coristanco e o Laxe alcanza ao Cerqueda

SD Laxe na sua sexta vitoria ante o Cerqueda
SD Laxe na sua sexta vitoria ante o Cerqueda
3ª FUTGAL: O Oza aproveita o pinchazo do Coristanco e o Laxe alcanza ao Cerqueda

8 vitorias seguidas do Oza e 6, ademais da da Copa ante o Baio, o Laxe. Os dous equipos son protagonistas da nova xornada. Os carballeses aproveitaron o tropezo do Coristanco na Rocheira ante o Volantes, e poñen 4 puntos de vantaxe (cun partido máis). E pola súa banda, o Laxe confirma a súa remontada e iguala co Cerqueda na 6ª praza, a de promoción.
Unha loita pola

Tamé foi protagonista o Pereiriña, endosando unha goleada histórica ao laureado veciño, o Cee.

Agora hai parón pola Copa que se disputa o martes de Entroido, só con Volantes (que recibe ao Porteño) e Laxe (que recibe ao Zas) en liza.

Inter - Baíñas (0-3)

  • Inter: Ema, Diego, Christian, Barreiro, José Ángel, Juan Lagoa, Ricardo, Mamdou, Rubén, Alex Castro, Jose. Tamén: Costa, Leo, Javichu.
CD Bainas
11 do CD Baíñas en Cee
  • Baíñas: David, Samu, Darío, Estiven, Manu, Leo, Esteban, Fandi, Carlos e Ruli. Tamén: Fabián, Ibra, Dani, Crisca e Dylan.
  • Goles: 1-1, m.12: en propia; 0-2, m.57: Ruli; 0-3, m.65: Crisca.

Partido disputado ao mediodía deste domingo no campo de San Paio de Refoxos (Cee), nun encontro de pouco fútbol e moitos erros. A primeira metade foi mala, con xogo espeso, continuas imprecisións e practicamente sen ocasións claras por parte de ningún dos dous equipos. O ritmo foi baixo e o balón apenas tivo dono. O primeiro gol chegaría tras unha acción desafortunada do Inter de Brens: un balón colgado por alto sorprendeu ao porteiro, que se atopaba adiantado, e acabou na súa propia portería, poñendo por diante ao C.D. Baíñas.

No minuto 36, o Inter de Brens quedaría con dez xogadores tras a expulsión directa de José Angel, por protestar, o que condicionou aínda máis o encontro.

Na segunda metade o partido non mellorou. Seguiu sendo un choque trabado, con erros constantes e poucas chegadas con perigo real. O Baíñas, máis práctico, ampliou a vantaxe cun gol de Ruli e sentenciou definitivamente no minuto 65, cando Crisca fixo o terceiro tanto.

Cee - Pereiriña (0-6)

  • Cee: Jorge, César, Diouck, Oreiro, Fontaíña, Carlos, Xián, Jose, Anxo, Pablo e Regueiro. Tamén: Manu, Jonathan, Marcos, Munitis e Roi.
  • Pereiriña: Maikel, Cartamil, Oca, Javi Calo, Bicho, Brais Lagoa, Gabri, Tito, Maelo, Oli e Víctor Agulleiro. Tamén: Abel, Martín, Pablo Trillo e Adán.
  • Goles: 0-1, m.32: Víctor Agulleiro; 0-2, m.41: Brais Lagoa; 0-3, m.60: Tito; 0-4, m.68: Oli; 0-5, m.82: Martín; 0-6, m.89: Cartamil.

Histórica vitoria do Pereiriña ante o Cee, nun partido que comezaba marcado polo vento. Comezaba soprando a favor do cadro de Rafa, que levaba o control do mesmo, pero á contra avisaban os de Julito cun man a man tempraneiro. Rompía o partido Víctor Agulleiro cunha xogada persoal e unha xenialidade acabando o corcubionés cunha picadita por riba de Jorge.
Seguía o partido soso e antes oo desconto, Lagoa mete o segundo tras unha carreira de 40 metros sen que ninguén puidese paralo.

Apretou o Cee ao comezo da segunda, obrigando ao Pereiriña a meterse atrás, e tivo boas ocasións para recurtar, pero ao cuarto de hora unha contra de Tito facía demasiada longa a distancia. Oli, Martín e o eterno Manuel Cartamil sentenciaban unha goleada impensable hai non tanto.

Xogadores do At Pereirina trala historica vitoria ante o Cee
Xogadores do Pereiriña trala historica vitoria ante o Cee

Muxía B - Buño (2-3)

  • Muxía B: Joel, Damián Soneira, Prieto, Kevin Carballo, Iván, Miguel Papín, Furelos, Ziro, Adrián Baamil e Eloy Sambad. Tamén: Aitor, Martín, Isma e Damián Trillo.
  • Buño: Cristian, Hugo Álvarez, Alexis, Izan, Adrián Pose, Cristian, Jorge Calvete, Leilo, Dani Vázquez, Andrés e Fraghiña. Tamén: Lamas, Roberto Carlos, Sergio Aguiar, Sergio, Javi Facal.
  • Goles: 0-1, m.50: Andrés de penalti; 0-2, m.58: Leilo; 1-2, m.79: Martín; 2-2, m.81: Eloy Boullosa de penalti; 2-3, m.87: Andrés de penalti.

3 penaltis (dubidosos) e 4 goles nos últimos 10 minutos marcaro un encontro raro en Arliña. Saía o Buño demasiado relaxado, pero o filian muxián que intentaba saír co balón xogado, e tendo algunha boa ocasión cun man a man que Cristian lle saca ao dianteiro local. Tamén tivo Joel que aparecer para salvar unha ocasión dos oleiros.

Na segunda, baixo o vento e a auga, os de Dani Calvete se colocaron con 0-2. Cando parecía que o partido ía morrer así, os de Congui viñéronse arrriba e empataron o partido con dous tantos consecutivos, o segundo de penalti. Xa a piques de chegar ao pitido final, un novo penalti, pero na outra área, decidiou o choque en favor do equipo branquiazul.

SDCD Buno celebrando a vitoria
O SCD Buño celebrando a vitoria en Arliña

Nantón - Camelle (4-4)

  • Nantón: Vidal, Kevin, Juan, Adri Abelenda, Fran, David Fariña, Xoel, Carlos Vidal, Jorge, Alex López, Xoel, Iago Torres. Tamén: Álvaro, Dany Añón, Carlos Amado, Aarón, Dani Castro.
  • Camelle: Ángel, Chans, Maikel, Hucho (Ruso), Raiku; Mario (Lucas D.), Fabián (Marcotiño), Josiño, Miguel (Tereso), Lucas P. e Dido.
  • Goles: 1-0, m.12: Iago Torres: 1-1, m.13: Dido; 2-1, m.17: Iago Torres; 3-1, m.58: Tereso; 3-2, m.60: Carlos Amado; 3-3, m.70: Lucas P; 4-3, m.75: Iago Torres; 4-4, m.91: Marcotiño.
Nanton e Camelle nas Fontinas contra o cancro
Nantón e Camelle nas Fontiñas unidos contra o cancro

Partido de ida e volta nas Fontiñas, cun campo que aínda aguantou para o que leva caído nestes tempos. Comezaron ben os locais, cunha primeira metade, estando mellor na segunda cos visitantes, en función do que soplou o vento. Os camelláns saíron coa defensa adiantaba e os cabaneses entraban ben entre liñas facendo dano. Ata a cociña se metía Iago Torres para abrir o partido, pero na seguinte xogada, nunha falta rápida, igualaba o choque. Sucedíanse as ocasións nas dúas áreas, e pronto Iago facía o segundo para os de Adrián Varela tras rematar un pase da morte. Os de Sergio deron un paso atrás na súa liña defensiva e aguantaron ata o descanso sen sufrir tanto.

Na segunda, si que, co vento a favor, se estiraron os visitantes, e comezaron a facer dano, pero era David Fariña o que ampliaba a renda. Sen baixar os brazos, de contado Carlos recurtaba e Lucas empataba cunha fermosa falta. O partido estaba tolo, e Iago Torres completaba o seu triplete cun golazo dende fóra da área. Pero un novo erro dos locais, neste caso, unha indecisión entre a defensa e o porteiro nin balón longo, permitía aos cammelláns facer o defintivo 4-4. Aínda houbo algunha ocasión no desconto pero o marcador non se movería.

Lira - Oza (0-2)

11 xuvenil do CF Lira en Lombans

  • Lira: Raúl, Alexandre, Miguel Xavi Rama, Carlos, Xurxo, Alberto Figueira, Iago, Miguel, Cibrán, Alexander. Tamén: Christian, Martiño, Hugo, Javi Freire e Manu Buján.

SD Oza en Lombans

  • Oza: Samuel; Brais Bolón, Carro, Alex Vázquez, Miguel, David, Fernando, Iago Lavandeira, Hugo Fraga, Saad, Salah. Tamén: Nacho, Iker, Bernja, Jorge, Gueyé.
  • Goles: 0-1, m.56: Nacho; 0-2, m.77: Nacho.
Capis do Lira e o Oza co arbitro Ivan Guerra
Raúl e Alex Vázquez co árbitro Iván Guerra

Con 5 xuvenís no 11, 3 deles de primeiro ano, saltaba o Lira ao campo de Lombáns para enfrontarse ao líder. Ben armados atrás, esperaban as combinacións do cadro de Míchel, que combinaba e combinaba cun control inerte e pouco fluído. Á contra tivo unha boa o Lira ao cuarto de hora, cun gol anulado a Alexander cando despois de superar o porteiro cunha vaselina, remata chocando co defensa e o árbitro pítalle falta. Tamén o Oza apretaba cunha boa bolea dende a frontal que obrigaba a lucirse a Raúl, un dos poucos veteranos do cadro liracho.

A cousa sería igual no comezo da segunda ata a saída de Nacho. A alma do cadro carballés comezaba xerando moitas ocasións por banda, marcaba o primeiro de cabeza nun córner e pouco despois desviaba un tiro de Iago Lavandeira para facer o segundo.

Coristanco - Volantes (1-1)

SD Coristanco na Rocheira coa AECC

  • Coristanco: Dani Villajos, Gabri, Jonathan Fraga, Borja, Dani Casti, Kevin, Andy, Dani Vázquez, Matteo, Iván Pastoriza e Pablo Pose. Tamén: Pablo Sabucedo, Lou, Jairo e Jose Antonio.

Plantel do Volantes de Bano na Rocheira

  • Volantes: Xandre, Miguel León, Marcos, Fontenlos, Alexis, Jordy, Hugo, Maceiras, Senández, Aarón, Raúl París. Tamén: Tajes, Edu, Saúl, Javi e Marco.
  • Goles: 1-0, m.21: Pablo Pose; 1-1, m.29: Jordy.
Xandre e Alex Vazquez co arbitro David Vazquez Lema na Rocheira
Xandre e Dani Vazquez co árbitro David Vazquez Lema na Rocheira

Partido igualado o vivido na Rocheira, cun Volantes capaz do mellor e do peor, que deu a cara ante un dos de arriba. E iso que os de Adrián Lema xogaron ben a primeira media hora, con bos movementos, algunha chegada e o gol do de sempre, Pablo Pose á saída dun córner. Pero reaccionaron os de Ramiro e Ubaldo e pronto igualaron o choque por mediode Jordy e acabaron dominando a primeira metade, tendo dous bos mans a mans que non decidiron ben no último pase.

A segunda foi máis bronca, co Volantes impedindo ao cadro verde desplegar o seu xogo, e apenas houbo ocasións a balón parado.

 

Cerqueda - Laxe (1-2)

  • Cerqueda: Héctor, Marcos Pensado, Dani Reixía, Samu, Gus, Hugo Fraga, Schuster, Mario, Brais Costa, Eloy Santos e Palermio. Tamén: Davd, Aitor, Sergio, Iker e Iván Rey.
  • Laxe: Jacobo, Darío Mira, Pablo Barreiro, Izan, Aarón, Bieito, Brais Simal, Bieito, Djamel, Brais Simal, Santi Casás e Cundíns. Tamén: Darío Martínez, Elías, Pedro. e Martín.
  • Goles: 0-1, m.55: Brais Simal de trallazo dende fóra da área; 0-2, m.65: Brais Simal; 1-2, m.75: Iván tralo rexeite do porteiro nun penalti.

6ª vitoria consecutiva en Liga (ademais da de Copa ante o Baio) nun partido moi igualado e vital na loita pola promoción. Foi cun chpque moi parello, que comezaba con lixeiro control dos de Manu Saleta, pero houbo ocasións nas dúas áreas. Arrincou a segunda metade, e apareceu a figura do partido: Brais Simal, recén fichado do filial do Sofán, con apenas 18 anos, marcou dous golazos para poñer ao Laxe por diante.

Os de Gurita reaccionaron e recurtaron tras un penalti que parou inicialmente Jacobo, e acabaron apretando moito tendo varias ocasións e finalizando con boas sensacións a pesar de levar catro derrotas seguidas. Tivo unha Cundíns á contra que puido ter igualado o golaveraxe individual co cadro cerquedán.

Todas as crónicas da 3ª FUTGAL

Máis información

Comentarios