luns. 16.02.2026
El tiempo

1ª FUTGAL: O Muxía ponse colíder e Castriz e Camariñas alonxan o descenso

Muxia-Esteirana Fran Moreira-Foto-Marina Busto
Imaxe do Muxía-Esteirana-Fotos de Marina Busto
1ª FUTGAL: O Muxía ponse colíder e Castriz e Camariñas alonxan o descenso

Incrible o que está a facer o Muxía de Pataca. Coa vitoria o sábado ante a Esteirana en Arliña (a 6ª seguida, sumando 11 vitorias dos ultimos 13 partidos), os corviños colócanse colíderes con 42 puntos, empatados co Calo.

No outro derbi da xornada, o Camariñas venceu en Ara Solis.

Vitoria tremenda do Castriz en Brión que lle permite alonxar a un rival directo por evitar o descenso. Con ambas vitorias, Camariñas e Castriz deixan o descenso directo a 6 e 5 puntos.

Máis complicado o teñen Esteirana e Fisterra, que se enfrontan na Salina a semana que vén no que se perfila como unha finalísima.

Muxía - Esteirana (4-1)

Muxia-Esteirana-Foto-Marina Busto 4

  • Muxía: Iván Bouzón, Mateo, Michael, Alex Martínez, Carlos Costa, Brais, Mauro, Manu Martínez, Víctor Alcaina, Manu Nogueira e Fran Moreira. Tamén: Joel, Julián, Adrián Alcaina, Javi Vilela, Fabián, Carlos e Antonio Pose.
  • Esteirana: Guille, Kevin Rial, Luaces, Damián, Aitor, Adrián Louro, Foghete, Pachi, Antón, Oli e Pablo Val. Tamén Raúl, Pablo Rama, Toni, Samu León e Anxo.
  • Goles: 1-0, m.18: Fran Moreira; 1-1, m.19: Pablo Val; 2-1, m.47: Manu Martínez; 3-1, m.57: Fran Moreira; 4-1, m.74: Fran Moreira.
Fran Moreira e Oli noMuxia-Esteirana-Foto-Marina Busto
Fran Moreira e Oli -Foto-Marina Busto

Fermosa tarde sabatina en Arliña na tregua que deron os temporais. E comezaba o derbi co Muxía mandón, gañando as disputas pero con moi pouco ritmo de balón. Así e todo facía moito dano por fóra, e nunha desas Manu Nogueira filtra un bo balón, centro e gol de Fran Moreira. Pero reaccionou a Esteirana, e no saque de centro, un balón directo do Esteirana permitía ao xuvenil Pabliño a facer o empate.

O primeiro tempo eran mellores os locais pero os esteiráns aguantaron para ir co empate ao descanso.

Con todo, nada máis saír na segunda, cos visitantes con 4 cambios, os muxiñans saíron con todo, e oi pronto meteron o segundo. Seguiron percutindo e pronto chegou o terceiro e o partido rematou aí.

Carlos Costa e Toni no Muxia-Esteirana-Foto-Marina Busto
Carlos Costa e Toni no Muxia-Esteirana-Foto-Marina Busto
Muxia-Esteirana-Foto-Marina Busto
Manu Martínez con Kevin Rial en Arliña-Foto-Marina Busto

Bastavales - Castriz (1-2)

Plantel do SD Castriz en Brion

  • Castriz: Coke, Fabián García, Fabio Barbeira, Brais, Marcos Mouro, Alemán, Alberto Mata, Fabio Blanco, Josiño, Carlos Rieiro e Juanjo. Tamén: Iker, Oscar Feal, Luisito, Rodo.
  • Goles: 0-1, m.25: Fabián García; 1-1, m.40: Chenel; 1-2, m.86: Marcos Mouro.

Respondeu o Castriz a este partido vital, que chegaban ademais con varias baixas de última hora e as pernas moi cargadas despois de eliminar o venres ao Xallas nos Oitavos da Copa da Costa. Pero o equipo saíu ben, contemporizando, salvando ben os primeiros balóns directos dos locais e buscando algunha saída como a que Fabián endosou dende fóra da área no ecuador para abrir o marcador. Sufríu o golpe o Bastavales e aí, con Charli (Carlos Rieiro) e Fabián entrando ben por bandas e permitindo que Josiño e Juanjo rozasen o gol. Pero antes do descanso, un centro chut dende moi lonxe do eterno Chenel sorprendía a todos, incluídos a Coke.

Tralo descanso, os xalleiros deron un punto máis, e apretaron moito indo polo partido, con balóns colgados, e facendo dano a balón parado. A pesar do cansanzo, o equipo empurraba máis que o rival, e creou ocasións claras: Marcos mandou ao longueiro, unha chilena de Brais que respondeu o porteiro, e un tiro de Josiño ao pau. E no final, noutra falta lateral, unha xogada que centra Brais e Marcos consegue o gol da vitoria.

Aínda apretou nos últimos 5 minutos o cadro local, e tocou remar, co debut de Luisito (Jose Luís Castro), que xa estivo no Castriz e voltou a botar unha man, e trala expulsión de Juanjo demasiado rigorosa.

Fisterra - Camariñas (0-2)

  • Fisterra: Joselu, Isma, Colombia, Dani, Rui, Maikel Mouzo, Rubén, Martín, Quintela, Guille e Isaac Fábregas. Tamén: Guille, Lois, Juan, Adrian Makaay, Beltrán, Ángel e Pablo Velay.
  • Camarilas: Jorge, Joseba, Víctor, Borja, Pablo, Moriño, Javi, Oli, Adam, Mario e Djibril. Tamén: Pablo, Asier, Saúl e Brais Tajes.
  • Goles: 0-1, m.42: Djibril; 0-2, m.90: Djibril.
Camarinas con Faus e Fisterra en Ara Solis
O Camariñas, coas camisetas en apoio a Faus,  e o Fisterra en Ara Solis

Partido, e vitoria, adicada a Faus. O segundo adestrador do Camariñas tivo un poblema de saúde e toda a parroquia camariñá, dende os prebenxamóns, ata os sénior, envocáronse demostrando o cariño que merece.

Foi un partido moi serio do Camariñas, e regular dun Fisterra que non soubo ler a vantaxe do vento na primeira metade. Os de Juan Cabrej controlaron moi ben a Isaac e as carreiras de Guille, e buscaron as contras rápidas tendo dúas boas chegadas de Mario moi claras, e outra na que, tras un par de paredes estupendas de Mario e Víctor, o centro deste foi cazado en volea por Djibril para abir o marcador, pouco antes do descanso.

Na segunda o partido volveuse máis trabado, co Camariñas aproveitando o vento para non permitir ao Fisterra traspasar a liña do medio campo. Tivo Isaac tivo un remate de cabeza nun córner, pero foi de novo Djibril o que marcou tras un tiro que tocaba nun defensa e despistaba a Joselu. Aínda tivo un remate de cabeza Rui que saía por pouco fóra, pero os camariñáns alonxan o descenso deixando aos fisterráns no pozo.

Todas crónicas da 1ª FUTGAL

Máis info

Comentarios