mércores. 30.04.2025
El tiempo

Preferente: Outra xornada no pozo

Preferente: Outra xornada no pozo
Camilo no Viveiro-Xallas-Foto-Viveiro Camilo no Viveiro-Xallas-Foto-Viveiro Senra Sport patrocina a Preferente. Coñécenos en Facebook Senra Sport patrocina a Preferente. Coñécenos en Facebook

Non parecen dar sinais de vida os Xallas e Dumbría, que volven durmir unha semana máis en postos de descenso tralas súas derrotas noutra xornada sen marcar. Derrotas contra equipos de abaixo, máis grave se cabe a do Dumbría, na casa, ante unha Sarriana que era rival directísimo por evitar o descenso, e que supón ademais o 7º partido sen coñecer a vitoria do equipo de Canosa.

 

Dumbría 0-1 Sarriana

  • Dumbría: Iván, Alcaina, Raúl, Jose, Pablo Conde (Denis, m.74), Aarón, Jano (Canario, m.85), Rivi (Mauro, m.55), Charly (Javi, m.46), Jesús (Martín, m.46) e Diego Cespón.
  • Gol: 0-1, m.34: de cabeza.

Nada que contar

Apenas chegou a meta contraria un equipo dumbriés tremendamente novo que non acaba de atopar o seu sitio este ano. Foi un partido sen alma, sen intensidade, sen xogo, que levou a Sarriana, rival directo ademais na loita polo descenso, que se marcha agora con 7 puntos de vantaxe, deixando ao cadro dumbriés a 4 da salvación.

 

Viveiro 2-0 Xallas

Jesus no Viveiro-Xallas-Foto-Viveiro Jesus no Viveiro-Xallas-Foto-Viveiro Viveiro-Xallas-Foto-Viveiro Viveiro-Xallas-Foto-Viveiro
  • Xallas: Fabio, Hugo, Oscarín, Víctor Vecino, Barreiro (Rachón, m.75), Canedo, Doro (Camilo, m.65) (Pablo Novo, m.71), Jesús, Marcos, Kevin e Anxo.
  • Goles: 1-0, m.37: Felipe Varela dende a frontal tras un rexeite da defensa; 2-0, m.76: Javi Rey nunha contra.

O efecto Donato?

Disque xa pasou o "efecto Donato" en Cantalarrana, e que agora queda o público de cada domingo. Pero o equipo da mariña parece coller unha liña ascendente que non ten o cadro xalleiro.

Saíu ben prantado o Xallas na primeira parte e mesmo puido adiantarse ao cuarto de hora cunha falta de Óscar que salva un defensa baixo paus. Tras moitos minutos de igualdade, era o cadro local o que se adiantaba nun balón mal despexado pola defensa, que lle cae a un xogador local no borde da área dende onde marca. Tivo o empate Barreiro tras un saque de falta de Jesús antes do descanso, pero o marcador non se movería.

Abriuse o equipo de Iván Cancela na segunda, e chegaba con máis profundidade polas bandas pero con malos centros. Á contra facía dano o Viveiro, que puido ter sentenciado no ecuador, pero o balón saía por encima de Fabio, pero que na seguinte facía o definitivo 2-0.

 

Crónicas da semana

Crónicas da Preferente Norte

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios